"CIO" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 4772.
-
-
-
Acción e efecto de seleccionar.
-
selección artificial
Elección dos reprodutores que levan determinadas características para que se conserven na descendencia.
-
selección biolóxica
Selección que permite sobrevivir a certos organismos adaptados a unhas condicións ambientais cambiantes a causa da produción de mutantes non letais como resultado de cambios de secuencia de bases do xenoma.
-
selección clonal
Hipótese segundo a que todas as células formadoras de anticorpos son xeneticamente idénticas pero que se presentan en moitos tipos diversos (clons), dos que cada un ten a capacidade de formar un só tipo de anticorpo cunha secuencia de aminoácidos característica.
-
selección natural
Mecanismo principal dos cambios evolutivos nos seres vivos, proposto por Ch. Darwin en 1859 na obra On the Origin of Species, segundo o que o feito de que nas poboacións naturais subsistisen os individuos máis eficientes é consecuencia da loita pola vida e da supervivencia do máis apto. Nos organismos prodúcense certas variacións que representan algunha vantaxe para o individuo, que ten máis éxito reprodutivo e aumenta a súa descendencia. Por medio da acumulación sucesiva das variacións nunha mesma dirección, pode chegar a producirse, finalmente, unha nova especie. Co desenvolvemento da xenética observouse que as variacións corresponden a mutacións e que a selección natural actúa como unha criba de mutantes, que se seleccionan pola súa eficacia biolóxica. O valor de adaptación dun xenotipo depende do medio en que vive o seu portador, e entre todos os mutantes producidos ao azar, o medio selecciona aos que, casualmente, están mellor adaptados a ese ambiente concreto. Cuantitativamente,...
-
-
-
Conxunto de varias persoas ou cousas seleccionadas.
-
Equipo formado polos mellores xogadores de varios equipos.
-
-
-
-
Que ou quen selecciona.
-
Persoa encargada da elección e formación dos deportistas que van formar parte dunha selección.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Elixir algo ou a alguén entre varias persoas ou cousas, xeralmente as máis axeitadas para unha finalidade concreta.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Distribuidora cinematográfica fundada por Albino Francesch en 1920 que abrangueu todo o territorio galego e mantivo de xeito regular as súas actividades durante o período franquista. Posuíu tres salas de cine e foi a única firma galega que durante eses anos importou películas de forma ocasional.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Equipo de investigación dependente da Real Academia Galega, fundado a finais de 1980 e dirixido por Guillermo Rojo (1990-1994) e Manuel González (desde 1994). Está formado por un equipo multidisciplinar que conta con psicólogos, sociólogos, lingüistas e sociolingüistas. Realizou o Mapa Sociolingüístico de Galicia, do que se publicaron tres volumes (Lingua galega e competencia lingüística en Galicia, 1994; Usos lingüísticos en Galicia, 1995 e Actitudes lingüísticas en Galicia, 1996). Participou en diversos proxectos europeos, en colaboración con socios de Irlanda, Holanda, Gales, Catalunya e Euskadi. No 2004 publicou a monografía O galego segundo a mocidade, na que combinando diversas técnicas de tipo cualitativo (grupos de discusión, entrevistas en profundidade e técnica de máscaras) se chega á conclusión de que as actitudes da mocidade cara ao galego non son tan favorables como reflectían as enquisas de carácter cuantitativo. No 2005 realizou unha actualización dos datos do Mapa sociolingüístico,...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Seminario permanente que se creou en 1985 promovido por un grupo de profesionais dos distintos niveis do ensino sensibilizados diante da ausencia de materiais didácticos e reflexións teóricas sobre a educación para a paz en xeral ou especificamente sobre os dereitos humanos, a tolerancia, a solidariedade, o ecopacifismo, a solución pacífica de conflitos, a interculturalidade ou a cultura de paz. O seu primeiro coordinador foi o profesor Calo Iglesias Díaz e, desde 1994, convertido xa nunha ONG, está presidido por Manuel Dios Diz. Forma parte da Coordinadora Galega de ONG’s para o Desenvolvemento e da Coordinadora Galega pola Paz. No ámbito internacional forma parte dos Comités Asesores Internacionais de Hague Appeal for Peace, da Asociación Internacional de Educación para a Paz (AIEP) e da Fundación Cultura de Paz. Promoveu e coordinou o Congreso Europeo de Educación para a Paz, celebrado en Santiago de Compostela en 1994, así como o Congreso Mundial de Educación e Cultura de Paz, celebrado...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Parte dun movemento periódico correspondente á metade dunha oscilación, como a comprendida entre os momentos t=0 e t=T/2, sendo T o período. En particular, no movemento harmónico a elongación máxima denomínase amplitude de semioscilación.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase ás pedras non preciosas que se empregan en xoiaría. O seu emprego non está autorizado pola Confederación Internacional de Xoiaría e Ourivaría.
-
-
Cada un dos procesos de oxidación ou de redución cando se consideran por separado nunha reacción de oxidación-redución.
-
Tempo preciso para que, nunha reacción química, a concentración dun substrato inicial se reduza á metade.
-
-
PERSOEIRO
Escritor, filósofo e político. Os seus mestres eclécticos iniciárono na práctica de doutrinas austeras e exerceron sobre el unha influencia intelectualmente moi profunda que configuraron o seu estoicismo, humanizado polo sentimento e a unidade de estilo e de pensamento que liga a súa obra. Comezou a carreira de dereito que abandonou pola envexa de Calígula. Consagrouse á filosofía e ás letras, frecuentou a alta sociedade e converteuse en home desexado pola xente refinada. Foi acusado de adulterio e condenado a morte polo Senado, pero Claudio impediu que a sentenza se cumprise, e foi exiliado a Córsega. Volveu como preceptor de Nerón e comezou a súa época política. Ao desatarse a crueldade de Nerón retirouse dos asuntos públicos, pero non atopou a tranquilidade que desexaba. Suicidouse por orde do emperador. Nas súas obras rompeu co período ciceroniano e empregou unhas frases en que predomina a brevidade, a repetición, a asimetría e a antítese, cun estilo cheo de observación psicolóxica....
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de plantas herbáceas ou subarbustivas, da familia das asteráceas, de follas enteiras, crenadas, pinnatífidas ou pinnatisectas, con flores amarelas en capítulos, as periféricas xeralmente liguladas, e froito en aquenio provisto de vilano. En Galicia as especies máis coñecidas son S. jacobea (herba de Santiago), S. vulgaris (herba cana), S. mikanoides, procedente de África e que florece entre Nadal e xaneiro, S. nemorensis e S. aquaticus, que habitan en bosques húmidos e florecen principalmente no verán e S. sylvaticus e S. lividus, que florecen entre abril e outubro, pero a última especie só en zonas baixas.
-
-
Percepción dunha impresión recibida na periferia por un nervio sensitivo que a transmite dos órganos dos sentidos aos centros nerviosos.
-
-
Impresión causada no suxeito mediante os sentidos. Como un momento primario do proceso cognoscitivo, diferente da percepción, a sensación non se dá no home independentemente desa percepción e é á vez ordenada coa mesma aprehensión intelectual. Obxecto, en Kant, da estética transcendental, o feito de que esta siga unha parte da Kritik der reinen Vernunft manifesta a mutua relación intrínseca e á vez a relativa distinción dos momentos que integran o proceso cognoscitivo. O mesmo tratamento fixo Hegel. Polo que se refire á comprensión psicolóxica da sensación, enténdese a experiencia sensible como resultado dun estímulo e da súa recepción activa por parte do correspondente centro cerebral específico. Contemporaneamente, a psicoloxía deu un novo pulo ás investigacións sobre a sensibilidade. Os traballos experimentais sobre as sensacións tratan xeralmente sobre os tipos de estímulos, sobre os linteis de sensibilidade, sobre a adaptación dos sentidos e sobre as bases fisiolóxicas da...
-
sensación consecutiva
Prolongación dunha vivencia sensorial, cando o estímulo externo xa non actúa (efecto postimaxe).
-
-
Sentimento que afecta ao espirito.
-
Impresión forte de sorpresa, estupor ou admiración que causa algunha cousa.
-
-
-
Que causa unha impresión ou efecto forte nas persoas.
-
Que é moi bo ou que destaca pola súa calidade.
-
-
-
Tendencia a difundir noticias ou expoñer feitos dunha maneira espectacular para centrar a atención e causar sensación.
-
sensualismo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao sensacionalismo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de sensibilizar ou sensibilizarse.
-
-
Relativo ou pertencente á sentenza.
-
Que fala de maneira afectada, coma se o fixese con sentenzas.
-
-
-
-
-
Acción e efecto de separar ou separarse.
-
separación conxugal
Suspensión da vida conxugal sen ruptura do vínculo, denominada tamén divorcio imperfecto ou non vincular. Unha vez declarada, impide volver a contraer matrimonio. A acción procesual é demandada persoalmente pola parte prexudicada aos tribunais eclesiásticos diocesanos (Primeira Instancia), metropolitanos (Segunda Instancia) ou ao Tribunal da Rota Romana. O Código Civil admítea cando a demandan conxuntamente os dous cónxuxes; un só co consentimento do outro, ou nos casos de abandono inxustificado do fogar, infidelidade conxugal, violación grave e reiterada dos deberes conxugais ou cara aos fillos, por alcoholismo, toxicomanía ou perturbación mental; e condena en sentenza firme por atentado contra a vida do cónxuxe ou dos seus descendentes ou ascendentes.
-
separación de bens
Réxime económico matrimonial en que cada cónxuxe conserva a propiedade de todos os seus bens, así como a administración e o gozo dos mesmos con total independencia.
-
separación de poderes
Declaración formal perante notario ou xuíz pola que o apoderado cesa nas súas funcións á aquela persoa que o representa.
-
separación do servizo /
Pena aplicable a membros do exército que consiste no despedimento e na privación do seu cargo por sentenza de consello de guerra. De carácter permanente, só permite a rehabilitación en virtude dunha lei.
-
separación do servizo
Sanción disciplinaria dun funcionario público por causa de falta moi grave que comporta a perda da condición funcionarial.
-
-
Espazo que separa dúas cousas.
-
Operación de separar un mineral da ganga que o acompaña. Pode ser efectuada con auga, por aire ou nun medio denso. Os tres métodos baséanse na diferenza de densidade do mineral útil e da ganga.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción ou efecto de seriar.