"RAF" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 981.

  • Relativo ou pertencente á fotomicrografía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estudio das pegadas das plantas dos pés, moi útil para a diagnose e a avaliación do pé plano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Procedemento de transmisión a distancia, mediante cable ou por radio, de imaxes fixas, tales como fotografías, debuxos ou textos. Os primeiros experimentos foron realizados por Davy e, posteriormente, por Wheatstone, Bain e Bakewell, este último conseguiu en 1847 obter o primeiro aparello capaz de transmitir imaxes (debuxos ou manuscritos) a distancia. En 1885 Caselli ideou un sistema que se experimentou despois entre París e Amiens. Era demasiado rudimentario e non evolucionou; os sistemas modernos baséanse no primitivo aparello de Bakewell, posteriormente modificado por Belin, que elaborou o belinógrafo, aparato no que se basea o facsímile e a telecopia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á fototelegrafía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aparato empregado para a fototelegrafía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Procedemento que se usa para obter clixés fotográficos mediante fotografías.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor. De formación autodidacta, a súa pintura evolucionou dende formas próximas á abstracción ata as propostas da arte pop. O grafismo das súas obras relaciónase co cómic. Emprega as superficies planas con tons azuis, amarelos e carmíns perfilados pola liña negra. Participou en numerosas exposicións e a súa obra está en coleccións privadas e públicas de España e Portugal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Reacción de alquilación ou acilación dun composto aromático por un haloxenuro de alquilo ou de acilo que ten lugar nun solvente aprótico por acción do cloruro de aluminio anhidro. A etapa inicial da reacción é a formación dun complexo iónico do haloxenuro e do AlCl3; o C unido ao halóxeno vólvese entón positivo e dá lugar á substitución electrofílica. A alquilación é reversible e dá xeralmente produtos polisubstituídos. Como o AlCl3 se rexenera, pódese utilizar en cantidades catalíticas. Na acilación, por contra, o AlCl3 complexa a cetona que se forma e tense que utilizar en cantidades equimolares. Esta reacción ten moita relación coas de Gattermann-Koch e de Fries e é moi versátil.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Planta herbácea da familia das labiadas, que se caracteriza por presentar a semente nunha especie de fol con pinchos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. fervellasverzas.

    2. Mamífero insectívoro da familia dos sorícidos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Utensilio de ferro que se usa para perforar o ferro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mineraloxista. As súas investigacións centráronse na xeometría, na petrografía, na mineraloxía e, especialmente, na cristalografía. Nesta última utilizou métodos novos para estudar a estrutura dos cristais, a clasificación dos grupos de simetría espacial e a análise química dos cristais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Figura feminina en actitude de dar o peito. Aplícase ás representacións da Virxe María.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • SEMANARIOS

    Semanario editado en La Habana a partir de 1913. Cesou a súa edición probablemente coa chegada do nº 15. Dirixido por Ramiro García, o seu obxectivo era criticar todo aquilo relacionado coa comunidade galega de Cuba, especialmente na sección “Historia cómica de Galicia”. Incluíu ademais poesías en galego e castelán e numerosas fotografías de paisaxes, persoeiros e monumentos de Galicia. Tivo unha tiraxe de 5.000 exemplares.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista ilustrada editada en La Habana a partir de 1923. Dirixiuna Miguel Fernández Seijo. Publicáronse cando menos dous números.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista semanal editada na Coruña ao redor do ano 1929. Dirixida por F. Montero de Doíztua, foi a continuadora doutra publicación cos mesmos contidos e estrutura titulada Galicia. Ademais de novas de actualidade, incluíu estampas coruñesas, referencias a costumes galegos e artigos dedicados a diversos artistas. Todos os artigos ían acompañados de abundantes gravados e fotografías.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Galvanómetro provisto dun dispositivo rexistrador.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Método de exploración clínica, fundamentado na administración endovenosa dunha substancia radioactiva, que se fixa dunha maneira selectiva sobre as células do órgano que se quere estudiar.

    2. Proba non destrutiva con raios γ para detectar fisuras e outros defectos internos das pezas metálicas. Os raios γ, dunha frecuencia moi alta, propáganse en liña recta a través da peza e rexístranse nunha película sensible. As imperfeccións internas provocan unha diferenza de intensidade no rexistro fotográfico.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acariñar unha persoa ou un animal a outro.

    2. Pegarse con violencia dúas persoas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que lle gusta facer ou recibir caricias.

    2. Que lle gusta entrar en pelexas.

    VER O DETALLE DO TERMO