"car" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3676.

  • Asinado o 10 de agosto de 1913, puxo fin á Segunda Guerra Balcánica. Supuxo unha serie de cambios territoriais: unha parte de Macedonia pasou a Serbia e a Grecia, que recibiu tamén a costa de Salónica. Romanía obtivo Salistria, e Turquía acadou Adrianápolis.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Asinado o 7 de maio de 1918 entre as potencias centrais e Romanía. Supuxo unha serie de cambios territoriais: Dobrudja meridional pasou a formar parte de Bulgaria e o resto da provincia foi administrada polas potencias centrais, mentres Austria-Hungría ratificou as súas fronteiras nos Cárpatos. Romanía pola súa banda anexionou Bessarabia. Ademais incluía unhas cláusulas económicas: Austria-Hungría e o Imperio Alemán gozarían do monopolio das exportacións petrolíferas e o control dos ferrocarrís e da navegación no Danubio. O tratado non se ratificou e anulouse ao finalizar a Primeira Guerra Mundial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritora. Publicou a maioría das súas obras baixo o pseudónimo de Colombine. Nos seus escritos defendeu os dereitos da muller. Colaborou en diferentes xornais e foi correspondente de prensa na guerra de Marrocos. Foi fundadora da revista Crítica e colaboradora de Prometeo e La Esfera. Cultivou o naturalismo nas súas primeiras novelas: La hora del amor (1916) e Los inseparables (1917); despois evolucionou cara ao romanticismo: El último contrabandista (1918), Los anticuarios (1921) e El retorno (1922); e o moralismo: La mal casada (1925) e Quiero mi vida (1931).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar. Participou nas campañas de Cuba, as Filipinas e Marrocos. Dirixiu a represión da folga en Asturias no 1917. Foi comisario en Marrocos, tenente xeneral, director da Garda Civil e presidente do Consello Supremo de Guerra e Mariña. En 1931 presidiu o consello de guerra contra o goberno provisional republicano, que derivou nunha manifestación pública contra a ditadura e a monarquía. Trala instauración da República foi presidente da Cruz Vermella e tentou desenvolver unha actuación política de esquerdas, que foi rexeitada polos socialistas. Publicou algúns ensaios dos que destacan Mi rebeldía (1904) e Morbo nacional (1906).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Parroquia do concello de Ordes baixo a advocación de san Paio.

    2. Facer algo para encontrar unha determinada cousa ou unha persoa.

    3. Estudiar coidadosamente unha cuestión policial ou científica para atopar a solución.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Facer algo para encontrar unha determinada cousa ou unha persoa.

    2. Estudiar coidadosamente unha cuestión policial ou científica para atopar a solución.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Soprano. Formada no conservatorio do Liceu de Barcelona, actuou no Gran Teatre del Liceu cun gran número de óperas e en concertos no Palau de la Música Catalana, así como noutras cidades europeas e asiáticas. Gañadora do Orphée d’Or pola súa actividade discográfica, dedicouse tamén ao ensino do canto. Recibiu a Creu de Sant Jordi en 1992.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Política. Licenciada en Ciencias Políticas pola Universidad Complutense de Madrid. Dirixiu o Instituto de la Mujer dende a súa creación en 1983 ata 1989. Foi subsecretaria do ministerio de Asuntos Sociais e membro do comité da ONU en contra da discriminación da muller. É autora de Reflexiones sobre mujer y feminismo (1977) e Una alternativa feminista (1979).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Arquitecto. Entre as súas obras salientan os centros de saúde de Castro Caldelas, Ramirás e Maside e as oficinas de turismo da Gudiña e do Carballiño. Ocupou a vicepresidencia do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG), foi secretario da Escola de Artes Aplicadas de Ourense e director xerente de Xestur. Recibiu en 1988 o Premio de Arquitectura do COAG.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político guineano. Formado en enxeñería industrial na Universidade de Lisboa foi un dos membros fundadores, no ano 1948, do Centro de Estudos Africanos xunto con Viriato da Cruz e Mário de Andrade. En 1956, fundou o Partido Africano da Indepêndencia de Guiné-Bissau e Cabo Verde (PAIGC) e un ano máis tarde o Movimento para a Libertação de Angola (MPLA) xunto con Agostinho Neto. Durante case unha década compaxinou o seu labor político coas súas accións como guerrilleiro na súa loita contra o dominio portugués, ata que no ano 1972 foi creada a Assembleia Nacional do Povo Guineano. Entre as súas obras hai que destacar A arma da teoria (1975) e A práctica revolucionária (1975). No 1973 foi asasinado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • oz ou canto do galo e da galiña.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ri de seguido.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que cacarexa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Emitir a súa voz a galiña ou o galo.

    2. Falar moito dunha cousa, difundíndoa entre a xente.

    3. Ponderar en exceso e de forma reiterada as accións ou calidades de algo ou de alguén, en especial as propias.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Canto do galo e da galiña.

    2. Son semellante ao do canto da galiña.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Farmacéutico. Catedrático de Farmacia Galénica da Universidad de Madrid, foi o primeiro docente de España que incorporou a biofarmacia e a farmacocinética como parte fundamental da farmacia galénica. Entre outras obras, publicou en 1999 Interacciones medicamentosas (y otros factores modificadores de la respuesta). Foi director da Real Academia de Farmacia, presidente da Fundación José Casares Gil de Amigos da Real Academia de Farmacia, fundador do Comité Científico Europeo de Biofarmacia e Farmacotecnia e membro de número da Academia Nacional de Medicina e da Real Academia de Doctores. Foi galardoado coa Medalla especial do Comité Científico Europeo de Biofarmacia e Farmacocinética en 1984.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Perder a súa forza ou validez un decreto, un costume, unha lei, etc, por caer en desuso ou por chegar a unha data determinada.

      2. Finalizar un prazo de tempo, un dereito, un contrato ou outra cousa semellante.

    1. Deixar de ser apto para o consumo un alimento, un medicamento ou calquera outro produto perecedoiro.

      1. Derramarse ou acabarse unha cousa como efecto do paso do tempo ou de ter moito uso.

      2. Perder as súas facultades unha persoa a causa do paso do tempo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Facer presión sobre unha cousa ou sobre unha superficie cos pés ou con algún obxecto para apertala ou deixala lisa.

    2. Copiar un debuxo ou un escrito poñendo en contacto o orixinal co papel ou a tea á que vai ser trasladado e repasando os trazos do debuxo cun lapis, un estilete ou mediante outros procedementos.

    3. Copiar ou imitar as cousas da mesma maneira que o fai outra persoa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Gres calcario, cimentado por carbonato cálcico.

    VER O DETALLE DO TERMO