"Az" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 2426.
-
PERSOEIRO
Escritor ruso. Redactor do Krest´janskaja Gazet (1923-1929), destacou como autor de contos e novelas inspiradas en lendas do Ural como Malakhitovaja škatulka (O estoxo de malaquita, 1939).
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio do N da Comunidad Foral de Navarra (7.806 h [1996]), no límite co Iparralde (País Vasco Francés). A economía está baseada principalmente na gandería e na agricultura. A capital do municipio, Elizondo, é tamén o centro económico do val de Baztan. Posúe numerosas mostras de arquitectura civil do s XVI.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Comarca setentrional da comunidade Foral de Navarra. É un val transversal pirenaico de relevo suave, drenado polo curso alto do río Bidasoa e polo seu afluente, o Baztan. Situada na vertente atlántica dos Pireneos, ten un clima oceánico hiperhúmido, que dá lugar a unha grande extensión de praderías e bosques de faias, castiñeiros e carballos. A poboación, maioritariamente euscalduna (de fala vasca), está bastante espallada en casaríos dispersos polos municipios de Baztan, Zugarramurdi e Urdazubi. A agricultura e a gandería (vacún, ovina, porcina e cabalar) representan os principais recursos económicos do val. O seu carácter intramontano favoreceu o illamento do val fronte ás dominacións foráneas: sen chegaren a ser romanizados, os seus habitantes aceptaron a soberanía visigoda, pero trala invasión musulmana, declaráronse independentes fundando un tipo de república democrática, baseada nuns foros que se mantiveron en vigor ata principios do s XIX, malia as tentativas de supresión dos reis...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo da xerga dos albaneis que corresponde á voz ‘inchado’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo da xerga dos albaneis que corresponde á voz ‘inchar’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Persoa baixiña e con moita barriga.
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Córdoba, Andalucía, situado no extremo NO da provincia, drenado polos ríos Zújar e Guadamatilla (3.943 h [1996]). A base da súa economía é agrícola (hortalizas, cereais, legumes, vides e olivos) e gandeira (lanar). Hai tamén minería de carbón e canteiras de granito e de lousa. Entre o seu patrimonio monumental destaca o convento de Santa Clara (s XI).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe natural do Ferrol. As súas armas levan, en campo de goles, un cravo de cabeza prateada. Relaciónase tamén con esta caste o apelido Belmar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Situado en Taboada. Do s XVI e posteriores, está feito en pedra de cantería, ten planta en forma de U con tres ás abertas a un patio interior estruturado amodo de claustro, cunha planta baixa con arcadas e unha planta alta con columnas; as tres ás están situadas ao longo dun corredor. Conserva a torre e tivo capela propia.
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Sevilla, Andalucía, drenado polo Guadimar (4.936 h [1996]). A súa economía é eminentemente agropecuaria, baseada nos cultivos mediterráneos (cereais, vides, legumes, froitas e oliveiras). As actividades industriais redúcense á transformación dos produtos do agro. A vila atópase na liña de ferrocarril de Sevilla a Huelva.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Conquistador do Reino de Quito e do sur de Nueva Granada. Foi chamado tamén Belalcázar. Chegou ás Indias seguramente cara ao 1507, como partícipe das expedicións de Panamá e Nicaragua. En Perú estivo presente na batalla de Cajamarca, no ano 1532. Gobernador de Piura, conquistou, explorou e colonizou os quitos, os vales do Cauca e do Patía, e fundou moitas cidades como Santiago de Guayaquil (1535), Quito (1536), Popayán e Cali. En 1540 foi nomeado gobernador do Popayán, cargo que perdeu acusado de crueldades cos indios.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Realizador cinematográfico francés. É un dos pioneiros do cine erótico en Francia. Dirixiu, entre outras películas, Le cri de la chair (O berro da carne, 1962), Cover girls (Modelos, 1965), Le sexe nu (O sexo espido, 1974), Nicole Pardessus, par-dessous (Nicole Pardesus, por debaixo, 1979) e Sexologues en chaleur (Sexólogos acalorados, 1984).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Composto aromático heterocíclico. É unha base débil, soluble en auga quente, obtida por condensación do o-diaminobenceno co ácido fórmico. Pódense caracterizar as aldosas por conversión en derivados do bencimidazol, dos que se mide o seu poder rotatorio específico.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Pazo urbano situado na praza do Toural, en Santiago de Compostela, construído por Clemente Fernández Sarela en 1759. Representa un dos exemplos máis salientables da arquitectura barroca civil. Sufriu unha importante reforma no 1878, que converteu os vans do baixo en portas de acceso. No 1995 tempo converteuse na sede da Fundación Granell.
-
PERSOEIRO
Compositor. Foi mestre de capela en Santa María Maior e no Vaticano. Escribiu misas, motetes e salmos cunha polifonía moi recargada de voces. A súa obra Misa a 48 voces reais divididas en 12 coros (1650) está considerada como única no seu xénero e de extraordinaria dificultade.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Grupo de psicofármacos tranquilizantes menores con efectos ansiolíticos, miorrelaxantes, anticonvulsivos e hipnóticos, segundo a dose. Entre as benzodiazepinas máis empregadas, destacan o diazepam, o clorodiazepóxido e o temazepam.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Partido da provincia de Bos Aires, Arxentina, no límite SL do Gran Bos Aires (243.690 h [1991]).
-
-
GALICIA
Biólogo. Foi membro fundador do Grupo Ornitolóxico Galego, do Grupo Ibérico de Aves Marinas, da Sociedade Galega de Ornitoloxía, vicepresidente da Sociedade Galega de Historia Natural e vogal da Sociedad Española de Ornitología. Coordinou os censos de aves acuáticas en Galicia dende 1979 a 1987. Foi delegado do grupo de traballo de aves mariñas atlánticas no International Council for Bird Preservation dende 1980 a 1985. Especialista en técnicas audiovisuais, desempeña a súa actividade profesional no Servicio de Medios Audiovisuais da Universidade de Santiago de Compostela. Dende 1974 publicou máis de trinta artigos, tanto en publicacións de ámbito nacional como internacional, dedicados ás aves mariñas e en especial, ás gaivotas e araos.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Biólogo. Catedrático de Ciencias Naturais do Instituto Nacional Masculino de Ensino Medio de Lugo (1943) e catedrático de Zooloxía de Vertebrados da Facultade de Ciencias de Madrid (1956). Realizou diversas estadías nas universidades de Porto, Coimbra e Lisboa por mor da preparación da súa tese de doutoramento sobre o xénero Armeria, que defendeu en 1950 e na que describe o endemismo galego Armeria merinoi. Cofundou en 1954 a Sociedad Española de Ornitología, da que foi secretario e editor na revista da asociación Ardeola ata 1972. En 1948 publicou no Boletín de la Real Sociedad de Historia Natural dous artigos sobre as aves das illas Sisargas onde pon por primeira vez de manifesto a valía ornitolóxica do arquipélago e onde describe a forma ibérica de arao como Uria aalge ibericus, de validez taxonómica discutida. En numerosos artigos e notas deixou constancia das súas observacións ornitolóxicas en Galicia.
VER O DETALLE DO TERMO