"SS" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1221.

  • (Islip, Oxford 1003 - Westminster 5.1.1066) Rei de Wessex (1042-1066), fillo de Etelredo II. Coñecido como san Duarte ou Eduardo o Confesor, foi o derradeiro rei anglosaxón de Inglaterra. Trala invasión dos dinamarqueses, con dez anos de idade, refuxiouse en Normandie. Trinta anos despois, logo da morte de Canuto I e coa axuda do seu sogro Godwin de Wessex, accedeu ao trono (3.4.1043). Durante o seu reinado favoreceu a nobreza normanda, feito que orixinou enfrontamentos cos anglosaxóns e dinamarqueses (1050-1052). Reduciu os impostos sobre o campesiñado e permitiu a mellora na agricultura. Construíu a abadía de Westminster onde foron sepultados dende aquela os reis de Inglaterra. Sucedeuno Guillerme o Conquistador, duque de Normandie. Foi canonizado no 1161. Na iconografía leva barba longa e vestiduras reais e, como atributos, a coroa e cetro reais e un anel. A súa festividade celébrase o 13 de outubro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Wessex (802-839). Exiliado na corte de Carlomagno durante o reinado de Offa de Mercia, recuperou o seu reino (802) e ampliou os seus dominios aos reinos de Kent, Cornualla e Mercia (825). Foi o primeiro monarca saxón recoñecido como soberano de toda Inglaterra (828) e cara ao 830 foi recoñecido soberano de East Anglia e Northumbria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Efecto de rotación dun material ferromagnético, suspendido libremente do seu eixe, causado pola aplicación dun campo magnético.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor occitano. Os seus poemas reflicten a beleza do mundo provenzal nun estilo clásico. Publicou Au bèu solèu dis avis (1925), A l’aflat dau gregau (1929) e Lo Lume subre la dralha (1931).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ILLAS

    Illa do arquipélago das Illes Balears, terceira en extensión, situada ao SO de Mallorca (75.309 h [1991]). As súas costas son accidentadas, con abundantes calas e acantilados, menos ao SL da illa, que son baixas e areosas. O principal núcleo de poboación é Eivissa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio das Illes Balears, situado no sector máis meridional da illa homónima (29.447 h [1996]). A cidade é o centro dunha área comercial que comprende as illas de Eivissa e Formentera. As principais actividades económicas están relacionadas co turismo, principalmente co sector hostaleiro. Nacida coa colonización fenicio-púnica da illa, despois da implantación dos cartaxineses no s V a C foi un centro comercial denso e activo. Do seu patrimonio cultural destaca a catedral, a Cúria e o Museu Arqueològic.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Unidade administrativa das Illes Balears que comprende as illas de Eivissa, Formentera e toda unha serie de illotes circundantes. Desde 1983, coa aprobación do Estatuto de Autonomía das Illes Balears, gozan dunha organización administrativa propia, representada polo Consell Insular de Eivissa e Formentera, integrado por trece deputados (doce elixidos por Eivissa e un por Formentera), que ao mesmo tempo forman parte do parlamento autonómico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. De ideas republicanas, foi capitán de granadeiros en tempos de Napoleón III. Cultivou a poesía bucólica, erótica e política e deixou inacabada unha novela curta. Obtivo numerosos premios.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor grego. Nome co que é coñecido Odisseus Alepudelis, introdutor das correntes europeas na poesía neogrega a través da revista Nea Grammata. Da súa produción destaca Orientacións (1940), O sol primeiro (1943), O monograma (1973) e María Nefeli (1978). Foi galardoado co Premio Nobel de Literatura en 1979.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor flamengo. Primeiro autor flamengo cosmopolita, a súa obra é satírica e sarcástica. Escribiu poesía, novelas e a autobiografía De leeuwentemmer (O domador de leóns, 1940).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bailarina. Coñecida como Fanny, foi discípula de Jean Aumer e, posteriormente, perfeccionou a súa arte en Italia. Actuou ata 1851 por toda Europa e nos EE UU.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Título outorgado dende o goberno de Marco Aurelio (161-180) aos membros importantes da administración romana, entre outros, aos prefectos do pretorio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Médico e ocultista. Coñecido co pseudónimo de Doctor Papus, doutourose en Medicina na Universidade de París (1894). Dirixiu o laboratorio de hipnoterapia do Hospital da Caridade na capital francesa. Realizou unha viaxe á India, onde estudiou os enigmas das forzas astrais e, logo de viaxar por diversos países, dedicouse ao cultivo das ciencias ocultas. Gracias aos seus coñecementos e á fama internacional que conseguiu viaxou en dúas ocasións a San Petersburgo (1900 e 1905) para atender os tsares, onde prognosticou que a revolución os derrocaría anos despois. Participou como médico na Primeira Guerra Mundial ata que caeu enfermo e morreu. Entre as máis de cincuenta obras que escribiu, cómpre salientar: Hypothéses (Hipóteses, 1884), l’Ocultisme contemporain (O ocultismo contemporáneo, 1887), Essai de physiologie synthetique (Ensaio de fisioloxía sintética, 1890) e Cabbale (Cábala, 1903).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PICOS

    Pico dos Pireneos, entre Andorra e o Pallars Sobirá, situado a unha altitude de 2.961 m.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xenetista. Foi profesor na Universitè de Paris e director do Centre de Génétique Moléculaire. Realizou importantes investigacións sobre diferenciación celular, cultivo de células in vitro, mecanismos xenéticos e hibridación de células somáticas. Pola súa contribución na integración da xenética clásica coa bioquímica e a embrioloxía, considérase o pioneiro da xenética molecular.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • o Vermello (Jaeren 940? - Brattalid 1010?) Explorador noruegués. Aínda que naceu en Noruega, viviu en Islandia ata ser condenado ao exilio por asasinato. Viaxou no 985 cara ao NO e descubriu as costas de Groenlandia, ás que deu ese nome pola cor verde dos seus prados litorais. En 998 volveu a Islandia en busca de colonos e regresou para instalarse alí, onde morreu.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Condesa de Barcelona, muller de Ramón Borrell. Axudou o seu home na reconstrución do país tralas campañas de Almanzor e acompañouno nalgunhas expedicións militares. Ao quedar viúva (1017), gobernou como titora durante a minoría do seu fillo Berenguer Ramón I. Trala morte do seu fillo (1035), volveu gobernar como titora do seu neto Ramón Berenguer I o Vello.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor e dramaturgo. Coñecido como Pierre Brasseur, destacou polas súas interpretacións teatrais en obras de A. Camus, J. P. Sartre, J. Anouilh e outros dramaturgos franceses. Debutou no cine en 1925 e traballou en películas de M. Carné, R. Clair e G. Franju.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e militar albanés. En 1908 uniuse ao movemento dos Mozos Turcos, pero despois opúxose ás pretensións turcas en Albania. Foi ministro de Guerra e de Interior baixo o goberno do príncipe Guillerme de Wied e, ao inicio da Primeira Guerra Mundial, erixiuse como presidente do goberno provisional (1914-1916). Morreu asasinado.

    VER O DETALLE DO TERMO