"Ain" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 537.

  • CAPITAIS

    Capital da rexión de Saint-Louis, Senegal, situada na costa atlántica, próxima á fronteira con Mauritania (154.496 h [estim 2001]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REXIÓNS

    Rexión de Senegal (44.117 km2; 863.440 h [estim 2001]). A súa capital é Saint-Louis.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do departamento de Ille-et-Vilaine, en Bretaña, Francia, situada na entrada da badía homónima (50.675 h [1999]). Constitúe un importante porto pesqueiro. A importancia que teñen as mareas (13 m) foi a razón pola que se elixiu para construír a primeira central de enerxía mareomotriz do mundo. Napoleón I Bonaparte fixo alí unha base naval.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar francés. En 1776 ingresou no rexemento de gardas valóns de Carlos III. Durante a Guerra da Independencia (1808-1814), dirixiu a expedición que liberou Zaragoza (1808). Volveu á Península Ibérica en 1814 e foi capitán xeneral de Galicia, València e Aragón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FILOSOFOS

    Filósofo francés. Coñecido como o filósofo descoñecido, o seu pensamento está asociado á reacción espiritualista que preparou o romanticismo en Francia. Das súas obras destacan Des erreurs et de la verité (1775), L´homme de désir (1790), Lettre à un ami ou Considérations politiques, philosophiques et religieuses sur la Révolution française (1795), Le nouvel homme (1796) e Le ministère de l´homme-esprit (1802).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do departamento de Val-de-Marne, na rexión de Île-de-France, Francia, situada ao SL de París, nun meandro do Marne (73.069 h [1999]). A abadía de Sant Maur, fundada en 640 e convertida polos Capetos en mosteiro real, foi destruída durante a Revolución Francesa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do departamento de Loire Atlántico, na rexión de País do Loire, Francia, situada na desembocadura do río (65.874 h [1999]). Unida a Nantes mediante unha canle, é o anteporto desta cidade e ten os estaleiros máis importantes de Francia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade da illa Reunión, situada ao S da punta de Galets, na badía de Saint-Paul (87.712 h [1999]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grupo de oito illas, accidentadas e estériles, situadas ao S de Terranova, Canadá, no Océano Atlántico (242 km2; 7.000 h [estim 2001]). Constitúe un territorio francés de ultramar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Filántropo e escritor francés. De nome Charles-Irénée Castel, asistiu ao Congreso de Utrecht (1712) e publicou seguidamente Mémoires pour rendre la paix perpétuelle en Europe (1972) e Projet de paix perpétuelle (1713). Morto Luís XIV (1715), criticouno no Discours sur la polysynodie (1718).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do departamento de Aisne, na rexión de Picardie, Francia, situada na ribeira do Somme e no canal de Saint-Quentin (59.066 h [1999]). Predominan as industrias téxtiles, do caucho, construcións mecánicas e eléctricas. Destaca a colexiata, gótica (ss XIII-XIV), destruída en parte na Primeira Guerra Mundial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Batalla librada o 10 de agosto de 1557 entre as tropas imperiais -españolas, alemás, flamengas, borgoñonas e inglesas- mandadas polo duque de Savoia, Manuel Filiberto I, que asediou a cidade de Saint-Quentin, defendida polo almirante de Coligny e os franceses, mandados polo duque de Montmorency. A derrota dos franceses foi total. Esta vitoria e a conquista de Saint-Quentin obrigaron ao Rei Enrique II de Francia a asinar o Tratado de Cateau-Cambrésis (1599).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor. Formado con N. H. Reber e J. Halévy, foi organista da Madeleine (1858-1877) e profesor da École Niedermeyer. Como compositor concedeu especial importancia á beleza formal. Compuxo obras para orquestra, como as tres sinfonías, a derradeira con órgano (1886); diversos poemas sinfónicos como Le rouet d´Omphale (1871) ou Danse macabre (1875); cinco concertos para piano (1858-1896), tres para violín e dous para violoncello, ademais da Havanais para violín; o Carnaval des animaux (1886), algunhas óperas como Samson et Dalila (1877), e música de escena, relixiosa e de cámara.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Claude Henri de Rouvroy.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Louis de Rouvroy.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao conde de Saint- Simon ou ao saint-simonismo.

    2. Seguidor do saint-simonismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Doutrina e movemento formado polos seguidores do conde de Saint-Simon, despois da súa morte e baseándose nas súas últimas obras, que pretendían fundar unha relixión secular da sociedade. Estendeuse principalmente por Francia e algúns países europeos. Por defender a clase máis numerosa e máis pobre, viuse a miúdo como precursor do marxismo. O seu socialismo, chamado utópico, pretendía ser non só un substituto da Igrexa senón incluso unha relixión. Defendían a convicción de que a Revolución Francesa e a sociedade industrial que xurdía representaban a superación da vella moral cristiá como aglutinador social e que era necesaria unha moral baseada na ciencia, é dicir, na socioloxía entendida como ciencia dos costumes ou da moralidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Enxeñeiro francés. Realizou investigacións sobre hidráulica e sobre a elasticidade e a resistencia de materiais. Estudou o equilibrio dos corpos elásticos (problema de Saint-Venant) e estableceu a fórmula que leva o seu nome.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que sae dun lugar ou posto.

    2. Que sobresae da superficie dalgunha cousa.

    3. Parte que sobresae dunha superficie.

    VER O DETALLE DO TERMO