Eduardo III de Inglaterra

Eduardo III de Inglaterra

Rei de Inglaterra (1327-1377), fillo de Eduardo II e de Isabel de Francia. Fracasou no intento de recuperar Escocia e, malia que polo Tratado de Northampton (1328) renunciou aos seus dereitos, derrotou os escoceses en Halidon Hill (1333) e en Neville’s Cross (1346), onde capturou a David II de Escocia. Enfrontouse a Filipe VI de Francia na Guerra dos Cen Anos e derrotouno na batalla naval de Sluis (1340), na de Crécy (1346) e no sitio de Calais (1346-1347). O seu fillo, Eduardo o Príncipe Negro, capturou o monarca francés Xoán II na Batalla de Poitiers (1356) e polo Tratado de Brétigny (1360) conservou os territorios de Calais, Aquitania, Guyenne e Poitou. Reanudáronse as hostilidades co novo monarca francés Carlos V e só conservou os portos de Bordeos, Calais e Baiona (1369). Obrigado pola necesidade de fondos para continuar a guerra, concedeulle ao Parlamento o dereito de reunións regulares e organizouno en dúas cámaras: House of Lords e House of Commons. Limitou a intervención do papa na Igrexa de Inglaterra coa aprobación do Statute of Provisors (1351).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Windsor

  • Deceso

    Lugar : Richmond