Cabada Castro, Manuel
Licenciado en Filosofía pola Universidade Pontificia de Comillas, en Filosofía e Letras pola Universidad Complutense de Madrid, en Teoloxía pola Universidade de Innsbruk (Austria) e doutor en Filosofía polas universidades de Múnic e Complutense de Madrid. Foi profesor de metáfisica-teodicea na Universidad Pontificia de Comillas de Madrid e de antropoloxía filosófica na Universidad Complutense de Madrid. Colaborador en distintas publicacións (Encrucillada, Grial, Pensamiento, etc), sacou do prelo: El humanismo premarxista de Ludwig Feuerbach (1975), Feuerbach y Kant: dos actitudes antropológicas (1980), A rapa das bestas de Sabucedo: historia e antropoloxía dunha tradición (1992), La vigencia del amor: afectividad, hominización y religiosidad (1994), Xosé Manuel Cabada Vázquez. Obra completa. Poemas e outros escritos (2001), entre outras obras, e participou en volumes colectivos como La vivencia previa del absoluto como presupuesto del acceso teorético a Dios (1975) ou Dicionario temático de Antropología (1988).
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Sabucedo, A Estrada