salvación

salvación

(< lat salvatiōne)

  1. s f
    1. Acción e efecto de salvar ou salvarse.

    2. [RELIX]

      Estado, coñecido xeralmente como ofrenda ao home, en que o ser humano acada a súa plena identidade, liberado do mal e moi a miúdo da mesma morte. A historia comparada das relixións pon de manifesto a imposibilidade dunha definición unívoca e ríxida da idea de salvación. Pódese distinguir entre un concepto de salvación especificamente transcendente (a salvación é unha graza), outro estritamente antropolóxico-inmanente (a salvación é a posibilidade e a obra do home mesmo) e un terceiro de carácter mixto. A comprensión cristiá da salvación supón unha referencia fundamental a un estado de liberación do pecado e á posibilidade dunha vida nova. A salvación supón unha redención, inclúe unha iniciativa de Deus e unha busca á resposta humana.

  2. s f

    Aquilo que salva ou que serve como medio para salvarse.