buscar
-
v t
Facer algo para encontrar unha determinada cousa ou unha persoa.
Ex: Buscou durante toda a mañá o anel que perdeu no cuarto. Busquei a solución ó problema nos libros de aritmética. Durante toda a súa vida só buscou o recoñecemento dos demais.
Sinónimos: procurar. -
v t
Estudiar coidadosamente unha cuestión policial ou científica para atopar a solución.
Ex: Os policías buscan desde hai dous días a nena desaparecida. Os científicos buscan insistentemente unha vacina para a SIDA.
Sinónimos: investigar.
Frases feitas
-
Buscar a un. Proferir ou dicir expresións que poidan incitar ao enfado.
-
Buscar mundo. Percorrer o mundo buscando os medios para vivir.
-
Buscar alguén a vida. Procurarse os medios de subsistencia.
-
Buscar alguén de capa negra en Santiago. Buscar algo que é moi difícil de atopar por falta de datos.
-
Buscarlle a corte ao boi vello. Querer ensinarlle algo a alguén que xa ten moita experiencia.
-
Buscarlle a lingua a alguén/buscarlle a(s) volta(s)/buscarlle as cóxegas/ buscarlle o xenio a un. Provocar ou facer falar de máis a alguén. Ex: Non se pode falar con ela porque só fai buscarme a lingua.
-
Buscarlle o vulto a alguén. Darlle onde lle doe a alguén. Ex: Non é moi querido polos veciños porque sempre lles anda a buscar o vulto.
-
Buscarlle os catro/tres pés ao gato. Buscar problemas ou imposibles. Ex: Falemos do que falemos sempre lle busca tres pés ao gato.
Palabras veciñas
Buscapié, El | buscapolos | buscar | buscar | Buscás | Buscás | Buscás, San Paio deIndicativo
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles busco
buscas
busca
buscamos
buscades
buscan
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles buscaba
buscabas
buscaba
buscabamos
buscabades
buscaban
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles busquei
buscaches
buscou
buscamos
buscastes
buscaron
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles buscara
buscaras
buscara
buscaramos
buscarades
buscaran
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles buscarei
buscarás
buscará
buscaremos
buscaredes
buscarán
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles buscaría
buscarías
buscaría
buscariamos
buscariades
buscarían
Subxuntivo
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles busque
busques
busque
busquemos
busquedes
busquen
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles buscase
buscases
buscase
buscasemos
buscasedes
buscasen
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles buscar
buscares
buscar
buscarmos
buscardes
buscaren
Imperativo
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles -
busca
-
-
buscade
-
Formas nominais
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles buscar
buscares
buscar
buscarmos
buscardes
buscaren
buscada
buscados
buscadas