salvagarda
salvagarda
(< salvagardar)
-
s
f
-
Acción de salvagardar.
-
[DER]
Persoa ou cousa que serve para garantir a protección dos dereitos.
-
Aquilo que serve como protección ou garantía fronte a un perigo ou ameaza.
-
[DER]
Protección que se dispensa a certos establecementos para poñelos á marxe da guerra, como hospitais, comunidades relixiosas, bibliotecas, arquivos, museos ou obras de arte.
-
-
s
f
[HIST]
Escudo ou sinal que en tempos de guerra se poñía á entrada das poboacións ou na porta das casas para protexelas contra a violencia dos soldados.
-
s
f
[HIST]
Documento ou sinal que se lle daba a alguén en tempos de guerra para que non fose detido.
Confrontacións: salvoconduto.