Cabral, Amílcar

Cabral, Amílcar

Político guineano. Formado en enxeñería industrial na Universidade de Lisboa foi un dos membros fundadores, no ano 1948, do Centro de Estudos Africanos xunto con Viriato da Cruz e Mário de Andrade. En 1956, fundou o Partido Africano da Indepêndencia de Guiné-Bissau e Cabo Verde (PAIGC) e un ano máis tarde o Movimento para a Libertação de Angola (MPLA) xunto con Agostinho Neto. Durante case unha década compaxinou o seu labor político coas súas accións como guerrilleiro na súa loita contra o dominio portugués, ata que no ano 1972 foi creada a Assembleia Nacional do Povo Guineano. Entre as súas obras hai que destacar A arma da teoria (1975) e A práctica revolucionária (1975). No 1973 foi asasinado.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Bafatá, Guiné

  • Deceso

    Lugar : Bissau

  • Deceso

    Lugar : Bissau