Billroth, Christian Albert Theodor

Billroth, Christian Albert Theodor

Médico alemán. Está considerado como un dos creadores da cirurxía moderna. En 1874 practicou unha larinxectomía total e en 1881 realizou con éxito a primeira gastrectomía. Entre os seus traballos destacan a descrición de dúas técnicas clásicas de gastrectomía con anastomose gastroduodenal (operación de Billroth I) ou gastroxexunal (operación de Billroth II); o estudo do falso meningocele (enfermidade de Billroth), unha técnica persoal de sutura e a introdución dunha anestesia mixta de alcohol, cloroformo e éter. Publicou Die allgemeine chirurgische Pathologie und Therapie (Patoloxía cirúrxica e terapias xerais, 1863).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Bergen, illa de Rügen

  • Deceso

    Lugar : Abazzia, Istria