Moneo Vallés, José Rafael

Moneo Vallés, José Rafael

Arquitecto. Traballou no estudo de F. J. Sáenz de Oiza e con Jorn Utzon en Dinamarca e alcanzou o grao de chairman do Departamento de Arquitectura da Graduate School of Design de Harvard. Das súas obras destacan o edificio Bankinter de Madrid (1972-1976), con R. Bescos, o Museo de Arte Romano de Mérida (1980-1986), a estación de Atocha en Madrid (1984-1992), o Auditorio de Barcelona (1993), o Auditorio Kursaal de Donostia (1999) e a catedral de Los Angeles (2000). Posteriormente proxectou os museos de arte moderno e arquitectura de Estocolmo e a ampliación do Museo del Prado. Recibiu o Premio Pritzker (1996), o Premio da UE Mies van der Rohe polo Kursaal (2001) e a medalla de ouro do Círculo de Bellas Artes de Madrid (2001).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Tudela