detonación
(< detonar)
-
s
f
Acción e efecto de detonar.
Ex: Os explosivos provocaron unha forte detonación.
Sinónimos: explosión. Confrontacións: estalo, estoupido, estouro, estralo, estalo. -
s
f
[QUÍM/IND]
Reacción de transformación dos explosivos detonadores, autopropagada e extremadamente rápida, na que a onda presión-temperatura avanza a velocidades comprendidas entre 1.000 e 9.000 m/s. A detonación pódese iniciar por impacto mecánico, fricción ou aumento de temperatura, e ás veces vai precedida por un período de deflagración.
-
s
f
[QUÍM/IND]
Son metálico localizable na culata do motor, producido por unha chispa de ignición nos motores de acendido por chispa e que identifica unha combustión anormal da mestura. Este fenómeno pode estar producido por unha excesiva taxa de compresión do motor, pola baixa octanaxe do combustible utilizado, por un sobrequentamento ocasional da culata ou por un excesivo avance do acendido. Unha solución é reducir a taxa de comprensión, aínda que se reduce tamén a potencia do motor; outra solución é aumentar o poder antidetonante do combustible, aínda que fai aumentar a emisión de residuos contaminantes. Os sistemas modernos de acendido electrónico poden xeralmente evitar este problema.