detención
(
-
s
f
Acción de deter ou deterse.
-
s
f
[DER]
Medida cautelar de natureza persoal que limita a liberdade individual dunha persoa coa finalidade de poñela a disposición xudicial. Pódena executar particulares, forzas de seguridade do Estado ou as autoridades xudiciais. Considérase ilegal unha detención cando se fai sen causa legal ou sen orde xudicial. A maior parte dos países establecen un prazo breve de tempo de detención; pasado este tempo, o detido sae en liberdade ou entrégase á autoridade xudicial. A detención preventiva en España pode chegar como máximo ás setenta e dúas horas. No suposto de detención ilegal, pode utilizarse o procedemento de habeas corpus, que garante a inmediata posta a disposición xudicial de toda persoa que alegue ser detida ilegalmente.