"An" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Dise do ligamento dos tecidos que é ou ten o aspecto de tafetá.
-
IGREXAS
Igrexa parroquial de tipo mariñeiro construída a finais do s XV en Laxe; sitúase dentro do grupo máis arcaico de estilo tardogótico. A súa planta é rectangular e está cuberta a dúas augas con artesoado de madeira. O presbiterio está cuberto cunha bóveda de crucería. Aínda que resolta cunha grande austeridade decorativa, conserva un retablo gótico de granito formado por cinco taboleiros nos que se representan escenas da Paixón de Cristo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Filme dirixido por Jean Vigo e interpretado por Michel Simon, Jean Dasté, Dita Parlo e Gilles Margaritis. Conta a vida dunha parella de recén casados, formada polo mariñeiro Jean (Jean Dasté) e a súa muller Juliette (Dita Parlo) a bordo dunha barcaza fluvial, que comparten co vello Jules (Michel Simon), e o seu axudante (Louis Lefebvre). O conflito xorde trala voda, cando Jean se sente afundir na rutina da vida cotiá e tenta fuxir cara á cidade, chea de tentacións.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Nome de diversos cargos militares e administrativos dos exércitos cosacos. Desde 1835 a 1917 o título de atamán foi propio do príncipe herdeiro de todas as Rusias.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que é do tamaño desexado ou aproximándose a el.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Pór unha peza ou cousa do tamaño que precisa a obra que se está a facer.
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Pantón baixo a advocación de santo Estevo.
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa románica de Pantón que pertencía a unha fundación monástica bieita e que agora é unha igrexa parroquial. Tipo de construción de nave e presbiterio únicos na que o máis salientable son as portadas e os beirados, cun traslado pouco usual dos canzorros do muro sur da nave á casa reitoral anexa. A porta norte ten o arco, lixeiramente apuntado, en bocel, sobre o que se dispoñen cinco arquiños que non abranguen toda a rosca. Os capiteis que sosteñen a arquivolta son góticos. O seu repertorio iconográfico e decorativo semellan relacionala co obradoiro xurdido en San Xoán de Portomarín, que difundiu as súas solucións pola comarca. A data de construción desta igrexa sitúase ao redor do 1225. Este monumento foi declarado Ben de Interese Cultural en 1975.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor serbio romántico. Algunhas das súas mellores obras son a narración longa Bunjevka (1851) e a novela Dva Idola (Dous ídolos, 1852).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Nome romanizado dunha das cidades máis importantes dos ilerxetes no s III a C. Non está localizada.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Curtir as peles con casca de carballo e aciñeira para poder traballar mellor nelas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Carácter de letra de catorce puntos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo procedente do grego Athanasios, derivado de thanatos ( ϴ άνατος) ‘morte’ co prefixo privativo a-; isto é, ‘o inmortal’. Coñécense con este nome: santo Atanasio o Grande (295-373), Patriarca de Alexandría, que se enfrontou á herexía de Ario, e un dos discípulos de Santiago que seica trouxo a Compostela o corpo do apóstolo; e santo Atanasio de Athos (920-1003), abade que fundou no monte Athos o mosteiro da Gran Laura.
-
VER O DETALLE DO TERMO
o Grande , santo (Alexandría 295? - ? 373) Patriarca de Alexandría dende 328 a 373, Doutor da Igrexa, e un dos catro grandes pais orientais. Sucedeu ao Patriarca Alexandre. Asistiu ao Concilio de Nicea, celebrado no 325, onde se enfrontou á doutrina de Ario ( arianismo), negadora da divindade de Cristo, e acadou que o Concilio heretizase o Arianismo e introducise no Credo frases radicalmente opostas aos preceptos arianistas: “nado do Pai antes de todos os séculos, Deus de Deus, luz de luz, Deus verdadeiro de Deus verdadeiro, xerado, non creado, da mesma natureza ca o Pai”. Durante as subseguintes loitas foi desterrado cinco veces da sé bispal (336, 339, 356, 362, 365). A súa actividade como grande opositor do Arianismo maniféstase, tanto nas súas obras De incarnatione (A encarnación) e Adversus arrianos (Contra aos arianos), como no Sínodo Alexandrino de 362, onde se chegou á formulación do concepto de ‘Persoa’ (divina), en...
-
VER O DETALLE DO TERMO
, santo (Trebisonda 920 - Athos 1003) Abade. Monxe en Bitinia, no 953 pasou ao monte Athos, onde fundou o mosteiro despois chamado a Gran Laura e organizou a vida monástica na península de Athos. A súa festa celébrase o 5 de xullo.
-
PERSOEIRO
Rei visigodo (554-567). Estableceu a corte en Toledo e amosouse tolerante cos cristiáns. Loitou pola unificación peninsular e conquistou Sevilla aos bizantinos, aínda que ao morrer subsistiron as posesións de Bizancio, ao sur, e o reino dos suevos, ao noroeste.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Chegar a tocar, coller algunha cousa que non está moi preto ou que non está ao alcance.
-
Chegar a ter ou a tocar algo que se desexa.
-
Incidir unha cousa sobre algo ou alguén.
-
-
-
Roer cos dentes unha cousa repetidas veces e collendo un pouco de cada vez.
-
Morder unha froita ou obxecto deixando nela impresa a marca dos dentes.
-
Riscar cos dentes ou cun obxecto cortante a casca da castaña para que non estoupe ao asala.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome do forno para calcinar.
-
-
Relativo ou pertencente aos atapascanos.
-
Individuo dunha gran familia de pobos indíxenas de América do Norte constituída por etnias moi diversas culturalmente e antropoloxicamente, que teñen en común a orixe histórica e o parentesco lingüístico consecuente. O centro de dispersión dos atapascanos é probablemente a zona do lago Athabasca, Canadá. Desde este punto, e ata o s XVI, estendéronse cara ao S, ao longo do O dos EEUU, ata chegar ás fronteiras actuais de México. O grupo da área cultural do sudoeste é o máis numeroso e homoxéneo (apache, navaho, kiowa-apache, etc). Actualmente quedan uns 120.000 individuos.
-
Grupo de linguas faladas no Canadá. O lingüista Sapir engadiu ao atapascano as linguas haida, tlingit e eyak, e constituíu a gran familia na-dené. A lingua atapascana máis coñecida actualmente é o navaho que, cuns 140.000 falantes, é unha das linguas de América con máis vitalidade.
-