"Rei" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1485.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Fenómeno polo que a rede hidrográfica dunha rexión non desemboca ao nivel da base xeral oceánica. As augas superficiais desaugan nos sectores máis deprimidos e forman lagos e pantanos de diferente extensión. Débese fundamentalmente á aridez climática (carencia de precipitacións e forte evaporación), pero pódese formar tamén polo relevo (cubetas pechadas) e pola natureza do terreo (infiltracións ou impermeabilidade). As rexións endorreicas son case sempre lugares cun índice de pluviosidade moi baixo, sen alcanzar, non obstante, as características das zonas desérticas, totalmente desprovistas dunha conca hidrográfica. Entre as principais áreas endorreicas destacan as da cubeta iraniana e a de Uighur Zizhiqu do Mar Caspio, do mar de Aral, do lago Balkhas e do Mar Morto no continente asiático; as do lago Txad, do lago Rodolfo, e as rexións de pantanos de Okavango, no continente africano; as grandes concas pechadas norteamericanas de Nevada e Utah, no continente americano; a conca superior do...
-
-
de enreixar.
-
Conxunto de reixas que rodean un edificio ou que pechan un lugar.
-
Labor feito con varas, canas ou outros materiais que se entrecruzan en forma de celosía.
-
Aplícase ao escudo fretado, cando os puntos de reunión das cotizas levan un cravo de distinta cor ou metal.
-
-
-
Pechar algo con reixas.
-
Colocar ladrillos, táboas ou outros materiais cruzándoos de xeito que queden espacios ocos.
-
-
PERSOEIRO
Rei de Alemaña (918-936) e duque de Saxonia e Turinxia (912), fillo de Otón I de Saxonia. Loitou contra Conrado I de Alemaña, ao que sucedeu no trono. Recuperou Lorena e derrotou os eslavos de Bohemia (929) e os húngaros (933). Enfrontouse aos dinamarqueses (934) e constituíu unha marca alemá entre o Eider e o Schlei.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Burato que se fai a rentes das cepas vellas para que xermolen os rebentos novos que quedan ao descuberto.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Enfado pasaxeiro e de pouca importancia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que se enfada con facilidade e por calquera pretexto.
-
-
Doutrina filosófica elaborada por Epicuro que sostiña que o fin último da vida era alcanzar a felicidade a través do pracer.
-
Calidade de epicúreo.
-
Actitude de quen busca exclusivamente o pracer.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Célula do esclerénquima, de figura máis ou menos isodiamétrica, morta e lignificada.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Escola agrícola que se puxo en marcha na Granxa de Barreiros de Ortoá (Sarria), baixo o impulso do empresario agrícola Antonio Fernández López (1903-1971) e do mestre galeguista e renovador Avelino Pousa Antelo (1914). Ambos os dous estaban convencidos de que a transformación social e económica do medio rural podía comezar pola escola se esta lograba dedicar o tempo necesario á formación dos nenos dos labradores partindo do seu propio sistema de vida e do coñecemento práctico e efectivo do medio rural natural e social. Con este obxectivo o 1 de febreiro de 1948 inaugurouse a Escola Primaria de Orientación Agrícola da Granxa de Barreiros, totalmente gratuíta para os escolares da parroquia. As clases repartíanse en sesións de mañá, tarde e noite, seis días á semana. Para que a escola fose eficaz en relación co medio circundante, esta tiña que preparar os alumnos e darlles coñecementos en diversos campos, entre eles, no das técnicas agropecuarias. Estas realizábanse in situ nos campos...
-
-
de escorrer.
-
Que non presenta defectos físicos nin enfermidades.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acto de espreitar.
-
-
ixiar algo ou a alguén con atención e procurando non ser visto.
-
Observar algo ou a alguén con moita atención.
-
-
PERSOEIRO
Trobador portugués da escola lírica galego-portuguesa, pertencente á liñaxe dos Barreto, orixinaria dos Velho. Aínda que a familia do trobador era orixinaria da conca do Lima (Entre Douro e Minho) -de feito, aínda a comezos do s XIV os Barreto forman parte das liñaxes de infanzóns padroeiras do Mosteiro de Tibães-, estendeuse despois, mediante diversas alianzas, polo Douro medio e Trás-os-Montes, e estableceuse en Estremadura (1254 - 1264), período en que o pai do trobador, Fernão Gomes, figura na corte de Afonso III. Vinculado á corte de don Denís, este autor aparece na documentación entre 1290 e 1294; neste período confírmalle á orde do Templo unha doazón de bens que seus pais lle fixeran a esta en Abrantes e, así mesmo, testemuña a doazón do pantano de Magos que lle fai a don Denís o concelho de Santarem. Como se documenta no Livro de Linhagens do Conde D. Pedro, casou nesta cidade a finais do s XIII con Joana Esteves; ademais, confirma a adscrición do trobador ao último período da lírica...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Trobador portugués pertencente á escola lírica galego-portuguesa que, a xulgar pola colocación dos seus textos nos cancioneiros (na parte inicial da sección das cantigas de amigo, entre Johan Soarez Coelho e Johan Lopez de Ulhoa), pode situarse no terceiro cuarto do s XIII. Dúas personaxes figuran na documentación portuguesa con este nome: Estevan Reimondo de Portocarreiro, mencionado nos Livros de Linhagens, e Estevan Reimondo de Sequeira, referido no Censual do Cabida da Sé do Porto. A documentación da época testemuña que o mesmo nome aludía a dúas persoas distintas, cunha cronoloxía bastante próxima. Deses dous homónimos, o primeiro é o que máis posibilidades ten de identificarse co trobador. Fillo de Raimundo Viegas e de Maria Ourigues da Nóbrega, pertencía á liñaxe portuguesa dos Portocarreiro, relacionada coas cortes rexias portuguesas e castelás. Lazos familiares relaciónano cos trobadores Johan Perez d’Aboim e Pero Gonçalves de Portocarreiro, xa que a súa nai era tía do primeiro...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Atleta. Especializada nas carreiras de fondo, foi campioa de España en 16 ocasións. Participou nos Xogos Olímpicos de Barcelona 1992 na proba dos 3.000 m, especialidade na que obtivo a medalla de ouro nos Campeonatos Iberomericanos (CI) de Ciudad de México 1988. Na distancia de 1.500 m gañou a medalla de prata nos CI de Manaos 1990 e nos CI de Sevilla 1992.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Crítico musical. Pertenceu á xunta directiva das Xuventudes Musicais de Vigo e colaborou en distintas publicacións especializadas sobre temas musicais (Na Gaits, A Nosa Terra). Publicou Milladoiro. Moito máis que un grupo de música folk (1999) e Crónica do folk galego (2000), en colaboración con Óscar Losada.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Acción de estrar.
-
Conxunto de cousas ciscadas polo chan.
-
Lugar moi sucio ou onde se acumula moito lixo.
-
-
-
Acción e efecto de estreitar.
-
Parte ou punto en que algo se estreita.
-
-
-
estreitecer.
-
Intensificar a unión, a relación, a amizade ou o cariño entre persoas.
-
-
Apertar contra si cos brazos en sinal de afecto ou cariño.
-
Apertar a man de alguén en sinal de saúdo, afecto ou cariño.
-
-