"ues" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 481.

  • Título concedido por Amadeo I, co vizcondado previo de San Rosendo, a Camilo Feijoo de Sotomayor e Cejo (Ourense 1816-1893), coronel de infantaría e comendador da orde de Carlos III. O II marqués de Santa Ilduara foi o seu neto Urbano Feijoo de Sotomayor e Feijoo de Sotomayor (?-Madrid 1959) que ao morrer sen sucesión, herdou os seus dereitos a súa irmá Elena Feijoo de Sotomayor e Feijoo de Sotomayor , III marquesa de Santa Ilduara (?-Madrid 1967), sucedida pola súa filla Elena Lourdes Casaleiz e Feijoo de Sotomayor , IV marquesa de Santa Ilduara e IV vizcondesa de San Rosendo, e marquesa de Dávila polo seu matrimonio. Trae por armas escudo partido: primeiro, de goles, espada de prata, punta enriba, gornecida de ouro, e acostada en seis besantes de ouro; segundo, de prata, tres faixas con dúas ordes axadrezadas de ouro e goles separados cada un por un cinguideiro de sable. Ao timbre, coroa marquesal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Título nobiliario outorgado por Filipe V en 1702, co vizcondado previo de Lóngora, a José de Omaña, Pardo y Osorio , señor da casa de Santa María del Villar (Castropol). Ao morrer sen sucesión, herdou o título o seu sobriño Pedro de Miranda Omaña e Osorio , II marqués de Santa María del Villar e III conde de San Román. Desde entón e ata 1858 o título permanceu unido ao de conde de San Román, cando o VII marqués de Santa María del Villar, Baltasar de Losada Miranda (Madrid?-1907), VIII conde de San Román e XIV conde de Maceda, cedeu o título á súa filla María Xoaquina de Losada Torres , VIII marquesa de Santa María del Villar e XII marquesa de Atalaya. Sucedeuna o seu fillo Diego Quiroga de Losada (Madrid 1880-Donostia 1976), IX marqués de Santa María del Villar, colaborador fotográfico de Blanco y Negro e ABC. Sucedeuno o seu fillo José Quiroga Valdés , X marqués...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e xurista luxemburgués. Membro do Chrétien-Social du Luxembourg/ Chrëschtlich-Sozial Vollekspartei Lëtzebuergesch (PCS/CSV), foi primeiro ministro de Luxemburgo (1984-1995). Deputado no Parlamento Europeo desde 1975, foi vicepresidente (1975-1977) e presidente do grupo democratacristián (1987-1989). En 1995 foi elixido presidente da Comisión Europea, cargo do que dimitiu en 1999 despois de que un informe demostrase irregularidades na xestión da Comisión.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • compostelán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xornal publicado en Santiago de Compostela a partir do 3 de decembro de 1850. Cesou o 29 de marzo de 1851. Sucesor do Diario de Santiago (1848), saíu tres veces á semana editado nos obradoiros de Rey Romero.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Íñigo López de Mendoza.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Violinista e compositor. Estudou con D. Alard en París e actuou por Europa e América. Das súas obras destacan Aires bohemios (1863), Danzas españolas (1878), Muiñeira op.13 (1885), Jota de San Fermín (1894) e Zortzico (1898). Recibiu o primeiro premio do Conservatoire de París (1857).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antonio Raimundo Ibáñez.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Título outorgado en 1543 por Carlos V a Fernando Ruiz de Castro Osorio e Portugal , que foi o IV conde de Lemos. O título foi herdado polos primoxénitos da casa dos Lemos, ata que en 1955 pasou a María del Rosario Cayetana Fitz-James Stuart y Silva , XIX marquesa de Sarria, XXII condesa de Lemos, XVIII duquesa de Alba, entre outros. Trae por armas, escudo cortado: 1, de goles, con cinco bandas de ouro; 2, de prata, con cinco roeis de azul, colocados en aspa; bordo de azul, cargado de seis aspas de ouro, colocadas unha en xefe, outra en punta e dúas en cada flanco, alternando con seis cunchas de vieira do mesmo, colocadas unha en cada cantón do escudo e unha no medio de cada flanco.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen secuestra.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aplícase á substancia que é empregada como antiincrustante por mor da súa capacidade para impedir a precipitación das sales cálcicas ou magnésicas.

    2. Reactivo pertencente a unha grande variedade de tipos funcionais, que teñen a propiedade de formar complexos definidos e solubles, de grande estabilidade, con diversos catións metálicos, secuestrándoos do contorno que os contén. Os axentes secuestrantes son reactivos quelantes e teñen aplicación en análise química (EDTA; oxina). Os axentes secuestrantes teñen un gran número de aplicacións industriais, entre as que hai que mencionar a suavización de augas duras, como tamén a prevención da oxidación de diferentes materiais.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Reter a autoridade competente, de forma provisional, determinados bens, especialmente publicacións.

    2. Reter algo ou a algúen, esixindo cartos ou outras condicións para o seu rescate.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de secuestrar.

    2. Parte morta dun tecido, especialmente óseo, que queda encravado no tecido san e máis ou menos separado deste polo proceso de inflamación eliminatoria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Título nobiliario concedido por Carlos II, xunto co vizcondado de Albeos, en 1694 a Fernando Antonio Mariño de Lobeira Andrade e Sotomayor , señor de Albeos. A IV marquesa de La Sierra, María del Rosario Mariño de Lobeira e Pardo Figueroa (Pontevedra 14.11.1734-?), casou con Antonio Patiño Castro, fillo do II marqués de El Castelar e grande de España, e ambos os dous títulos uníronse no seu fillo, Ramón Fernando Patiño y Mariño de Lobeira (Zaragoza 26.7.1753-?), V marqués de La Sierra e III marqués de El Castelar, e nos seus sucesores ata que en 1984 Luis Patiño Covarrubias , X marqués de La Sierra e VIII marqués de El Castelar cedeu o título de marquesa de La Sierra (XI) á súa filla Magdalena Patiño Muguiro (Madrid 28.11.1958). Trae por armas escudo partido de Mariño e de Lobeira, timbrado con coroa marquesal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Título concedido por Filipe IV en 1625 a García Sarmiento de Soutomaior, II conde de Salvatierra e señor de Sobroso, para os primoxénitos da súa casa. Ata o falecemento en 1872 de Agustín de Silva Bermuy , XI marqués de Sobroso e X conde de Salvatierra, os títulos permaneceron unidos. O título rehabilitouse en 1926 na XII marquesa de Sobroso, María Rosa Vázquez de Silva (?-Madrid 1968). O título pasou en 1970 ao seu fillo Pedro Caro Vázquez (? 1936), XIII marqués de Sobroso. Trae por armas escudo partido: primeira partición, de goles, trece besantes de ouro, postos 3,3,3,3 e 1 (Sarmiento); segunda partición, de prata, tres faixas con dúas ordes axadrezadas de ouro e goles, separados cada unha por un liña de sabre (Sotomayor). No timbre, coroa marquesal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Asociación de armadores de buques de arrastre, as parellas, constituída no porto de Bouzas (Vigo) en 1899. Promoveu un lock-out que amarrou a frota de arrastreiros por máis de tres meses, a fins de 1932. Continuou a funcionar durante a Guerra Civil.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto francés. Foi un dos introdutores do retorno ao clasicismo, especialmente despois da súa viaxe a Italia. A súa obra é dunha gran simplicidade de liñas. Destacan o Hôtel-Dieu (1741-1748), a Loge des Changes (1747-1750) e o Grand-Théâtre (1756), en Lyon, así como a igrexa de Sainte Geneviève (1756-1780), en París.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e etnólogo francés. Partidario e colaborador do xeneral De Gaulle desde 1940, foi deputado e ministro en varias ocasións, gobernador de Alxeria (1955-1956) e dirixente da Unión pola Nouvelle République (UNR). Oposto á autodeterminación de Alxeria (1955-1956), rompeu con De Gaulle e exiliouse (1961-1968). En 1970 fundou o movemento nacionalista Progrès et Liberté. Como etnólogo especializouse na cultura azteca e publicou Archéologie et Anthropologie (1976), L’univers des Azteques (1979) e Les Maya (1982).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xeólogo. Profesor de xeoloxía e paleontoloxía na Universidade de Viena e presidente da Academy of Sciences de Austria (1898-1911), das súas obras destacan Die Entstehung der Alpen (A formación dos Alpes, 1875) e Das Antlitz der Erde (A cara da Terra, 1833-1901).

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Punto do horizonte entre o S e o L. OBS: Indícase coa sigla SL ou SE.

      2. Parte dunha rexión situada en dirección sueste.

    1. Vento que sopra do SL.

    VER O DETALLE DO TERMO