"Sion" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 507.

    1. Acción de volver cara a atrás.

    2. olta dun tecido, dun órgano, dun síntoma ou dun fenómeno a un estadio anterior da súa evolución ontoxénica.

      1. Estudo da mellor aproximación dunha variable estatística y a partir dunha familia dada de variables estatísticas x 1 ...x n , mediante combinacións lineais do tipo a 1 x 1 ,..., a n x n + b, e tomando como criterio de “mellor aproximación” o do método dos mínimos cadrados. Dito doutra maneira, cómpre buscar os denominados coeficientes de regresión a 1 , a 2 ,..., a n , b, tales que fagan mínima a distancia ao cadrado d 2 (y, a 1 x 1 ,...,a n x n + b). No caso que n = 1, a recta de regresión y = ax + b ten por coeficientes


        FORMULA
        onde -x i , -y i son os valores das variables,...

      2. función de regresión

        Función lineal y = m y (x i ) que se obtén a partir de dúas variables aleatorias x, y estocasticamente dependentes con función de densidade conxunta continua f(x, y), sendo y i = E(y/x i ) a esperanza de f(x, y) polos dados x i .

    3. Retracción ou contracción da área cuberta polo mar con relación ás terras emerxidas. Este fenómeno está causado polo levantamento das áreas continentais ou por un descenso xeneralizado do nivel do mar, ou os dous á vez. Tamén pode estar producido, a nivel de mar constante, por unha progradación ou sedimentación moi activa, como a dun delta.

    4. Remisión dunha enfermidade.

    5. Proceso inconsciente mediante o que o individuo volve a unha etapa anterior do seu desenvolvemento, como medio de defensa ante unha frustración e como recuperación dun comportamento e duns modos de satisfacción anteriores considerados mellores polo individuo.

    6. olta a unha situación anterior política, social ou relixiosa, xa superada.

    7. Creación dun termo a partir doutro que se considera erroneamente como derivado.

    8. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de reimprimir.

    2. Nova impresión dunha obra xa editada, sen modificacións importantes e coa mesma composición tipográfica.

    3. Conxunto de exemplares que se reimprimen dunha soa vez.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Acción e efecto de remitir ou remitirse.

      2. Perdón ou condonación total ou parcial dunha débeda, culpa ou obriga renunciando aos propios dereitos de compensación, satisfacción e querela.

      3. Perdón dos pecados, primeiro efecto do sacramento da penitencia mediante a efusión da graza.

      1. Acción de atrasar.

      2. Técnica lexislativa que consiste na referencia que un texto legal fai a outras disposicións de xeito que estes han de considerarse parte da normativa.

      3. Acción de adiar unha causa remitíndoa a outro tribunal ou colexio competente para un exame ou unha decisión. Aplícase por motivos de orde pública e é competencia do Tribunal Supremo.

      4. prórroga.

      5. remisión da causa/das partes en causa

        Momento en que o instrutor inviste o xuíz ou o colexio competente para decidir unha causa.

    1. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de repercutir.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de reprender.

    2. Palabras con que se reprende.

    3. Amoestación solemne feita polo tribunal para suscitar no culpable dunha falta a consciencia do mal que fixo, para que non volva a cometela. En casos de falta grave chámase reprensión pública, e en faltas leves, reprensión privada.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Acción e efecto de reprimir ou reprimirse.

      2. Acción ou situación creadas por unha persoa ou grupo social ou político que teñen un certo poder sobre outra persoa ou grupo, que pretende frear de raíz calquera manifestación, movemento ou tendencia que poida entrar en conflito coa situación establecida, considerada inxusta e necesitada de transformación.

      3. Proceso ou mecanismo psíquico mediante o que quedan inconscientes determinados elementos dinámicos da actividade instintiva (emocións, motivacións, tendencias ou ideas), que son vistos como penosos ou perigosos para o individuo, en virtude dos costumes ou da moral imperantes no seu ambiente.

    1. Mecanismo de inhibición da síntese dun determinado enzima a nivel xenético nun microorganismo, debido á presenza do produto final da reacción que o enzima cataliza (aminoácidos, purinas e pirimidinas).

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Acción e efecto de repeler.

      2. Interacción entre dous sistemas físicos a consecuencia da que se repelen.

    1. Aversión contra algo ou alguén.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de rescindir.

    2. Procedemento xurídico que invalida un contrato, válido e obrigatorio nunha situación normal, pero que en certos casos, previstos pola lei, ocasiona prexuízos a algún dos contratantes.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Contribución ao tesouro da orde de San Xoán que entregaban os comendadores e os que gozaban de rendas.

      1. Pilastra que garda correspondencia cunha columna.

      2. Elemento de soporte, nunha estrutura sustentadora, pegado a un muro e en correspondencia cun contraforte exterior que funciona como sostén dun arco ou bóveda.

      3. Elemento que sobresae nun muro, piar ou estribo para servir de apoio a arcos e bóvedas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Operador de telefonía básica constituído en 1989 como Ente Público Operador de Telecomunicaciones a partir dunha escisión da rede técnica de RTVE. Foi propietario dunha das máis importantes redes estatais de transporte e difusión do sinal televisivo (TVE, Antena 3, Tele 5, Canal Plus e algunhas televisións autonómicas). Iniciou un proceso de privatización (1997) por parte dun consorcio de empresas liderado por Endesa, Unión Fenosa e Telecom Italia, que adquiriron o 70% das accións, proceso que culminou en 1999 cando o Estado adquiriu o 30% restante. En 2002 pasou a formar parte do Grupo Auna, formado por Auna para servizos de comunicación fixa e Amena para comunicacións móbiles, que o vendeu en decembro de 2003 ao grupo Abertis.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de retorcer ou retorcerse.

    2. Acción de dirixir o argumento dun adversario contra el mesmo.

    3. Represalia dun estado contra outro en resposta a unha falta de consideración ou de equidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de retransmitir.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de retroceder.

    2. Acto polo que unha persoa devolve a outra un dereito que recibira antes desta.

    3. Detención do curso dun parto comezado con normalidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fenómeno que sofren algunhas radiacións ionizantes (partículas alfa, beta, gamma ou neutróns) dun feixe emitido por unha fonte de características ben definidas. Consiste na aparición dunhas radiacións secundarias, de enerxía diferente das do feixe.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pasaxe dun estado de organización a outro considerado inferior, tanto no desenvolvemento evolutivo dun individuo coma na filoxénese.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Propulsión no mesmo sentido da marcha, efectuada mediante retrofoguetes, que permite frear os vehículos espaciais en ausencia de atmosfera.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Tendencia que teñen certos doentes a caer para atrás cando camiñan.

    2. Acción de empurrar cara a atrás a cabeza fetal mal encaixada.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Desviación ou inclinación cara a atrás dun órgano do corpo.

      1. Acto de traducir novamente á lingua orixinal un fragmento xa traducido daquela lingua, feito normalmente como exercicio didáctico.

      2. Fragmento que se retraduciu ou se vai retraducir.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de reverter.

    2. Retorno dunha cousa ou dunha persoa ao seu estado anterior.

    3. Dereito de recuperar un ben expropiado cando non se executou a obra ou non se estableceu o servizo que motivou a expropiación e cando desapareceu a afectación. O exercicio deste dereito comporta o aboamento á administración do prezo do ben valorado no momento en que se solicitou a recuperación.

    4. Desenvolvemento anormal dun órgano rudimentario que recorda a outro órgano dunha especie inferior.

    5. Mutación sufrida por un individuo no sentido inverso ao dunha mutación anterior, que é constatada polo feito de que volve ao fenotipo salvaxe inicial. OBS: Tamén se denomina mutación supresora ou retromutación funcional, para distinguilo da retromutación propiamente dita, na que se coñece que foi restablecido, ademais, o xenotipo salvaxe.

    6. atavismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de revisar.

    2. recoñecemento.

    VER O DETALLE DO TERMO