Eduardo III de Wessex, santo
(Islip, Oxford 1003 - Westminster 5.1.1066) Rei de Wessex (1042-1066), fillo de Etelredo II. Coñecido como san Duarte ou Eduardo o Confesor, foi o derradeiro rei anglosaxón de Inglaterra. Trala invasión dos dinamarqueses, con dez anos de idade, refuxiouse en Normandie. Trinta anos despois, logo da morte de Canuto I e coa axuda do seu sogro Godwin de Wessex, accedeu ao trono (3.4.1043). Durante o seu reinado favoreceu a nobreza normanda, feito que orixinou enfrontamentos cos anglosaxóns e dinamarqueses (1050-1052). Reduciu os impostos sobre o campesiñado e permitiu a mellora na agricultura. Construíu a abadía de Westminster onde foron sepultados dende aquela os reis de Inglaterra. Sucedeuno Guillerme o Conquistador, duque de Normandie. Foi canonizado no 1161. Na iconografía leva barba longa e vestiduras reais e, como atributos, a coroa e cetro reais e un anel. A súa festividade celébrase o 13 de outubro.