"To" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 13838.

  • Acción e efecto de desvendar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • desvergonza.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • desvergonza.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción de desvirgar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que detecta ou se utiliza para detectar.

      1. Dispositivo ou aparato que se utiliza para detectar ou descubrir a presenza dunha determinada substancia ou fenómeno físico. En función da medida física da substancia ou o fenómeno, existen distintos tipos de detectores para as distintas magnitudes.

      2. Dispositivo sensible ás correntes eléctricas de alta frecuencia que permite revelar a presenza de ondas ou de oscilacións radioeléctricas, e separar o sinal orixinal das modulacións para a obtención das informacións útiles. Chámase detector lineal se facilita un compoñente continuo proporcional á amplitude da oscilación sinusoidal que se lle aplica; cando a compoñente é proporcional ao cadrado desta amplitude chámase detector cuadrático, e se o detector se utiliza para separar a oscilación portadora e o sinal modulante, coñécese co nome de desmodulador. Un tipo especial de detector é o detector de relación, que se emprega en FM, tanto en radio como en TV, e que converte as variacións de frecuencia en variacións de amplitude.

      3. fotodetector.

      4. detector de gases

        Aparato que se utiliza para detectar a presenza de gases tóxicos ou inflamables. Un exemplo é o detector de grisú, que detecta e determina a presencia e a porcentaxe deste gas no aire dunha mina. Antigamente, utilizábanse paxaros como detectores dos gases tóxicos, posto que advertían, coa súa morte, da presenza do gas.

      5. detector de mentiras

        Dispositivo inventado polo inspector de policía de Chicago L. Keeler que rexistra as reaccións emocionais dunha persoa, o ritmo respiratorio, as pulsacións, a presión sanguínea e a resistencia eléctrica da pel, ante as preguntas que se lle formulan. Tales valores varían mentres a persoa sofre unha tensión emocional asociada á mentira. Utilízase sobre todo nos interrogatorios policiais.

      6. detector de metais

        Instrumento utilizado para detectar obxectos metálicos ocultos, tales como moedas, cables eléctricos, minas ou armas, mediante a modificación da indutancia dun sensor pola presenza do obxecto. Emprégase nos bancos ou nos aeroportos por razóns de seguridade.

      7. detector de partículas

        Aparato ou dispositivo que permite rexistrar a presenza de partículas de núcleos e evidenciar a súa enerxía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción de deter ou deterse, ou de dedicar tempo a facer algo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Persoa que retén algunha cousa que non é súa.

    2. Fiduciario ou calquera dos seus herdeiros que non entregan a herdanza ou o legado fideicomisos ao fideicomisario no prazo de trinta días naturais a partir do día que vence o requerimento xudicial ou notarial.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de detonar.

    2. Reacción de transformación dos explosivos detonadores, autopropagada e extremadamente rápida, na que a onda presión-temperatura avanza a velocidades comprendidas entre 1.000 e 9.000 m/s. A detonación pódese iniciar por impacto mecánico, fricción ou aumento de temperatura, e ás veces vai precedida por un período de deflagración.

    3. Son metálico localizable na culata do motor, producido por unha chispa de ignición nos motores de acendido por chispa e que identifica unha combustión anormal da mestura. Este fenómeno pode estar producido por unha excesiva taxa de compresión do motor, pola baixa octanaxe do combustible utilizado, por un sobrequentamento ocasional da culata ou por un excesivo avance do acendido. Unha solución é reducir a taxa de comprensión, aínda que se reduce tamén a potencia do motor; outra solución é aumentar o poder antidetonante do combustible, aínda que fai aumentar a emisión de residuos contaminantes. Os sistemas modernos de acendido electrónico poden xeralmente evitar este problema.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que causa ou provoca unha detonación.

    2. Sistema que se emprega para producir a explosión dunha carga. Está formado por unha cápsula que contén o explosivo iniciador e un mecanismo ou elemento de iniciación como unha mecha.

    3. explosivo detonador.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ten a propiedade de detonar.

    2. Substancia capaz de producir unha detonación ou explosión.

    3. Factor que provoca a orixe de algo.

    4. Mestura de dous gases que poden estoupar ao combinárense.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Producir unha cousa que estoura un ruído moi forte.

    2. Facer que estoupe algo, especialmente un explosivo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Proceso polo que un topómino chega a converterse en nome común.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do latín dos chafoutas, ou xerga dos albaneis, que corresponde á voz ‘montaña’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen difama ou detrae.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Dano material ou moral que sofre alguén ou algunha cousa.

    2. Posición dun planeta no signo oposto á súa casa normal ou acostumada.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Produto resultante da descomposición ou desintegración dun corpo sólido. OBS: Normalmente, emprégase en plural.

      1. Resto dunha cousa que se tira por non ser de utilidade. OBS: Normalmente, emprégase en plural.

      2. O máis desprezable dunha cousa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • detritívoro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase aos medios acuáticos que sustentan gran número de seres vivos que, á súa vez dependen, non da alta produtividade do plancto, senón da elevada cantidade de materia orgánica en suspensión. Esta materia favorece a proliferación de gran número de formas saprófitas, que constitúen o primeiro elo ecolóxico do sistema.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Ensaísta, farmacéutico e químico. A súa obra tivo dous aspectos: os estudios para intentar demostrar que a arte románica se orixinou en Catalunya e a elaboración dunha ambiciosa teoría sobre as civilizacións e os ciclos históricos. Entre as súas obras destaca Matemática de la historia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Barrio de Bilbao, Bizkaia, agregado á capital en 1930. Asentado á dereita do río Nerbión, é sede da universidade homónima, fundada polos xesuítas en 1866.

    VER O DETALLE DO TERMO