"Adá" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2197.

  • ENSEADAS

    Situada na beira meridional da ría de Pontevedra, no litoral setentrional da península do Morrazo. Esténdese entre a punta Arbosa, ao O, e a Cabezón da Ría, ao L, polas parroquias de Beluso, Bueu e Cela, todas do concello de Bueu.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cantidade de aire expulsado ao bufar.

    2. Golpe repetido de vento forte e violento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de bufiñar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dito ou feito propio dun bufón que pretende facer rir.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Trazo do buril.

    2. Peza feita a buril.

    3. Porción de prata que os ensaiadores sacan cun buril do parragón da peza que proban para ver se é de lei.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da Comunidad Foral de Navarra, situado ao L de Iruña-Pamplona, na marxe esquerda do río Arga (15.366 h [1996]). Está integrado na área urbana de Iruña-Pamplona, coa que mantén estreitos vínculos funcionais. Atópanse neste concello mananciais de aguas minerais. É un punto xacobeo de gran relevancia, atravesado polo camiño navarro de peregrinación a Santiago.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Manda de burros.

    2. Dito ou feito que demostra torpeza ou ignorancia.

    3. Gran cantidade, en abundancia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Augusta King.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Licenciado en Filosofía pola Universidade Pontificia de Comillas, en Filosofía e Letras pola Universidad Complutense de Madrid, en Teoloxía pola Universidade de Innsbruk (Austria) e doutor en Filosofía polas universidades de Múnic e Complutense de Madrid. Foi profesor de metáfisica-teodicea na Universidad Pontificia de Comillas de Madrid e de antropoloxía filosófica na Universidad Complutense de Madrid. Colaborador en distintas publicacións (Encrucillada, Grial, Pensamiento, etc), sacou do prelo: El humanismo premarxista de Ludwig Feuerbach (1975), Feuerbach y Kant: dos actitudes antropológicas (1980), A rapa das bestas de Sabucedo: historia e antropoloxía dunha tradición (1992), La vigencia del amor: afectividad, hominización y religiosidad (1994), Xosé Manuel Cabada Vázquez. Obra completa. Poemas e outros escritos (2001), entre outras obras, e participou en volumes colectivos como La vivencia previa del...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Canteiro. Foi membro da Federación de Sociedades de Forcarei e fundador e director do xornal Acción Social, onde publicou algúns artigos baixo o pseudónimo de Canta-Claro; ademais, colaborou nos xornais Umia e no arxentino Lérez.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Incursión da cabalería en territorio inimigo.

      2. Expedición armada de saqueo e castigo á que, na Idade Media, tiñan que asistir os vasalos menores de 60 anos por orde do señor respectivo. Diferenciábase da hoste porque non podía superar un día de duración. As disposicións relativas a este tipo de expedición foron recompiladas no Fuero de las cabalgadas.

      3. Dereito do señor a dispor dos vasalos para as cabalgadas, redimible por un tributo.

    1. Persoas que realizan unha carreira a cabalo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Golpe dado coa cabeza.

    2. Movemento de inclinación da cabeza, polo xeral cara a abaixo e por efecto do sono.

    3. Sinal de afirmación feito coa cabeza.

    4. Corda ou soga que se emprega para amarrar as cabalerías pola cabeza.

    5. Sono de breve duración.

    6. Fita que adorna os bordos do lombo dun libro encadernado con pastas duras.

    7. Acción de afundirse bruscamente na auga a proa dunha nave, animada cun movemento de balanceo de proa a popa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico. Publicou en 1687 unha Carta filosófica médico-chímica, onde rexeitaba a autoridade dos médicos clásicos como Galeno e onde propugnaba un novo criterio baseado na experiencia. A súa especialidade foi a iatroquímica. Foi socio fundador da Regia Sociedad de Medicina y Otras Ciencias de Sevilla (1700).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • g Acción ofensiva ou realizada con mala intención contra alguén.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Monte ou terreo inculto que se cava ou ao que se lle queima a broza para sementar nel.

    2. Lume feito ao ar libre con leña ou con outros materiais combustibles que arden e levantan labaradas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe natural de Ribadavia. As súas armas levan, sobre campo de azul, unha cachada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de cacharros.

    VER O DETALLE DO TERMO