Rhodesia, home de
Rhodesia, home de
Restos dun home antigo, atopados no xacemento de Broken Hill (actual Kabwe), antigo protectorado de Rhodesia e actualmente pertencente a Zambia. A explotación mineira, cinc e chumbo, fixo atopar en 1921 un cranio, e máis tarde, outros restos. O denominado home de Rhodesia ou de Broken Hill (Homo rhodesiensis) é semellante ao home de Neanderthal, con menos capacidade craniana e arcos orbitais menos saíntes. Aseméllase tamén ás razas australianas actuais. Datacións recentes déronlle unha antigüidade de máis de 100.000 anos.