"CIO" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 4772.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Corrente ideolóxica que se desenvolveu en España entre finais do s XIX e principios do XX, provocada polo desastre colonial de 1898, aínda que xa existía un substrato de insatisfacción co sistema sociopolítico e económico da Restauración. Propuña unha serie de reformas políticas, económicas e sociais para rexenerar o país, propugnando a supremacía técnica e administrativa sobre a política e a necesidade dun ditador.
-
-
Relativo ou pertencente ao rexenaracionismo.
-
Partidario do rexeneracionismo.
-
-
-
Acción e efecto de rexionalizar.
-
Fraccionamento en zonas dun espazo económico, que se define a priori como un conxunto integrado por un número determinado de unidades territoriais. Con estes condicionantes previos, as rexións poden definirse segundo os criterios de homoxeneidade, polarización e planeamento.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Técnica de combinar diversos rexistros, especialmente no órgano, para obter determinados timbres sonoros.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Unión administrativa e política entre Rhodesia do Sur (actual Zimbabwe), Rhodesia do Norte (actual Zambia) e Nyasalandia (actual Malawi), desde 1953 a 1963 co nome de Federación Centroafricana. A partir da década de 1930 a presión simultánea desde Salisbury e Lusaka para crear unha federación que incluíse tamén Nyasalandia chocou cunha forte resistencia en Londres, que quería garantir os dereitos dos africanos. Non obstante, a insistencia dos brancos de Rhodesia do Sur atopou un apoio favorable entre os conservadores británicos. En 1953 o goberno de W. Churchill autorizou a creación dunha federación cunha ampla autonomía, que conseguiu diversos avances económicos, pero topou coa resistencia dos nacionalistas africanos estimulados pola independencia de toda África negra e dirixidos por Hastings Banda en Nyasalandia e por Kennet Kaunda en Rhodesia do Norte. A federación disolveuse definitivamente o 31 de decembro de 1963.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ecuación diferencial da forma y’ = dy/dx = f1(x) + yf2 (x) + y2f3(x). Non ten unha solución xeral calculable por cuadraturas, pero se se coñece unha solución particular y0, é fácil atopar a súa solución xeral.
-
PERSOEIRO
Escultor e ourive. De nome Andrea Briosco, traballou preferentemente o bronce. Foi un dos principais representantes da escola de Padua, e recibiu a influencia da escultura florentina a través de Donatello. Da súa produción destaca o Sepulcro de A. Trombetta (1518?) na basílica de Sant’Antonio de Padua, os Relevos da Vera Cruz e a Tumba de Girolamo Della Torre (1516-1521).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Biblista. Foi sacerdote (1913) e abade dos cóengos regulares de Letrán. Da súa produción destacan os estudos Storia d’Israele (1932-3194), A Vita di Cristo (1941), Paolo Apostolo (1949) ou Giuliano l’apostata (1956).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de ridiculizar.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Solución salina fisiolóxica que contén cloruros de sodio, de potasio e de calcio, e eventualmente doutros sales, que son os principais sales do líquido que baña normalmente as células.
-
PERSOEIRO
Novelista. Cultivador de múltiples xéneros literarios, destacou como autor de novelas de folletín, e considérase, xunto con Roa Bárcena, o creador do conto mexicano. Os seus relatos foron reunidos postumamente en Los cuentos del general (1896). Escribiu tamén Tradiciones y leyendas mexicanas, en colaboración con Juan de Dios Peza, e a novela histórica e de costumes Calvario y Tabor (1923).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de robotizar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
1resío.
-
PERSOEIRO
Relixioso e político. Desenvolveu unha intensa actividade a prol do alistamento para loitar na Guerra da Independencia e foi membro da Xunta Suprema e Gobernativa do Reino de Galicia. Cóengo na catedral de Santiago de Compostela, representou a Galicia nas Cortes de Cádiz (1813-1814) e foi un dos firmantes do Manifiesto de los Persas. Foi bispo de León desde 1814 ata a súa morte.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
rodicio.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Peza do muíño e doutros aparatos hidráulicos que consta dunha roda cunha serie de pas cóncavas axustadas que, ao recibir a auga, poñen en movemento a roda e todo o mecanismo.
-
LIÑAXES
Liñaxe de orixe galega que trae por armas, en campo de goles, un castelo de prata, sumada á torre da homenaxe dun busto de mouro cunha pedra entre as mans, e resaltada a porta dun guerreiro armado, cunha lanza na man destra e embrazado o brazo sinistro dunha rodela, levantada como para protexerse da pedra que vai tirar o mouro.
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte situado na parrroquia das Chás (Maceda). O seu cumio acada os 971 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xornalista. Foi colaboradora de Radiocadena Española, Faro de Vigo, La Voz de Galicia, A Nosa Terra, Diario 16, Leer, El Europeo, El Independente, a CNN e a BBC. En 1988 ingresou en TVE e foi correspondente no centro e leste de Europa e en Oriente Medio. Escribiu La guerra sin frentes. De Bagdad a Sarajevo: memorias de una enviada especial (1998) e Acabar con el personaje (2005). Recibiu o Premio Galicia en Feminino á difusión da imaxe non discriminatoria das mulleres (2002).
VER O DETALLE DO TERMO