"CIO" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 4772.

  • Empresa constituída en 1908 dedicada á construción naval. Coñecida como La Naval, as súas orixes están nunha normativa para a reconstrución e modernización da armada española do 7 de xaneiro de 1908 pola que o goberno lle adxudicou o concurso para realizar o Plan de Escuadra Ferrándiz. A sociedade estaba formada maioritariamente por capital español, pero cunha importante presenza británica que representaba o 40% do capital. En xuño de 1909 produciuse o arrendo dos arsenais e estaleiros de Ferrol e Cartagena á empresa construtora. Durante o primeiro terzo do s XX monopolizou a construción naval en España, inspirada en buques da Royal Navy. Despois dun período de expansión e prosperidade, a Primeira Guerra Mundial supuxo un colapso na construción naval, que se recuperou na década de 1920 ata a crise de 1929. Na Segunda República atravesou dificultades económicas. Despois da Guerra Civil, en 1947 creouse, a partir dela, a Empresa Nacional Bazán de Construciones Navales Militares SA.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sociedade fundada en 1901 cun carácter de resistencia. En 1903 ingresou en UGT. Na década de 1920 adheriuse á Federación Regional de Obreros de la Industria Pesquera de Galicia e mudou o seu nome polo de Sociedad de Marineros y Oficios Varios. Durante a Segunda República integrouse na CNT e na Federación Regional de Industria Pesquera como Sindicato de Oficios Varios.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organismo internacional que se acordou crear na conferencia de paz de París o 28 de abril de 1919. A súa finalidade foi o mantemento da paz mediante a solución pacífica dos conflitos e o desenvolvemento das relacións internacionais. Os seus órganos básicos eran a asemblea, o consello e o secretariado. Estaban asociados outros organismos, como a OIT e o Tribunal Internacional de Xustiza. Non foi capaz de resolver os graves problemas internacionais nos anos que precederon á Segunda Guerra Mundial. Tamén se mostrou inoperante ante as guerras italo-etíope e española e o imperialismo de Hitler. A derradeira asemblea en abril de 1945 acordou a disolución e a transmisión de funcións á ONU.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Persoa que forma parte dunha sociedade ou asociación.

    2. Persoa asociada a outra ou outras para algún fin, especialmente un negocio.

    3. Persoa unida a outra por unha relación de amizade ou compañeirismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma prefixada de orixe latina que se emprega na formación de palabras co significado de ‘social’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Corrente evolutiva, desenvolvida por E. O. Wilson, que está enmarcada dentro do neodarwinismo. A interpretación que fai da xerarquía existente na maior parte das sociedades animais (incluída a do home), ás que se atribúe unha causa xenética, fundaméntase en que os mellores individuos son os que mandan e os menos bos os que obedecen, debido a un proceso de selección natural. As bases da sociobioloxía están en desacordo coa xenética moderna.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á cultura propia dun grupo social.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ás condicións sociais e económicas dunha colectividade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Representación gráfica dos resultados obtidos en sociometría.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Especialista en sociolingüística.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Rama da lingüística que estuda as relacións entre lingua, cultura e sociedade. O enfoque sociolingüístico é, en primeiro lugar, situacional. O ámbito de uso dunha forma ou variedade é o conxunto de ocasións en que é usada, e expresa a posición, a extensión e a distribución relativas dentro dos sistemas socioculturais. Ademais de ámbitos lingüísticos, hai ámbitos de comunicación; e a imbricación entre uns e outros é un fenómeno universal. A imbricación sociolingüística implica tanto a complexidade sociocultural interna (distribución) dos ámbitos lingüísticos como a diferenciación lingüística (diversidade ou variación) dos ámbitos de comunicación. A sociolingüística moderna emerxe como paradigma cara ao 1953 e comeza a cristalizar nunha disciplina contra a década de 1970. Aínda que, a partir do precursor Uriel Weinreich, o núcleo inicial máis importante foi estadounidense (J. Fishman, Ch. Ferguson, W. Labov, E. Haugen, J. Gumperz, D. Hymes, S. Ervin-Tripp, S. Lieberson e outros) houbo tamén...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á sociolingüística.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Especialista en socioloxía.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Ciencia social que ten por obxecto o estudo racional e crítico da sociedade humana. Investiga a dimensión social do home, tanto no aspecto permanente (grupos, institucións e estruturas sociais) como no aspecto dinámico (tensións, conflitos, transformacións). Estuda, en calquera nivel da realidade social, conxuntos complexos de fenómenos sociais, interconectando zonas diferentes de causación (factores demográficos, económicos, políticos) para poder explicalos de forma científica. Coa Ilustración e co triunfo das revolucións burguesas elaboráronse os primeiros programas para estudar a sociedade. Os principios (A. Comte, H. Spencer) caracterizáronse pola construción de teorías moi xerais da sociedade, imbuídas de positivismo, evolucionismo e confianza no progreso. A tarefa consistiu na institucionalización da disciplina e na crítica da fase dogmática e idealista. Tönnies, Pareto, Durkheim, Weber e Simmel trataron de dilucidar a natureza da gran transformación do mundo producida polo capitalismo...

    2. Disciplina que trata das determinacións sociais dos contidos da consciencia. Pode atoparse a súa orixe no mito da caverna de Platón como mostra da dificultade da interpretación do mundo. Francis Bacon dicía que a comprensión de acontecementos estaba condicionada por prexuízos. A Ilustración e os seus sucesores enfatizaron a influencia nociva da ideoloxía sobre o coñecemento. Marx e Engels introduciron a noción da distorsión que operan os intereses de clase sobre o saber e coñecemento. Durkheim viu na estrutura social os fundamentos dos conceptos elementais mediante os que o individuo elabora a súa interpretación da realidade. Na liña da teoría marxista, K. Mannheim e G. Lukács intentaron establecer as súa bases como disciplina autónoma.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á socioloxía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Doutrina que interpreta a realidade, particularmente a humanopsicolóxica e histórica, desde un punto de vista sociolóxico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Método encamiñado a establecer a medida social grazas á estatística das apreciacións obtidas por medio de test sociométricos, a través dos que se analizan as atraccións, repulsións ou indiferenzas entre os individuos dun grupo restrinxido en función de criterios determinantes. Foi creada por J. L. Moreno.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Terapia que tende a reducir os trastornos mentais mediante a interacción do individuo e o medio social en que se atopa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénese e formación da psique a partir dos condicionamentos e determinantes sociolóxicos.

    VER O DETALLE DO TERMO