buscar

buscar
  1. v t

    Facer algo para encontrar unha determinada cousa ou unha persoa.

    Ex: Buscou durante toda a mañá o anel que perdeu no cuarto. Busquei a solución ó problema nos libros de aritmética. Durante toda a súa vida só buscou o recoñecemento dos demais. 

    Sinónimos: procurar.
  2. v t

    Estudiar coidadosamente unha cuestión policial ou científica para atopar a solución.

    Ex: Os policías buscan desde hai dous días a nena desaparecida. Os científicos buscan insistentemente unha vacina para a SIDA.

    Sinónimos: investigar.

Frases feitas

  • Buscar a un. Proferir ou dicir expresións que poidan incitar ao enfado.

  • Buscar mundo. Percorrer o mundo buscando os medios para vivir.

  • Buscar alguén a vida. Procurarse os medios de subsistencia.

  • Buscar alguén de capa negra en Santiago. Buscar algo que é moi difícil de atopar por falta de datos.

  • Buscarlle a corte ao boi vello. Querer ensinarlle algo a alguén que xa ten moita experiencia.

  • Buscarlle a lingua a alguén/buscarlle a(s) volta(s)/buscarlle as cóxegas/ buscarlle o xenio a un. Provocar ou facer falar de máis a alguén. Ex: Non se pode falar con ela porque só fai buscarme a lingua.

  • Buscarlle o vulto a alguén. Darlle onde lle doe a alguén. Ex: Non é moi querido polos veciños porque sempre lles anda a buscar o vulto.

  • Buscarlle os catro/tres pés ao gato. Buscar problemas ou imposibles. Ex: Falemos do que falemos sempre lle busca tres pés ao gato.

Palabras veciñas

Buscapié, El | buscapolos | buscar | buscar | Buscás | Buscás | Buscás, San Paio de
Conxugar
VERBO buscar
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
busco
buscas
busca
buscamos
buscades
buscan
Pretérito imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
buscaba
buscabas
buscaba
buscabamos
buscabades
buscaban
Pretérito perfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
busquei
buscaches
buscou
buscamos
buscastes
buscaron
Pretérito pluscuamperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
buscara
buscaras
buscara
buscaramos
buscarades
buscaran
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
buscarei
buscarás
buscará
buscaremos
buscaredes
buscarán
Condicional Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
buscaría
buscarías
buscaría
buscariamos
buscariades
buscarían

Subxuntivo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
busque
busques
busque
busquemos
busquedes
busquen
Imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
buscase
buscases
buscase
buscasemos
buscasedes
buscasen
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
buscar
buscares
buscar
buscarmos
buscardes
buscaren

Imperativo

Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
-
busca
-
-
buscade
-

Formas nominais

Infinitivo conxugado Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
buscar
buscares
buscar
buscarmos
buscardes
buscaren
Xerundio buscando
Participio buscado
buscada
buscados
buscadas