"RDA" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 499.

    1. Impedir que algo ou alguén sufra algún dano, agresión ou prexuízo facendo que estea libre da súa influencia.

    2. Protexerse dalgún dano, agresión ou prexuízo, valéndose dos medios precisos segundo o caso.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Tropa que marcha ao final dunha columna para darlle seguranza nunha acción de guerra.

    2. Tropas máis afastadas do inimigo nun despregamento.

    3. Espazo que queda atrás nunha fronte de guerra, onde se levan a cabo as operacións de abastecemento e evacuación. É especialmente vulnerable pola aviación, os mísiles e os paracaidistas. A guerra de guerrillas baséase en accións para dominala ou convertela en zona de combate.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de retardar ou retardarse.

    2. retardo.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Que retarda.

      2. de efecto retardado

        Aplícase aos medicamentos cunha substancia activa que é asimilada lentamente polo organismo.

      3. de efecto retardado

        Espoletas ou artefactos nos que a explosión se produce despois dun intervalo máis ou menos longo e preestablecido, despois de teren sido activados ou excitados, xeralmente logo de se producir o impacto.

    1. Neutrón emitido xeralmente polos produtos de fisión nun reactor nuclear ao desintegrarse.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Que retarda.

      2. Que tende a desacelerar ou a retardar un movemento.

      3. Que introduce un retardo.

    1. Aplícase ao produto que retarda a asimilación ou a eliminación dun medicamento, prolongando a súa acción. Son exemplos a procaína, que fai menos soluble a penicilina, e a probenecida, que retarda a eliminación da penicilina.

    2. Carga de pólvora comprimida que, debido á combustión lenta, atrasa o efecto das espoletas das granadas.

    3. Dispositivo que aumenta o número de imaxes dun filme, permitindo a análise dos movimentos cando a proxección se fai a unha velocidade normal.

    4. moderador.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Facer que algo suceda máis tarde do previsto.

      2. Facer chegar máis tarde.

      3. Facer que o desenvolvemento ou o movemento de algo vaia máis lento do normal.

    1. Chegar con atraso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado no límite das parroquias de Ousá e Cotá (Friol). O seu cumio acada os 558 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (? - Andlau 894?) Emperatriz. Casou con Carlos III o Gordo e, repudiada, retirouse ao mosteiro de Andlau que ela mesma fundara, onde foi abadesa. A súa festividade celébrase o 18 de setembro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Diplomático, militar e aventureiro neerlandés, barón e duque de Ripperdá. Chegou a Madrid como embaixador das Provincias Unidas (1715) e pasou ao servizo de Filipe V (1718). En 1725 acadou todas as secretarías pero despoxárono dos cargos por conseguir acordos nefastos para España e encarcerárono en Segovia (1726), de onde fuxiu (1728). Posteriormente instalouse en Marrocos ao servizo do sultán (1731), onde a súa historia comezou a confundirse coa lenda.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade de Holanda Meridional, Países Baixos (592.673 h [2000]). Está situada a ambos os dous lados do Nieuwe Maas, ao S do Sheur, onde se abre o canal de Nieuwe Waterweg, e forma parte do organismo público e administrativo Rijnmond. É o primeiro porto mundial en tonelaxe anual de mercadorías embarcadas, e a segunda cidade dos Países Baixos, despois de Amsterdam. Case completamente destruída polos bombardeos durante os primeiros días da invasión alemá (1940), a súa restauración na posguerra, coa construción de dársenas novas, fixo de Rotterdam un porto de acceso máximo. O primitivo porto de pesca viviu durante a Guerra dos Oitenta Anos (ss XVI-XVII) a primeira grande expansión portuaria entre a cidade, o río e a desembocadura do Rotte. Pouco a pouco dirixiu as súas actividades comerciais cara a Francia e Inglaterra, e foi centro (s XVII) de inmigración de flamengos e alemáns. O desenvolvemento da rexión mineira do Ruhr fíxoa evolucionar, e converteuse nun porto de transbordo e de tránsito....

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Acción de salvagardar.

      2. Persoa ou cousa que serve para garantir a protección dos dereitos.

      3. Aquilo que serve como protección ou garantía fronte a un perigo ou ameaza.

      4. Protección que se dispensa a certos establecementos para poñelos á marxe da guerra, como hospitais, comunidades relixiosas, bibliotecas, arquivos, museos ou obras de arte.

    1. Escudo ou sinal que en tempos de guerra se poñía á entrada das poboacións ou na porta das casas para protexelas contra a violencia dos soldados.

    2. Documento ou sinal que se lle daba a alguén en tempos de guerra para que non fose detido.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Defender ou protexer a vida, os dereitos ou os bens de alguén.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cristóbal Gómez de Sandoval Rojas y de la Cerda.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio situado no litoral da illa de Mallorca, Illes Balears (6.503 h [2001]). Ten cultivos de secaño, amendoeiras e cereais, e o turismo é a principal actividade económica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Parroquia do concello de Incio, o. baixo a advocación de San xulián.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de coleópteros, da familia dos cerambícidos, que se caracterizan por presentar o corpo amarelento e con debuxos de cores diversas nos élitros, e por ser parasitos de árbores provocándolles tumores.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de peixes óseos, da familia dos escómbridos, ao que pertence o bonito.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor húngaro. Nas súas obras reflectiu as contradicións internas da sociedade húngara, como en Oszlopos Simeon (Simeón estilita, 1960). Outras obras foron   A gváva (A covarde, 1961) e Elvevszett paradicsom (O paraíso perdido, 1961).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Danza e música popular catalá que se compón de dúas partes: unha curta e outra longa. Os bailadores, collidos das mans e formando círculo, de cara ao centro e movéndose de lado, marcan os compases da música cos pés.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUNTA

    Punta do litoral atlántico, situada entre a de Bieiteiro e a desembocadura do río San Vicente, na parroquia de Meirás (Valdoviño).

    VER O DETALLE DO TERMO