"ovi" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 688.

  • Museo creado pola Deputación Provincial de Lugo en 1932. Instalado nunha das ás do palacio provincial de San Marcos, en 1957 trasladouse ao antigo convento de San Francisco, ocupando o claustro, o refectorio e a cociña, e un edificio de nova planta creado por Manuel Gómez Román, posteriormente ampliado. A antiga igrexa conventual converteuse na parroquial de San Pedro de Lugo. Conta cunha importante colección de arte sacra, ourivaría, obxectos e artesanía tradicional, así como seccións monográficas dedicadas á prehistoria, arqueoloxía, belas artes, etnografía e ás artes suntuarias lucenses. Pertence ao Consello Galego de Museos. Foi declarado Ben de Interese Cultural en 1962.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Museo fundado en 1927 pola Deputación Provincial de Pontevedra e aberto ao público en 1929. Instalado inicialmente no pazo Castro Monteagudo, posteriormente pasou a ocupar outros catro edificios: o García Flórez (s XVIII), o Sarmiento (s XVIII), o Fernández López e as ruínas de San Domingos (ss XIV-XV). A súa colección acolle restos arqueolóxicos paleolíticos, megalíticos, castrexos e romanos, obxectos navais, ourivaría, gravados, acibeches, pinturas, esculturas, louzas e olaría popular galega. Posúe ademais unha biblioteca especializada. Pertence ao Consello Galego de Museos. Foi declarado Ben de Interese Cultural en1962.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Museo situado no concello de Cervo que pretende reflectir a vida da Mariña Lucense. Foi inaugurado en 1969 grazas ao interese de Francisco Rivera Casás por recoller e coleccionar obxectos relacionados co mar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor ruso. En 1857 estableceu relación con Balakirev, K’ui e Stassov. Escribiu unha primeira ópera, Salammbô (1863), e despois obras instrumentais e o poema sinfónico Unha noite na montaña pelada (1867), 62 cancións, e as óperas Boris Godunov (1868), Hovaňšcina (1871-1881) e A feira de Soročinsk (1874-1881). O principal elemento destas óperas é o recitativo melódico, dunha gran forza expresiva, que traduce fielmente as inflexións da lingua rusa. En Cadros dunha exposición (1874), serie de miniaturas para piano que Ravel orquestrou en 1922, Musorgskij preséntase como un precursor do impresionismo musical.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e entomólogo ruso. Naturalizado estadounidense, comezou a escribir para os xornais dos emigrantes rusos de Berlín, para pasar logo á elaboración dunha obra marcada pola traxicomedia, onde o espazo e o tempo parecen un, e as metáforas imposibles xorden de xeito repentino. Da súa produción destacan Lolita (1955), relato da difícil relación entre un home maduro e unha adolescente, co que lle chegou o éxito, a autobiografía Speak, Memory (1960), e tamén Pale Fire (1962), The Defense (1964), Transparents Things (1972) e Look at the Harlequins (1975). Postumamente apareceron as súas coleccións de ensaios Lectures on Literature (1980) e Lectures on Russian Literature (1981).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor ruso. Baseándose nas súas experiencias na guerra e na vida moscovita, publicou as obras Dvoinaya Oshibka (Dobre erro, 1940), Bol’šoje serdce (O gran corazón, 1944), Rannei Vesny (Na primavera temperán, 1950) e Zelenaya Ptista is Krasnoi Golovoi (Paxaros verdes coa cabeza vermella, 1966).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sergej Aleksejev.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor ucraíno. Foi o autor das novelas Rossijskij Žilblaz (O Gil Blas ruso, 1814) e Bursak (1825).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor ucraíno. Desenvolveu a súa obra en ruso, e nela reflectiu as súas diferenzas co réxime soviético, polas que se exiliou en París (1974). A súa obra V Okopakh Stalingrada (Nas trincheiras de Stalingrado, Premio Stalin 1946), está considerada como unha das novelas bélicas máis importantes da época. Tamén publicou Kira Georgievna (1961) e Po obe storomy okeana (Os dous lados do océano, 1962).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor ruso. Autor de contos, novelas e obras de teatro, creou, xunto con Stanislavskij, o Teatro de Arte de Moscova (1898). Foi moi importante no desenvolvemento da arte escénica en Rusia e aplicou o realismo socialista ao teatro. Recibiu o Premio Stalin en 1942 e 1943.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital da rexión autónoma de Vojvodina, en Serbia, Serbia e Montenegro (21.503 h [estim 2000]). Porto fluvial no Danubio, ao NO de Belgrado, é o foco cultural e económico de Vojvodina e da súa minoría húngara. A actividade industrial comprende a industria alimentaria, téxtil, de porcelana, aceites e graxas e aparellos eléctricos. Foi anexada a Hungría desde 1941 a 1944.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Tempo de proba, ao inicio da vida relixiosa, que se pasa antes de facer os votos.

    2. Lugar de residencia onde están instalados os novizos.

    3. Conxunto de novizos.

    4. Réxime e exercicio dos novizos.

    5. Período de tempo durante o que unha persoa se inicia nunha arte, materia ou actividade.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de novo.

    2. Cousa nova, polo feito de constituír unha innovación, unha invención, un acontecemento extraordinario ou porque hai pouco tempo que existe ou que apareceu.

    3. Suceso inesperado ou alteración no transcurso dun evento.

      1. Acontecemento que tivo lugar recentemente.

      2. Información que se dá deste acontecemento.

    4. Conxunto de produtos novos que saen ao mercado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo da xerga dos cesteiros de Mondariz que corresponde á voz ‘novo’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor, xornalista e editor ruso. Colaborador do xornal Drone, foi autor de obras filosóficas, económicas e pedagóxicas, e editor de revistas satíricas. A súa popularidade debeuse á crítica contra as inxustizas sociais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor ruso. Participou na Revolución de 1905. A súa obra máis importante foi a novela histórica Cusima (1932-1935). Recibiu o Premio Stalin (1941).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao novilunio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Terreo non cultivado que se habilita para o cultivo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cada un dos destinos finais do home que, segundo a teoloxía católica, son a morte, o xuízo, o inferno ou o paraíso. OBS: Xeralmente emprégase en plural.

    VER O DETALLE DO TERMO