"Alle" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 636.
-
MONTES
Monte situado na parroquia de Carboentes (Rodeiro). O seu cumio acada os 783 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquitecto. Traballou con Carme Pinós i Desplat. Foi o director do Departamento de Proxectos da Stödelschule de Frankfurt. Autor do proxecto da Cidade Universitaria da Universidade de Vigo, no campus de Vigo, das súas obras destacan a escola La Llauna de Badalona, o cemiterio de Igualada e as instalacións olímpicas de tiro con arco en Barcelona.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Chuvia miúda e suave.
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Barcelona, situado no Vallès Oriental, Catalunya (47.270 h [2001]). Debido á industrialización e á urbanización a grande escala do solo, a agricultura está en franca regresión. Posúe industria metalúrxica, química, téxtil, de produtos alimentarios, do coiro, do papel e artes gráficas, de transformacións do caucho e da construción.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquitecto. Traballou no estudo de F. J. Sáenz de Oiza e con Jorn Utzon en Dinamarca e alcanzou o grao de chairman do Departamento de Arquitectura da Graduate School of Design de Harvard. Das súas obras destacan o edificio Bankinter de Madrid (1972-1976), con R. Bescos, o Museo de Arte Romano de Mérida (1980-1986), a estación de Atocha en Madrid (1984-1992), o Auditorio de Barcelona (1993), o Auditorio Kursaal de Donostia (1999) e a catedral de Los Angeles (2000). Posteriormente proxectou os museos de arte moderno e arquitectura de Estocolmo e a ampliación do Museo del Prado. Recibiu o Premio Pritzker (1996), o Premio da UE Mies van der Rohe polo Kursaal (2001) e a medalla de ouro do Círculo de Bellas Artes de Madrid (2001).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Futbolista. Xogou no Real Madrid C. F. (1919-1929), co que conseguiu oito torneos rexionais madrileños. Foi convocado pola selección nacional en catro ocasións e participou nos Xogos Olímpicos de París (1924).
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Barcelona, Catalunya, situado no Vallès Oriental, no baixo val do Mogent (12.868 h [2001]). A agricultura está en regresión e a gandaría está representada por algunhas granxas industriais. Os sectores industriais de maior produción son o químico, o metalúrxico e o alimentario.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Revista publicada en Bos Aires a partir de outubro de 1951 e que cesou ao ano seguinte. Subtitulouse “Revista de Galicia en América”, os seus fundadores foron Teodoro Campos, Xosé Conde Fernández e Eliseo Alonso, e dirixiuna este último. Saíron só catro números, cunha periodicidade irregular. Coas homenaxes a Rosalía de Castro, Castelao, Curros Enríquez e Valle-Inclán cumpriu o seu obxectivo de promocionar a cultura galega. Incluíu seccións de deportes, cine, teatro ou reportaxes e un apartado literario onde integrou poesías e o humor.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista publicada en Madrid a partir de xullo de 1952, baixo o subtítulo “Órgano del Centro Gallego de Madrid”, institución da que foi voceira. Sen periodicidade fixa, estivo dirixida por Manuel Fraga de Lis, que a orientou cara a unha postura oficialista, e ofreceu unha proxección cultural de Galicia sen ofrecer moita información sobre os problemas dos emigrantes galegos en Madrid. Incluíu poemas, contos, biografías de literatos galegos e artigos da historia e das tradicións de Galicia. En 1959 tivo a segunda época, a partir de 1968 comezou unha terceira, marcada por un cambio de deseño e unha redución do seu apartado literario, ata que en 1996 iniciou a súa cuarta época.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xornal publicado en Bos Aires a partir do 21 de agosto de 1980. Substituíu a Lugo, a publicación editada polo Centro Lucense de Bos Aires que desaparecera en maio dese ano. Foi o xornal oficial do Centro Galicia de Bos Aires e distribuíuse de balde. De periodicidade irregular, estivo dirixido por Óscar Gañete Blasco, Gabriel López Penelo e Manuel Caramelo Gómez. Roberto Luis Moskowich foi o seu correspondente en Galicia. De escasa calidade literaria, cabe destacar os artigos de Ramón Piñeiro, Domingo García-Sabell ou Álvaro Cunqueiro.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto de museos e galerías do Vaticano iniciados no s XVIII. Benedito XIV creou o Museo Sacro (1756) e Clemente XIII o Museo Profano (1767), ambos foron instalados suntuosamente na galería da Biblioteca Apostólica Vaticana. Clemente XIV (1770-1774) transformou en museo o palacio do Belvedere de Inocencio VII, e instalou as coleccións de escultura antiga iniciadas por Xulio II (1503-1513), formando así o Museo Pio-Clementino. Pío VI ampliouno e Pío VII (1800-1823) engadiulle a galería setentrional, sé do denominado Museo Chiramonti e Braccio Nuovo. Gregorio XVI fundou o Museo Gregoriano Etrusco (1837) e o Museo Gregoriano Egizio (1839). Pío XI fixo unha nova entrada aos museos e o edificio da Pinacoteca Vaticana (1932). Paulo VI (1970-1973) engadiulle a Collezione d’Arte Religiosa Moderna e abriu ao público o Museo Gregoriano Profano (creado en 1843 por Gregorio XVI), o Museo Pio Cristiano (creado en 1854 por Pío IX) e o Museo Missionario Etnologico (fundado por Pío XI en 1926). Dentro...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Museo de titularidade municipal situado en Lalín. Dedicado ao sacerdote e astrónomo Ramón María Aller Ulloa, os seus fondos están formados polo conxunto dos seus documentos, fotografías, instrumentos e libros. Acolle tamén unha colección de obras de Xosé Otero Abeledo, Laxeiro. Organiza a Bienal Laxeiro, exposicións temporais e outras actividades.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Mutua de accidentes de traballo e enfermidades profesionais da Seguridade Social fundada en 1958. É unha asociación de empresarios, con personalidade xurídica propia e sen ánimo de lucro, que colabora na xestión da Seguridade Social e que centra a súa actividade na cobertura dos riscos derivados dos accidentes de traballo e enfermidades profesionais. Asume tamén a prestación económica de incapacidade temporal por enfermidade común e accidente non laboral e os servizos de prevención para as empresas aseguradas. Concibe o accidente laboral como un todo único e o seu estudo e tratamento inclúe os niveis preventivo, asistencial e de rehabilitación.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Museo de arte situado en Londres. A súa orixe remóntase á adquisición por parte do goberno inglés (1823), da colección do xudeu ruso J. J. Angerstein. Foi instalada desde 1838 no edificio de W. Wilkins en Trafalgar Square e considérase un dos museos máis ricos en pintura occidental desde o prerrenacemento italiano ata o postimpresionismo francés.
-
VER O DETALLE DO TERMO
nécora.
-
PUBLICACIÓNS
Publicación aparecida en Bos Aires a partir de 1889. Dirixida por Manuel Lema, amosou unha fonda preocupación pola situación social, política e económica de Galicia. Publicou unha posible “Constitución Rexional para o futuro Estado de Galicia” e chegou a defender a necesidade da confrontación violenta para acadar os dereitos nacionais que Galicia non conseguía polas vías legais.
VER O DETALLE DO TERMO -
SEMANARIOS
Semanario publicado en Pontevedra a partir de febreiro de 1896. Non cesou antes de maio de 1943. Apareceu cos subtítulos “Semanario destinado á fomentar los intereses morales y materiales del Magisterio”, “Semanario destinado á fomentar los intereses morales y materiales del Magisterio de 1ª Enseñanza y organizador del 3º Certamen Pedagógico Español”, a partir de 1897, e “Revista de primera enseñanza”. Continuou coa numeración do seu predecesor, El Noticiario, e foi dirixido polo seu propietario, Xosé López Pérez. Tras o seu falecemento (1896), o seu fillo Bernardino López S. Cobián fíxose cargo do xornal que, despois da Guerra Civil Española, foi administrado por Eladio Portela Gómez. Editado nos obradoiros da Viúva e Fillos de Carragal, saíu todos os luns mantendo o mesmo tipo de contido ca os seus predecesores (doutrinais e disposicións lexislativas). A partir de agosto de 1897 convocou un Certame Pedagóxico e saíu os días 4, 11, 18 e 25 de cada mes.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Empresario e deportista. Como deportista, foi o primeiro xogador galego en debutar coa selección española de balonmán e presidiu o R. C. Celta de Vigo (1991-1995). Recibiu a Medalla de Bronce al Mérito Deportivo.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Observatorio fundado en 1943 por Ramón María Aller en Santiago de Compostela, que sucedeu o observatorio particular que posuía en Lalín. Depende do Vicerreitorado de Investigación e Innovación da Universidade de Santiago de Compostela, e as súas principais funcións son a investigación, centrada principalmente no estudo de estrelas dobres e múltiples, e a docencia. Ademais colabora co Instituto Nacional de Meteorología.
-
PERSOEIRO
Dramaturgo. Considerado un dos principais autores teatrais da posguerra en España, interrompeu a súa formación académica por mor da Guerra Civil Española e decidiu marchar a Madrid. Alí, como escritor autodidacta forzado polas circunstancias, cultivou inicialmente a poesía e a narración curta, que compaxinaba coas súas frecuentes visitas á biblioteca do Ateneo madrileño. Inserido na liña do realismo social, formou parte do grupo de autores que durante a década de 1960 deron un novo pulo ao teatro español, co obxectivo de conseguir coas súas obras unha sociedade máis solidaria. A súa obra dramática, popular e chea de elementos propios do sainete, tentaba cimentarse no máis profundo do ser humano solidario e social, onde se reflectiran os problemas dos emigrantes, da pobreza, da industrialización e as consecuencias dos males da sociedade española da posguerra. Da súa produción teatral, da que moitas son pezas breves de carácter cómico, con intercalación de escenas musicais e coreografías,...
VER O DETALLE DO TERMO