"Red" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 824.
-
PERSOEIRO
Coreógrafa, bailarina e compositora peruana. Naturalizada estadounidense, formouse con M. Cunningham e M. Graham, e creou o seu primeiro grupo, The House (1968), para explorar as técnicas vocais. Da súa produción destacan os espectáculos Education of the Girlchild (1972), Turtle Dreams (1982), a composición Songs from the Hill (1979) e a ópera Atlas (1991).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Padrenda. Construíuse durante o s XVII, no lugar onde antigamente se atopaba un mosteiro de monxes bernaldos. Consta dunha única nave, con capela maior e cuberta con bóveda de madeira, o mesmo que a sancristía. No interior, destacan os retablos, que mesturan elementos barrocos da primeira metade do s XVIII e manieristas, de comenzos do s XVII, así como a imaxe de san Pedro portando as chaves, un libro e a cruz.
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Monforte de Lemos baixo a advocación de san Salvador.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Taboada baixo a advocación de santa María.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintor. Especializouse en pintura, cerámica e gravado, e desde 1966 realizou numerosas exposicións individuais e colectivas. Ilustrou a novela de Paco de Tano, Unha xanela ao bío (2003) e da súa obra destaca Martelo bermello.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Canabal (Sober). Ten planta rectangular que evoca a unha torre. Noutro corpo máis baixo, no primeiro andar, sobre o arco de entrada, está situada a solaina que imprime certa lixeireza ao conxunto.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Taboada. Diferéncianse dous corpos, dos que destaca o da dereita, que alberga a torre. Este ten tres alturas e accédese a el mediante unha porta de arco de medio punto. A vivenda está construída en cachotaría e destaca a cheminea. Puido ter un cárcere no soto. Foi declarada Ben de Interese Cultural en 1994.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Moreda (Monforte de Lemos). Realizouse entre os ss XIII e XV, formou parte do recinto medieval da cidade, e converteuse nun símbolo do poder dos condes de Lemos nesas terras. Destaca a torre da homenaxe, que se realizou en cantaría, con planta cadrada e catro andares que lle conferiron unha altura próxima aos 30 metros. Ten unha escaleira de acceso á parte superior, con remate ameado, desde a que se divisa todo o val de Lemos. No interior acolle unha exposición de mobles restaurados que doou o doutor X. López Suárez. Foi declarada Ben de Interese Cultural en 1994.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Canabal (Sober). Datada no s XV, ten planta en L da que sobresae outro corpo que alberga a torre (s XV), de planta rectangular, que forma esquina. Está construída en cachotaría de granito e destaca o arco de entrada encadrado por dúas columnas de cachotaría e a palleira posterior ao conxunto.
-
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Pantón. Pertenceu a un antigo priorado do mosteiro de Samos ata 1835, e correspondeuse quizais co de San Xiao de Moreda, documentado xa no s X. De estilo románico, o templo data do s XII e ten unha soa nave e ábsida rectangular. Destaca o arco triunfal de medio punto apoiado sobre pilastras.
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte situado nas parroquias de Carballeda (Piñor) e Oseira (San Cristovo de Cea). O seu cumio acada os 668 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Palas de Rei baixo a advocación de san Fiz.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Historiador e hispanista. Centrou os seus estudos sobre todo no s XVIII e no Século de Ouro. Da súa produción destacan Estudios sobre España (1888-1925), España en los ss. XVI y XVII (1878), Recopilación de las instruciones dadas a los embajadores y ministros de Francia desde los tratados de Westfalia hasta la Revolución Francesa. España (1894-1899) e, con Paz y Meliá, Vida de Carlos III (1898).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Termo da verba dos arxinas ou canteiros que corresponde á voz ‘chourizo’.
-
GALICIA
Profesor e escritor. De espírito aventureiro, escribiu crónicas das súas viaxes por Francia, Bélxica, Portugal e distintos puntos de España. Publicou algúns dos seus poemas na revista Gánigo e traduciu varias obras do poeta ruso Boris L. Pasternak.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Médico. Especializouse en oftalmoloxía, principalmente no tratamento das lesións do polo posterior do ollo e o desprendemento de retina, e introduciu novas técnicas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Médico e escritor sueco. Exerceu a medicina en París e Roma. Publicou Fran Napoli (1885) e Bosquexos (1888), onde narra as súas experiencias durante a epidemia de cólera en Nápoles, e a autobiografía Boker om Sam Michele (A historia de San Michele, 1929).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta. Comezou a escribir poesía aos catorce anos. En 1828 foi introducido no círculo literario de V. Hugo, e a influencia romántica apréciase xa nos Contes d’Espagne e d’Italie (1830). En 1832 debutou no teatro con Un spectacle dans un fauteil. O seu idilio con George Sand inspiroulle La confession d’un enfant du siècle (1836), Les nuits (1837) e a Lettre a Lamartine e Souvenir (1841). Entre 1835 e 1840 publicou pezas dramáticas como Lorenzaccio (1834), algunha novela curta como Margot (1838) e unha obra de crítica, Lettres de Dupuis et Cotonet (1837). Foi membro da Académie Française (1852).
VER O DETALLE DO TERMO