"eo" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3592.

  • Divindade indíxena galega. Recibe tamén o nome de Lari Deo. Aparece esculpida nos relevos dos altares de Donón, onde se cre que se atopaba un santiario dedicado a esta divindade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Biblioteca organizada a partir do ano 1927 que contén máis de 46.000 volumes de diversa temática -Historia, Arqueoloxía, Arte-, e máis de 3.500 títulos de revistas. Doaron obras para o seu fondo a Sociedade Arqueolóxica de Pontevedra, Castro Sampedro e Folgar, Sampedro Mon, Sanz Casal, Rodríguez de Viguri, Fernández Cochón, Castelao, Víctor Said Armesto, Indalecio Armesto e Sánchez Cantón. Tamén se inclúen os libros cedidos polo Servicio Nacional de Lectura, o Consejo Superior de Investigaciones Científicas e o Concello de Pontevedra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ten dous corpos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político francés. Antes da Segunda Guerra Mundial militou no Partido Democrático Popular. No 1943 converteuse en presidente do Consello Nacional da Resistencia. Ministro de Asuntos Exteriores do goberno provisional de De Gaulle (1944-1946), asinou o tratado franco-soviético de Moscova (1944), preconizou a división de Alemaña e o illamento de España. Presidente do goberno provisional (1946) e do consello de ministros (1949-1950), fixo que o seu país adoptase a constitución da IV República. Ata o 1954 foi varias veces ministro de Asuntos Exteriores e favoreceu a Alianza Atlántica e a Unión Europea. Opúxose á independencia de Alxeria e ingresou na OAS (Organisation Armée Secrète), organización da que se chegou a converter no seu líder. Desde 1962 viviu no exilio en Brasil e Bélxica, ata 1968, ano no que regresou a Francia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás biercanderáceas.

    2. Fungo da familia das biercanderáceas.

    3. Familia de fungos da orde das poliporais, de cogomelos de carne crebadiza e desprovistos de pé. En Galicia son comúns os xéneros Bjerkandera, Piptoporus e Postia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Clarinetista de jazz norteamericano, coñecido co nome artístico de Barney Bigard. Tocou na orquestra de Duke Ellington e foi un dos mellores representantes do estilo de Nova Orleans.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás bignoniáceas.

    2. Planta da familia das bignoniáceas.

    3. Familia de plantas da orde escrofulariais integrada por individuos xeralmente leñosos (árbores, arbustos, lianas e raramente herbas) de distribución tropical, centradas particularmente en América do Sur. As bignoniáceas proporcionan boa madeira e teñen un bonito efecto ornamental, como as dos xéneros Bignonia, Catalpa, Crescentia, Jacaranda, Parmentiera e Tecoma.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico alemán. Describiu os ovos dos tremátodos do xénero Schistosoma (antigamente xénero Bilharzia), responsables da esquistosomiase (ou bilharziose).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico alemán. Está considerado como un dos creadores da cirurxía moderna. En 1874 practicou unha larinxectomía total e en 1881 realizou con éxito a primeira gastrectomía. Entre os seus traballos destacan a descrición de dúas técnicas clásicas de gastrectomía con anastomose gastroduodenal (operación de Billroth I) ou gastroxexunal (operación de Billroth II); o estudo do falso meningocele (enfermidade de Billroth), unha técnica persoal de sutura e a introdución dunha anestesia mixta de alcohol, cloroformo e éter. Publicou Die allgemeine chirurgische Pathologie und Therapie (Patoloxía cirúrxica e terapias xerais, 1863).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor en lingua alemana. Cultivou a poesía e a narración e sobresaíu como estilista. Destacan as obras Legenden der Zeit (Lendas do tempo, 1909) e Der Opfergang (Sacrificio, 1911).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor norteamericano. Permaneceu un tempo na Academia de Belas Artes de Pennsylvania, aínda que é de formación autodidacta. Foi catedrático de Arte da Universidade de Missouri (1877). Grande admirador dos pintores holandeses do s XVII, pintou escenas relacionadas coa vida do Mississipi e do Missouri, e tamén temas políticos. Defendeu a arte como imitación da beleza da natureza. Entre as súas obras destaca Traficante de peles descendendo o Missouri (1845).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Disciplina científica que ten por obxecto o estudo dos seres vivos que habitan o dominio subterráneo. O termo foi creado no 1904 por A. Viré. Non obstante , naceu como especialidade científica no 1831 coa primeira descrición dun ser vivo cavernícola, o coleóptero Leptodirus hohenwarti procedente da cova de Adelsberg (Carniola), realizada polo conde Franz von Hohenwart. A partir de 1857 proliferaron os traballos dedicados ao estudo dos cavernícolas por parte de gran número de naturalistas, primeiro en Francia, logo noutros países europeos e nos EE UU.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Rama da meteoroloxía que estudia a relación entre as condicións meteorolóxicas e o desenvolvemento dos seres vivos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplicación da reoloxía ao movemento dos fluídos dos seres vivos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parte da Xeografía que estudia a distribución espacial dos animais (Zooxeografía), incluso do ser humano (Antropoxeografía), e das plantas (Fitoxeografía), e intenta explicar as súas causas e a súa variación ao longo do tempo, mediante a axuda doutras disciplinas xeográficas, biolóxicas e xeolóxicas, como a Ecoloxía, a Coroloxía, a Biocenoloxía, a Xenética de poboacións, a Paleontoloxía, a Climatoloxía e a Paleoclimatoloxía. Deste xeito, considérase a área actual de distribución dunha especie ou taxon como resultado das áreas de distribución pretéritas, da existencia ou ausencia de barreiras, da facilidade de diseminación e das condicións do ambiente físico e biolóxico. Hai especies que teñen unha área de distribución pequena (especies estenocoras), e incluso limitada a un territorio determinado (especies endémicas). Non obstante , outras ocupan unha grande área (especies euricoras, en termos xerais, e cosmopolitas, se se estenden por todo o mundo). A Bioxeografía presta especial atención...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertence á Bioxeografía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estudio da distribución e da migración dos elementos químicos presentes nos organismos vivos e da participación dos procesos biolóxicos na evolución da Xeoloxía terrestre (investiga, por exemplo, a formación dos combustibles fósiles).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á Bioxeoquímica.

    2. ciclo biosférico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Matemático e físico norteamericano. Estudiou nas universidades de Chicago e Harvard e foi profesor en Princeton (1909-1912) e en Harvard (1919-1944). Realizou traballos sobre ecuacións diferenciais lineais e, baixo a influencia dos descubrimentos de Poincaré, empezou a traballar en Mecánica Teórica, especialmente en órbitas periódicas e estabilidade. Escribiu a memoria Dynamical System with Two Degrees of Freedom (1928) e estudiou o problema dos tres corpos mediante o método ergódico. Foi presidente da Asociación Americana para o Avance da Ciencia (AAAS). Entre outras obras, escribiu Relativity and Modern Physics (1923) e The Origin, Nature and Influence of Relativity (1925).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ten os apéndices divididos en dúas ramas.

    VER O DETALLE DO TERMO