"Ōta" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 576.
-
PERSOEIRO
Médico. Foi profesor de patoloxía e da Faculté de París, a partir de 1876. Estudou o aparello circulatorio e en 1889 ideou o esfigmomanómetro. Publicou Des lesions des ganglions lymphatiques viscéraux (1859).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada no cume homónimo en Lhasa, no Tibet. Foi a antiga residencia do Dalai Lama. O conxunto foi declarado Patrimonio da Humanidade pola UNESCO en 1994, denominación ampliada en 2000 e 2001.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Forma prefixada de orixe grega que se emprega na formación de palabras co significado de ‘río’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de herbas perennes, da familia das potamoxetonáceas, acuáticas, mergulladas ou flotantes, que teñen follas alternas, simples, en forma de cintas, con lígulas estipulares, de flores regulares, tetrámeras, hermafroditas, anemófilas, reunidas en espigas terminais, e de froitos en drupa. Comprende preto de 100 especies dulcícolas, algunhas delas cosmopolitas. En Galicia están presentes as especies P. natans, P. polygonifolius e P. perfoliatus.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ciencia que estuda os ríos. Ten dúas ramas fundamentais: hidroloxía fluvial, que se ocupa de determinar o caudal dos ríos, precisar o réxime e interpretalo en función dos seus factores, e a dinámica fluvial, que estuda as forzas que as augas fluviais exercen sobre o leito dos ríos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á potamoloxía.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Plancto das augas correntes desprazado por un fluxo turbulento.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de moluscos gasterópodos, da familia dos hidróbidos, coa cuncha de pequeno tamaño, que viven en lugares húmidos, de auga doce. Adoitan aparecer individuos femia en grandes proporcións e raramente machos.
-
-
Relativo ou pertencente ás potamoxetonáceas.
-
Planta da familia das potamoxetonáceas.
-
Familia de plantas, da orde das naiádais, constituída por plantas herbáceas acuáticas, mergulladas ou flotantes, de follas simples, flores pequenas, verdosas, unisexuais ou hermafroditas, aclamídeas ou cun periantio de orixe estaminal, reunidas en espigas ou en espádices, e froitos normalmente en núcula ou en drupa. Comprende unhas 120 especies, de auga doce e salgada.
-
-
-
-
Denominación vulgar do carbonato de potasio, especialmente o obtido de cinzas.
-
muriato de potasa
cloruro de potasio.
-
potasa cáustica
hidróxido de potasio.
-
-
-
Nome dado xenericamente a diversos minerais que conteñen KCl, como a cainita, a carnalita, a silvina e a silvinita, entre outras.
-
potasa nitrada
Nitrato de potasio, denominado correntemente nitro ou salnitro.
-
potasa sulfatada
Sulfato potásico que se pode atopar nas lavas primeiras do Vesuvio.
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Concentración de potasio no sangue.
-
-
Relativo ou pertencente ao potasio.
-
Que contén potasio.
-
Aplícase aos compostos de potasio en que este ten un número de oxidación de +1.
-
-
-
Elemento químico, de número atómico 19 e peso atómico 39,0983, pertencente ao grupo IA, ou dos metais alcalinos, da táboa periódica, descuberto en 1807 por H. Davy. É o sétimo por orde de abundancia dos elementos presentes na codia terrestre, e constitúe un 2,4% do seu peso. O potasio natural é unha mestura de tres isótopos, con masas 39 (93,1%), 40 (0,00118%) e 41 (6,90%), e o isótopo 40 K é radioactivo cunha vida media de 1,4 x 10 9 anos. Tamén son coñecidos seis isótopos artificiais radioactivos, dos que o máis importante é 42 K, cunha vida media de 12,4 horas, que se emprega como trazador en experimentos biolóxicos. O potasio está moi espallado na natureza e localízase en forma de mesturas de sales (carnalita, polihalita, silvinita), atopadas en depósitos extensos, superficiais ou subterráneos, procedentes en moitos casos da desecación de zonas acuáticas. Non se dá nativo e a súa preparación en forma metálica ten lugar por electrólise do hidróxido....
-
Sólido en forma de pos brancos delicuescentes, soluble en auga, onde dá solucións básicas, e insoluble en alcohol, que funde a 891°C. Ten a súa aplicación na fabricación de vidros e cerámicas especiais, como deshidratante, aditivo alcalino para alimentos e cosméticos, e na fabricación de tubos de televisión.
-
Sólido cristalino, de cor branca, con cheiro de améndoas amargas, moi tóxico, soluble en auga, alcohol e glicerina, que funde a 634°C. Emprégase na metalurxia da prata e no tratamento do aceiro (cianuración).
-
Sólido cristalino incoloro, de gusto fortemente salgado, soluble en auga, que funde a 772°C. Emprégase principalmente como fertilizante, en fotografía e como substituínte do cloruro sódico na dieta con fins terapéuticos. Tamén se denomina muriato de potasa.
-
Sólido cristalino vermello amarelado, tóxico e oxidante, soluble en auga, que funde a 396°C e que se obtén por tratamento do cromato de potasio con ácido sulfúrico. Emprégase como pigmento, oxidante e reactivo analítico.
-
Sólido branco, delicuescente, que absorbe activamente auga e dióxido de carbono do aire, soluble en auga e alcohois, funde a 360°C. Emprégase na fabricación de xabóns e deterxentes, principalmente líquidos, como elemento de branqueo e como aditivo alimentario alcalino. Tamén se denomina potasa cáustica.
-
Sólido cristalino, higroscópico, de gusto salino, soluble en auga, que funde a 337°C. Empregouse na fabricación de pólvora e ten aplicación na preparación de fertilizantes especiais.
-
Sólido cristalino de cor púrpura escura e gusto astrinxente, altamente oxidante, soluble en auga e metanol, que se descompón a 240°C. Emprégase como oxidante industrial, analítico e sintético, como desinfectante e como axente branqueador.
-
Sólido cristalino, soluble en auga, que funde a 1072°C. Emprégase como fertilizante para os cultivos de cítricos.
-
-
-
Guiso feito con verduras e legumes que pode levar carne.
-
Mestura de cousas diferentes.
-
-
-
Aplícase á célula sen núcleo diferenciado, de xeito que o seu material xenético non está separado do resto do citoplasma por unha membrana.
-
Que ten como unidade estrutural a célula procariota.
-
-
ENTRADA LARGA
Elemento radioactivo da familia dos actínidos, de número atómico 91, que ata 1949 recibiu o nome de protoactinio. Coñécense quince isótopos, dos que só dous 231Pa e 234Pa son naturais. O 231Pa ten unha vida media de 3,25x104anos, é o precursor do actinio na serie (4n+3)
FORMULA
VER O DETALLE DO TERMO
e é o máis importante desde o punto de vista químico. O primeiro isótopo coñecido foi o 234Pa (Fajans e Göhring, 1913), e o 231Pa foi illado da pechblenda en 1918 por Hahn-Meitner e Soddy-Crauston independentemente. O 231Pa localízase nos minerais de uranio en equilibrio radioactivo,e nel hai 340 mg por tonelada de uranio. Obtense industrialmente dos residuos de purificación de uranio, dos que se separa por cromatografía de intercambio iónico e extracción con disolventes. Desde o punto de vista práctico, o isótopo máis importante é o 233Pa, producido artificialmente por bombardeo con neutróns do 232Th,... -
VER O DETALLE DO TERMO
Calidade ou condición de protagonista.
-
-
Personaxe principal dunha obra literaria, dramática ou cinematográfica.
-
Persoa que asume o papel principal nun asunto calquera.
-
-
-
Representar o papel de protagonista.
-
Desempeñar o papel máis importante ou destacado en algo.
-
-
FILOSOFOS
Filósofo grego. Anterior a Sócrates, foi o expoñente máis destacado da sofística. A motivación da súa actividade filosófico-pedagóxica era o ensino da virtude. Sostivo un relativismo epistemolóxico (“o home é a mestura de todas as cousas”), que invalidaba toda ontoloxía e todo dogmatismo, e levaba a unha actitude escéptica, agás no campo da moral. O seu pensamento conservouse por escrito en breves fragmentos.
VER O DETALLE DO TERMO