"CIO" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 4772.

  • Divindade grega, de orixe frixia. Fillo de Perséfone, o seu culto, popular e asociado ao de Dionísio, era esotérico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de sacarificar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Oficio ou dignidade de sacerdote. É unha institución común a todas as relixións, exercida de diversas maneiras que forma parte da actividade social dun grupo. Aínda que nun principio non parece que fora un servizo específico dunha caste, comezou a ser exercido por reis, xefes de tribo ou de familia que máis tarde, para exonerarse de múltiples responsabilidades, delegaron en persoas con dedicación plena. A proliferación do politeísmo levou a unha posterior especificación sacerdotal, non só polo que respecta aos cultos e aos santuarios, senón tamén ás funcións (augures, sacrificadores, cantores). Isto deu orixe ás castes e ás familias sacerdotais. O oficio supuña unha esixencia ritual ou consagración diversa das condicións de pureza esixidas ao individuo á hora de cumprir o rito. Outra categoría de sacerdocio, igualmente primitiva, provén da capacidade especial dalgúns individuos (curandeiro, adiviño, feiticeiro, exorcista, profeta) e da posibilidade superior de entrar en contacto coa divindade...

    2. Exercicio dunha profesión ou dun ministerio que esixe unha alta virtude.

    3. Conxunto dos sacerdotes dunha rexión ou dunha relixión determinada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ecuación que permite o cálculo da entropía total de traslación dun gas monoatómico a partir da masa molecular, da temperatura e da presión.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de sacralizar ou sacralizarse.

    2. Unión ósea, anómala e conxénita, que se produce entre a quinta vértebra lumbar e o sacro, acompañada do crecemento das apófises transversais daquela.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de sacrificar ou de sacrificarse.

      1. Doazón, renuncia ou inmolación que fai unha persoa ou unha comunidade relixiosa á divindade, como resposta á súa manifestación previa. Parte integrante do culto, o sacrificio é máis que a simple ofrenda e comporta a destrución, sexa en forma de comida, cremación, libación ou doutro modo, dunha vítima. A destrución e a morte atópanse no centro do sacrificio. A teoría moderna de orixe predeística do sacrificio afirma que este é unha acción máxica, sobre todo naqueles casos nos que a vítima é aniquilada. Outra concepción considera o sacrificio como ofrenda, baseada nun concepto de deus antropomórfico e no convencimento de que a ofrenda é compracente a un Deus persoal. Segundo unha concepción antiga, testemuñada pola narración bíblica dos sacrificios de Caín e de Abel, así como pola Ética a Nicómaco de Aristóteles, a ofrenda das primicias foi a forma máis primitiva de sacrificio. Modernamente, W. Schmidt mantivo esta teoría e afirmou que a ofrenda principal era un recoñecemento por...

      2. sacrificio da cruz

        Morte voluntaria de Xesús na cruz para expiar os pecados do home.

      3. sacrificio incruento/sacrificio do altar/santo sacrificio

        Celebración da misa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Saco pequeno.

    2. Calidade de saculado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Reunión de delegados do AIT celebrado en Saint-Imier (cantón de Berna, Suíza) o 9 de setembro de 1872, despois da retirada da minoría bakunista do Congreso Internacional da Haia (2-7 setembro de 1872). Asistiron quince delegados en nome de cinco federacións rexionais (España, Italia, Francia, Jura e EE UU). Aprobouse un pacto de amizade, solidariedade e defensa mutua entre federacións libres, o Pacto de Saint-Imier, que proclamaba a case total autonomía das federacións.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pedagoga. Comezou os estudos de maxisterio en Santiago de Compostela e rematounos en Madrid. Foi profesora da Escuela Superior de Magisterio de Madrid e substituíu a Pedro de Alcántara na cátedra de pedagoxía da Asociación para la Enseñanza de la Mujer. Participou no Congreso Nacional Pedagógico de 1882 en defensa da educación da muller. Pertenceu á ILE e organizou as súas colonias. Escribía en La Escuela Moderna e publicou varios libros, de tema pedagóxico fundamentalmente, Cartas pedagógicas. Ensayo de psicología pedagógica (1895), ultimou a edición do tomo V de Teoría y práctica de la educación y la enseñanza de Alcántara y García (1908), Lecturas escolares (1913-1928), Dos meses por las escuelas de Londres (1911), como consecuencia da súa estadía en Londres onde estudou a sección pedagóxica franco-británica, e El método de la escuela renovada de Milán (1930). Tamén publicou Un episodio que no escribió Galdós. La Revolución...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Reacción de formación dun sal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Proceso de acumulación de sales nos solos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de salivar.

    2. ptialismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Feira de carácter internacional que se celebra anualmente desde 1981 en Barcelona para promover o coñecemento do cómic e que serve como foro para debater a súa situación. Conta coa participación de destacados ilustradores de todo o mundo e desenvolve un Taller de Còmic e unha Comiteca, dirixida aos máis pequenos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tipo de transporte de sedimentos por parte da auga ou do aire. A saltación hidráulica é o transporte descontinuo de areas ou de gravas, máis grandes que as transportadas en suspensión arremuiñada, pero máis pequenas ca os materiais levados a rolos ou arrastrados polo fondo. A saltación eólica, máis sistematizada, é o transporte por deriva eólica non rodada de grans entre 0,2 e 0,5 mm de diámetro.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Acción e efecto de salvar ou salvarse.

      2. Estado, coñecido xeralmente como ofrenda ao home, en que o ser humano acada a súa plena identidade, liberado do mal e moi a miúdo da mesma morte. A historia comparada das relixións pon de manifesto a imposibilidade dunha definición unívoca e ríxida da idea de salvación. Pódese distinguir entre un concepto de salvación especificamente transcendente (a salvación é unha graza), outro estritamente antropolóxico-inmanente (a salvación é a posibilidade e a obra do home mesmo) e un terceiro de carácter mixto. A comprensión cristiá da salvación supón unha referencia fundamental a un estado de liberación do pecado e á posibilidade dunha vida nova. A salvación supón unha redención, inclúe unha iniciativa de Deus e unha busca á resposta humana.

    1. Aquilo que salva ou que serve como medio para salvarse.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Samotracia ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Samotracia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Friol baixo a advocación de san Cibrao.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Alacant, Comunitat Valenciana (4.039 h [2001]). Destacan os cultivos de regadío: hortalizas, trigo, cítricos e outras árbores froiteiras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Begonte baixo a advocación san Martiño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello do Incio baixo a advocación de san Pedro.

    VER O DETALLE DO TERMO