"ROM" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1150.

  • Xénero de algas verdes, da familia das ulváceas, de talo tubular formado por células que contan cun único cloroplasto con forma de copa. Presentan un ciclo diplobióntico isomórfico con gametos biflaxelados. Na costa galega está representado polas especies E. crinita, presente sobre pedras ou outras algas no mesolitoral, de talos tubulosos, moi ramalludos e estreitos con 1 mm de grosor, cubertos de pequenas proliferacións cónicas de tacto áspero que acadan os 30 cm de lonxitude; E. intestinalis, que medra en ambientes protexidos das pozas intermareais, con talo de cor verde amarelada de 35 cm de longo e 2 cm de ancho, e células de formas poligonais dispostas de xeito desordenado; E. prolifera, que forma cubertas sobre rochedos da zona intermareal, de talo verde estreito na base e ensanchado no extremo, moi ramificada e células de forma rectangular que aparecen ordenadas. A presenza de E. intestinalis vese favorecida nun medio con alta densidade de materia...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Memoria pasiva unicamente de lectura, que pode ser borrada e reprogramada polo usuario. Baséase na tecnoloxia FAMOS, isto é, MOS de porta flotante. O dispositivo presenta dúas portas superpostas, de emtal ou silicio polocristalino, unha delas en contacto co exterior e a outra flotando dentro do óxido. Cando se conecta unha tensión elevada á porta exterior e ao drenador, inxéctase unha carga que impide que se forme o canal cando se aplica unha tensión usual na porta, e fai que o MOSFET non sexa condutor, o que equivale a dicir que hai un 1 rexistrado. Se se quere borrar a información rexistrada nunha memoria EPROM, hai que aplicarlle unha radiación ultravioleta a través dunha fiestra que permite o paso da luz.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta e folclorista checo. Especializouse no folclore do seu país e recompilou cancións, contos e proverbios. Da súa produción destaca Prostonárodni české písně a řikadla (Cancións e coplas populares checas, 1864) e Stropostonárodnich pohádek a pověstí slovanských (Cen contos populares e lendas eslavas, 1865). Compuxo poesía baseada na tradición popular que, posteriormente, inspirou a escritores e músicos, como A. Dvořak e Pablo Neruda.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Afección que afecta ás extremidades, especialmente ás inferiores. Caracterízase por unha vasodilatación paroxística bilateral, con arrubiamento cutáneo, edema, aumento da temperatura e crises dolorosas. A dor aumenta co movemento e a posición baixa do membro. OBS: Tamén se denomina eritermalxia ou enfermidade de Weir-Mitchell.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Afección que se caracteriza por un arrubiamento progresivo e indoloro da pel nas superficies de extensión dos brazos e das pernas, que desemboca finalmente nunha atrofia cutánea. OBS: Tamén se denomina enfermidade de Pick.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antibiótico bacteriostático que contén, na súa molécula, un azucre aminado (desosamina), un azucre cun nitróxeno libre (cladinosa) e a aglicona chamada eritronólido. Presenta unha actividade antimicrobiana de amplo espectro, que se pode situar entre o da penicilina e o da tetraciclina. A eritromicina inhibe a síntese de proteínas en procariotas pola súa unión á subunidade grande dos ribosomas e, empregada xeralmente nas infeccións por bacterias Gram-positivas como estafilococos, enterococos ou estreptococos, adminístrase fundamentalmente por vía oral. Foi illada en 1952 do Streptomyces erythreus por S. A. Waksman e o seu equipo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fotógrafo. En 1938 abandonou Italia e, en 1941, trasladouse a Los Angeles onde traballou nun laboratorio fotográfico e comezou a realizar as súas primeiras imaxes. En Nova York coñeceu a Robert Capa e Edward Steichen, quen lle conseguiu o seu primeiro emprego como fotógrafo. Traballou para a axencia Magnum a partir de 1953 e tamén como fotógrafo independente. En 1946 publicou as súas instantáneas sobre cans e zapatos femininos na revista The New York Time Sunday Magazine. Coas imaxes que obtivo en 1957 da conmemoración da Revolución de Outubro en Moscova realizou unha serie para a revista Life. Especializado tamén nos retratos, destacan as imaxes de Richard Nixon, Gadafi e Marilyn Monroe. A súa obra está exposta no MOMA de Nova York e na Portrait National de Londres, entre outros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de odonatos, da familia dos coenagriónidos, que na fase adulta se presentan como gaiteiros. O macho ten o corpo de cor azul e negra e os ollos de cor vermella, e as femias teñen o abdome acastañado. As larvas dalgunhas especies pódense desenvolver tanto en augas estancadas como en correntes. En Galicia e no resto da Península Ibérica está presente a especie E. viridulum.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Novelas en que se describe a formación dun individuo durante a fase inicial da súa vida ao cargo dun titor ou dun mestre.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Instrumento empregado para medir a dureza que teñen os corpos segundo a profundidade do sinal que deixa sobre el un punzón sometido a unha presión determinada. Hai dous procedementos: o de penetración, no que o punzón, sometido a unha presión constante durante un certo tempo, deixa un sinal na superficie do corpo, e o de choque, no que o punzón fai a marca ao caer libremente sobre o corpo. Unha táboa é a que ofrece a relación entre o sinal e a dureza.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Facer que alguén perda as forzas ou se canse en exceso.

    2. Cansarse moito.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde á voz ‘espallar’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Instrumento usado para medir a curvatura dunha superficie esférica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Quitar os gromos ás plantas ou árbores.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Estudio dos espectros mediante un espectrómetro. Segundo como se produce o espectro, distínguense diferentes tipos de espectrometría: espectrometría de masas, espectrometría infravermella, espectrometría visible, espectrometría ultravioleta, espectrometría Raman, espectrometría de emisión atómica, espectrometría de absorción atómica, resonancia magnética nuclear, resonancia paramagnética electrónica, espectrometría de raios X e espectrometría de fluorescencia X. A espectrometría trata da medición da enerxía radiante emitida ou absorbida pola materia. Os espectros de emisión orixínanse cando un átomo excitado ou unha molécula excitada retornan ao seu estado normal. As moléculas dan lugar a emisións de bandas difusas de lonxitudes de onda, e os espectros desígnanse como espectros de bandas. Os átomos dan emisións a lonxitudes de onda definidas e producen espectros de raias, característicos de cada elemento químico. Se, despois da excitación, a especie química cede o exceso...

    2. Técnica de análise química elemental cuantitativa que se basea na medida da enerxía radiante absorbida por un elemento vaporizado nunha chama irradiada por luz estritamente monocromática da lonxitude de onda correspondente á radiación de resonancia daquel elemento. Unha condición esencial da espectrometría de absorción atómica é o rigoroso monocromatismo da radiación de excitación, que se consegue empregando como foco un tubo de cátodo baleiro. O cátodo recóbrese interiormente dunha película do elemento que se quere determinar, e a voltaxe aplicada vaporiza e excita os seus átomos, que emiten entón radiación, da que se illa a liña de resonancia mediante un monocromador. O detector ten que ser, por este motivo, moi sensible, como o tubo fotomultiplicador. A chama acostuma ser de acetileno, propano ou de hidróxeno queimante en aire. O procedemento é moi selectivo, bastante libre de interferencias e dunha gran sensibilidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Nome xenérico dos instrumentos que permiten separar unha radiación nas súas compoñentes monocromáticas, en función da lonxitude de onda ou da frecuencia, ou un feixe de partículas nas partículas individuais, en función da súa masa ou enerxía.

    2. Instrumento que evidencia e permite analizar o espectro dunha radiación electromagnética: separa as ondas monocromáticas que compoñen a radiación estudada e forma unha imaxe do espectro así determinado. Os elementos básicos dun espectrómetro son un dispersor, que descompón a radiación, e un receptor, sensible á radiación dispersada. Pódense distinguir diferentes tipos de espectrómetros: o espectrómetro de fenda, en que o dispersor é un prisma ou unha rede de difracción; o espectrómetro interferencial, en que o dispersor é un interferómetro ou unha combinación de interferómetros e redes de difracción; se o receptor é un dispositivo que permite rexistrar o espectro sobre un soporte de imaxe, como unha cámara fotográfica, electronográfica, CCD, ou de televisión, o sistema é un espectrógrafo; se o receptor é ocular, é un espectroscopio; se o intrumento só forma a imaxe dunha parte do espectro da radiación estudiada, é un monocromador; e se mide a distribución espectral da enerxía da radiación,...

    3. Aparato destinado a separar os diferentes isótopos dun elemento. Fundaméntase na acción dos campos eléctrico e magnético sobre as partículas con carga eléctrica. En todo espectrómetro existen dúas partes: un selector das velocidades das partículas e o separador das partículas de masa diferente. O primeiro espectrómetro de masas deseñouno Thomson, quen o utilizou en 1913 para separar os dous isótopos principais do neon e efectuou a primeira separación de isótopos non radioactivos da historia. Outros aparatos son o de Aston, que utiliza un campo eléctrico no selector de velocidades e un campo magnético para separar as partículas, e o de Bainbridge, en que o selector traballa cunha combinación de campos eléctrico e magnético e o separador unicamente cun campo magnético.

    4. Instrumento que separa as partículas cargadas electricamente que compoñen un feixe, grazas á aplicación dun campo magnético que desvía as súas traxectorias proporcionalmente ao seu momento lineal. Polo tanto, mide e prepara feixes de partículas co mesmo momento lineal ou enerxía cinética.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actriz. En 1947 ingresou na compañía infantil do Teatre Romea de Barcelona, e en 1950 pasou á adulta. En 1954 comezou a súa carreira profesional coa interpretación de Medea, de Eurípides. Fundou unha compañía co seu marido en 1959 e estreou Gigí, de Colette. Interpretou a partir dese ano moitas obras, entre as que destacan A boa persoa de Sezuan, de Bretch (1966), as traducións castelás de Huis clos e La putain respecteuse, de Sartre (1969), Yerma, de García Lorca (1972), Divinas Palabras, de Ramón Mª del Valle-Inclán (1976), Doña Rosita o el lenguaje de las flores, de García Lorca (1981), A tempestade, de W. Shakespeare (1982), ou Salomé, de Oscar Wilde. Compartiu, con José Luis Gómez e Ramón Tamayo, a dirección do Centro Dramático Nacional (1979-1981). En 1986 debutou como directora en Londres, coa montaxe de La casa de Bernarda Alba. Destacou a súa actividade no campo da ópera, especialmente...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dispositivo formado por dúas esferas metálicas soportadas por uns brazos que se conectan aos polos dun xerador de tensión, que se poden separar gradualmente. Emprégase moito para medir tensións de ruptura.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Peza bucal que se enrola en espiral plana, propia dos lepidópteros, que serve para libar o néctar das flores ou calquera outro zume nutritivo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Medida, coa axuda dun espirómetro, do volume de aire que se mobiliza ao respirar.

    VER O DETALLE DO TERMO