explosión
(
-
-
s
f
[QUÍM/FÍS]
Liberación brusca e violenta dunha certa cantidade de enerxía química, debido á transformación moi rápida do equilibrio físico-químico dunha substancia ou dun conxunto de substancias, que se manifesta na produción dunha gran cantidade de calor e gases. Este proceso, cunha duración de microsegundos, ten lugar en catro fases. Na primeira, a de iniciación, unha pequena fonte de enerxía provoca unha descomposición local. A segunda é a fase de propagación da reacción química, produto da transformación do explosivo nunha mestura de gases a presión e temperaturas moi elevadas (transformación de enerxía química en enerxía mecánica); segundo a velocidade de reacción, fálase de deflagración (velocidade da orde de m/s) ou de detonación (velocidade da orde de km/s). Na terceira fase prodúcese a propagación da onda de choque no medio inerte próximo ao explosivo. A derradeira fase da explosión é a expansión dos materiais rotos no medio exterior ata a disipación total da enerxía producida.
-
explosión nuclear
[FÍS]
Reacción de fisión ou de fusión nuclear moi rápida, acompañada da liberación dunha gran cantidade de enerxía térmica.
-
s
f
[QUÍM/FÍS]
-
s
f
Manifestación espontánea e violenta dun estado de ánimo.
Ex: As súas explosións de alegría son moi frecuentes cando está cos amigos.
-
s
f
[ECOL/DEMOG]
Incremento súbito da poboación dun territorio a partir de elementos preexistentes.
-
s
f
[LING]
-
Liberación, normalmente brusca, da corrente de aire nunha articulación calquera, sobre todo consonántica.
-
Terceiro e último momento (os outros dous son implosión e oclusión), que se distinguen na articulación dunha consoante oclusiva.
-
Barra característica, de desenvolvemento vertical e de moi pouca duración, que aparece nos espectrogramas como resultado dunha explosión consonántica.
-