Rhodesia e Nyasalandia, Federación de

Rhodesia e Nyasalandia, Federación de

Unión administrativa e política entre Rhodesia do Sur (actual Zimbabwe), Rhodesia do Norte (actual Zambia) e Nyasalandia (actual Malawi), desde 1953 a 1963 co nome de Federación Centroafricana. A partir da década de 1930 a presión simultánea desde Salisbury e Lusaka para crear unha federación que incluíse tamén Nyasalandia chocou cunha forte resistencia en Londres, que quería garantir os dereitos dos africanos. Non obstante, a insistencia dos brancos de Rhodesia do Sur atopou un apoio favorable entre os conservadores británicos. En 1953 o goberno de W. Churchill autorizou a creación dunha federación cunha ampla autonomía, que conseguiu diversos avances económicos, pero topou coa resistencia dos nacionalistas africanos estimulados pola independencia de toda África negra e dirixidos por Hastings Banda en Nyasalandia e por Kennet Kaunda en Rhodesia do Norte. A federación disolveuse definitivamente o 31 de decembro de 1963.

Palabras veciñas

Rhodesia | Rhodesia do Norte | Rhodesia do Sur | Rhodesia e Nyasalandia, Federación de | Rhodesia, home de | rhodinol | Rhododendron