Bernis Madrazo, Francisco

Bernis Madrazo, Francisco

Biólogo. Catedrático de Ciencias Naturais do Instituto Nacional Masculino de Ensino Medio de Lugo (1943) e catedrático de Zooloxía de Vertebrados da Facultade de Ciencias de Madrid (1956). Realizou diversas estadías nas universidades de Porto, Coimbra e Lisboa por mor da preparación da súa tese de doutoramento sobre o xénero Armeria, que defendeu en 1950 e na que describe o endemismo galego Armeria merinoi. Cofundou en 1954 a Sociedad Española de Ornitología, da que foi secretario e editor na revista da asociación Ardeola ata 1972. En 1948 publicou no Boletín de la Real Sociedad de Historia Natural dous artigos sobre as aves das illas Sisargas onde pon por primeira vez de manifesto a valía ornitolóxica do arquipélago e onde describe a forma ibérica de arao como Uria aalge ibericus, de validez taxonómica discutida. En numerosos artigos e notas deixou constancia das súas observacións ornitolóxicas en Galicia.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Salamanca