Salvador
Salvador
[ONOM]
Antropónimo masculino procedente do latín salvatore ‘salvador’, que naceu nos ambientes cristiáns dos primeiros séculos. Máis ca un simple atributo de Cristo, quería ser unha interpretación do nome de Xesús porque había de salvar o seu pobo do pecado. E así, no ambiente xudeu-helenístico, o hebreo Yeshu’, que en realidade é unha forma abreviada de Ye`oshu’ ‘Deus é a salvación’, interpretouse como derivado directo da raíz yasha’ ‘el salvou’, ‘que salva, salvador’. En latín non había unha palabra para expresar este concepto ata que na época cristiá a forma en latín salvus tomou un novo valor espiritual e comezou a usarse o adxectivo salvator referido a Cristo.