"An" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
PERSOEIRO
Novelista inglesa. As súas primeiras novelas como Sense and Sensibility (Sentido e sensibilidade, 1811), opuxéronse ás modas literarias. A pesar do talento literario, a sinxeleza de expresión, o humor e a agudeza psicolóxica, non chegou a triunfar en vida. Nas obras de madurez, Pride and Prejudice (Orgullo e prexuízo, 1813) e Persuasion (Persuasión, 1818), critica a sociedade da época pola falsidade e a vulgaridade da vida.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Filósofo. Especializouse no estudo da linguaxe ordinaria ao considerar que desentrañar as falacias é previo a calquera filosofía rigorosa. A súa obra está reunida en Philosophical Paper (Documento de filosofía, 1961), Sense and Sensibilia (Sentido e sentimento, 1962), How to do Things with Words (Cómo facer cousas con palabras, 1962).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Océano Antártico.
-
GOLFOS
Golfo de Australia, no Océano Índico, situado na costa meridional, ao L do cabo Otway.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente a Australia -considerada como continente ou como estado-, ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de Australia.
-
-
Relativo ou pertencente ao reino bioxeográfico australiano.
-
reino australiano
Segundo algúns botánicos, reino fitoxeográfico, rico en endemismos, que comprende basicamente o continente australiano e Tasmania. Considérase unha restrición do reino australo-papú.
-
-
-
Relativo ou pertencente aos aborixes de Australia.
-
Pobo establecido en Australia procedente da Asia meridional hai 40.000 anos. Estímase que no momento da chegada dos europeos o seu número oscilaba entre os 300.000 e o millón de individuos. Habitaban sobre todo no litoral e comprendían un gran número de grupos territoriais e lingüísticos, aínda que con límites pouco determinados entre eles. Non obstante , a presión dos colonos desprazounos cara ás zonas desérticas e máis inhóspitas do interior. No ano 1993 os aborixes australianos eran uns 260.000 individuos (1,5% da poboación australiana), número que incluía unha maioría de mestizos, feito que sinala unha certa recuperación da poboación aborixe (138.000 en 1980). Actualmente, só unha minoría mantén as formas de vida tradicional dun xeito máis ou menos intacto. O contacto coa cultura occidental modificou profundamente a forma de vida dos australianos, o que comportaba un grao considerable de degradación, tanto no plano individual como no colectivo: introdución de enfermidades, de bebidas...
-
grupo humano australiano
Grupo humano que se localiza na illa de Australia, afastada bioxeograficamente do continente asiático pola liña Wallace. A orixe deste grupo é incerta: unha teoría sostén que é o resultado dunha evolución autónoma de tipos humanos instalados dende os primeiros momentos da ocupación humana das illas do sueste asiático (‘home de Xava’); outra, sen embargo, mantén que chegaron hai 40.000 anos procedentes da última expansión da humanidade moderna polo mundo. Algúns autores defenden a existencia de tres tipos diferenciados no seo do grupo australiano: barriniano, murraiano e carpentariano, aos que relacionan cunha ocupación da illa por vagas sucesivas e con elementos humanos diferentes. Non obstante , considerados globalmente, os aborixes australianos son bastante homoxéneos pola súa estrutura corporal, con predominio dos tipos lonxíneos, malia a gran diversidade ambiental en que viven (dende os desertos centrais aos bosques tropicais do norte). O tronco é alongado, con ombreiros e cadeiras...
-
-
Arte desenvolvida na moderna Australia. A pintura, fortemente nacionalista, centrouse na paisaxe. Os primeiros pintores eran topógrafos estranxeiros, especialmente ingleses. O primeiro grande artista foi Arthur Streeton (1867-1943), relacionado co Impresionismo. George Bell e a Herald Exhibition of Modern European Painting (1939) conseguiron poñer aos artistas locais en contacto coas novas correntes artísticas. Posteriormente triunfou o Expresionismo. Russell Drysdale nas súas creacións narra nostalxicamente a vida rural dos antigos colonos; Arthur Boyd e Sidney Nolan, pintor das montañas de Australia central, quen transmite a desolación próxima ao Surrealismo, cultivaron un espírito plein air. Fred Williams asimila influencias fauvistas e cubistas. En arquitectura, despois dun primeiro período colonial (obras de Francis H. Greenway), existiu un período contemporáneo no que se constrúen edificios culturais. Destacan tamén no apartado arquitectónico as obras de R. Grounds, F. Hassell...
-
...
-
-
PERSOEIRO
Fillo natural do Emperador Carlos V e de Bárbara Blomberg. No 1559 foi recoñecido polo seu irmán Filipe II de Castela. Nomeado capitán xeral do Mediterráneo (1568), loitou contra turcos e bérberes baixo a tutela do seu conselleiro Luís de Requesens. No 1569 someteu a revolta mourisca das Alpujarras. Uns anos máis tarde venceu a flota turca na batalla de Lepanto (1574). Foi vicerrei de Nápoles (1575-1576) e, á morte de Luís de Requesens, sucedeuno como gobernador dos Países Baixos.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político e militar. Fillo natural de Filipe IV de Castela e da actriz María Calderón, chamada La Calderona. No ano 1642 foi recoñecido polo seu pai. Vicerrei de Sicilia (1648-1651), entre o 1651 e o 1652, xunto co marqués de Mortarra, dirixiu o asedio de Barcelona. Nomeárono lugartenente de Catalunya no 1653-1656 e gobernador de Flandres no 1656-1659; ademais exerceu sen éxito o mando do exército de Portugal (1661-1664). No 1676 foi nomeado Primeiro Ministro. Durante o seu goberno asinouse a Paz de Nimega (1678).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Conflito bélico motivado pola rivalidade entre Austria e Prusia pola hexemonía dentro do conxunto de estados alemáns, provocado por mor da administración conxunta dos ducados de Schleswig e Holstein, que foran cedidos por Dinamarca como consecuencia da guerra de 1864.Ó remate do conflito, Austria quedou completamente apartada de Alemaña, foi disolta a Confederación Xermánica, e Prusia incorporou Hannover, Hessen, Nassau, Frankfurt, Schleswig e Holstein. Austria perdeu o Véneto, que pasou a Italia, aliada de Prusia durante a guerra. A derrota influíu na nova forma de organización do Imperio de Austria, que se converteu na monarquía austrohúngara (1867).
-
-
Dise da rexión austral do Mediterráneo.
-
Provincia meridional da rexión mediterránea, que correspondente principalmente ao dominio dos maquis e dos espiñeirais.
-
-
PERSOEIRO
Segundo a tradición foi unha das once mil virxes martirizadas polos hunos en Colonia, xunto con santa Úrsula, á volta dunha peregrinación a Roma. As súas reliquias pasaron no ano 1517 ao convento lisboeta da Nai de Deus.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Realizador cinematográfico. Comezou a súa andaina dirixindo curtametraxes, cun estilo e vocación cheos de ilusión e entusiasmo, nun cine de calidade. Vinculouse á última vangarda. A súa arte revulsiva, moral e eficaz soubo alternar a dignidade coa denuncia. A realización dalgunhas películas de encargo, xunto coa inadaptación dalgúns dos seus actores aos papeis que el deseñaba, dan conta dalgúns altibaixos na súa carreira profesional. Dirixiu, entre outras: Le marriage de Chiffon (O casamento de Chiffon, 1941), Le diable au corps (O diaño no corpo, 1947), Les sept pechés capitaux (Os sete pecados capitais, 1952), Le rouge et le noir (O vermello e o negro, 1954), Le Comte de Monte Cristo (O Conde de Montecristo, 1961), Le plus vieux métier du monde (O oficio máis vello do mundo, 1967).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Investigación dos propios estados de consciencia e dos propios actos coa aplicación de certos procedementos do método psicanalítico: asociacións libres, análise dos soños, interpretación de comportamentos, etc.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Anticorpo que está activo fronte a un autoantíxeno que previamente determinou a súa formación. Os anticorpos antinucleares diríxense contra as proteínas do núcleo celular; os anticorpos antidesoxirribonucleicos contra o ácido desoxirribonucleico; os anticorpos antirribonucleicos contra o ácido ribonucleico; os anticorpos anticitoplasmáticos contra estruturas do citoplasma. Os autoanticorpos específicos de órganos só se dirixen contra un órgano concreto e os específicos de células, contra determinadas células. Todos estes anticorpos son de grande importancia na patoxenia e na diagnose das enfermidades autoinmunes.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Substancia dun tecido ou órgano que é percibido como un antíxeno fronte ao organismo ao que pertence. Provoca a formación de autoanticorpos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Investimento interno realizado por unha empresa mediante a operación de deducir unha parte dos beneficios destinándoa ao mencionado investimento. A finalidade básica do autofinanciamento é a de poder realizar os investimentos sen necesidade de recorrer a medios externos e evitar os custos financeiros correspondentes. É particularmente interesante para as pequenas empresas, que teñen un acceso limitado a outras fontes de financiamento, e é igualmente unha das fórmulas financeiras máis empregadas polos grandes grupos económicos dos países desenvolvidos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Reter e utilizar os beneficios e capital propios dunha empresa para desenvolver a produción.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Coeficiente de autoindución chamado normalmente indutancia.
-
PERSOEIRO
Matemático e astrónomo grego. É o autor da obra máis antiga da matemática grega conservada completa, coñecida como a Pequena Astronomía. Primitivamente estaba dividida en dúas partes: Da esfera en movemento e Da saída e a posta dos astros. Influíu en Euclides, máis novo ca el, e, posteriormente, nos matemáticos árabes.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
autolubricador.
-
-
Dise dun tipo de bóveda, xeralmente de formigón armado, cunha estabilidade que está asegurada pola súa propia rixidez, sen necesidade de reforzos.
-
Aplícase á carrocería ou á estrutura dun vehículo que constitúe un todo ríxido e que repousa directamente sobre a suspensión e as rodas sen necesidade de bastidor.
-