detector -ra
(< ingl detector)
-
adx
Que detecta ou se utiliza para detectar.
Ex: Teño unha máquina detectora de metais.
-
[TECNOL]
-
s
m
Dispositivo ou aparato que se utiliza para detectar ou descubrir a presenza dunha determinada substancia ou fenómeno físico. En función da medida física da substancia ou o fenómeno, existen distintos tipos de detectores para as distintas magnitudes.
Ex: Para saber se hai radiación utilízase un detector.
-
s
m
Dispositivo sensible ás correntes eléctricas de alta frecuencia que permite revelar a presenza de ondas ou de oscilacións radioeléctricas, e separar o sinal orixinal das modulacións para a obtención das informacións útiles. Chámase detector lineal se facilita un compoñente continuo proporcional á amplitude da oscilación sinusoidal que se lle aplica; cando a compoñente é proporcional ao cadrado desta amplitude chámase detector cuadrático, e se o detector se utiliza para separar a oscilación portadora e o sinal modulante, coñécese co nome de desmodulador. Un tipo especial de detector é o detector de relación, que se emprega en FM, tanto en radio como en TV, e que converte as variacións de frecuencia en variacións de amplitude.
-
s
m
fotodetector.
-
detector de gases
Aparato que se utiliza para detectar a presenza de gases tóxicos ou inflamables. Un exemplo é o detector de grisú, que detecta e determina a presencia e a porcentaxe deste gas no aire dunha mina. Antigamente, utilizábanse paxaros como detectores dos gases tóxicos, posto que advertían, coa súa morte, da presenza do gas.
-
detector de mentiras
Dispositivo inventado polo inspector de policía de Chicago L. Keeler que rexistra as reaccións emocionais dunha persoa, o ritmo respiratorio, as pulsacións, a presión sanguínea e a resistencia eléctrica da pel, ante as preguntas que se lle formulan. Tales valores varían mentres a persoa sofre unha tensión emocional asociada á mentira. Utilízase sobre todo nos interrogatorios policiais.
-
detector de metais
Instrumento utilizado para detectar obxectos metálicos ocultos, tales como moedas, cables eléctricos, minas ou armas, mediante a modificación da indutancia dun sensor pola presenza do obxecto. Emprégase nos bancos ou nos aeroportos por razóns de seguridade.
-
detector de partículas
Aparato ou dispositivo que permite rexistrar a presenza de partículas de núcleos e evidenciar a súa enerxía.
-
s
m