"BAL" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1242.

    1. Relativo ou pertencente aos baños, especialmente aos medicinais.

    2. Establecemento de baños ou augas minerais, especialmente medicinais. As propiedades curativas das augas foron descubertas polos romanos pero o costume de ir tomar os baños iniciouse a mediados do s XVIII e alcanzou o seu auxe no s XIX e primeiros anos do s XX. Nos últimos anos asistimos a un renacer das estacións termais e balnearias como establecementos medicinais e turísticos. Algúns balnearios sobrepasaron a súa primitiva función e convertéronse en centros de reunión social onde se daba cita a aristocracia europea do s XIX. Os balnearios destinados a usos terapéuticos teñen unhas instalacións que se axeitan ao tipo de baño elixido, e adoitan ter dependencias que permiten a hospedaxe daqueles que se someten á cura das augas. O establecemento e a actividade dos balnearios están regulados pola lexislación sanitaria que obriga a que sexan dirixidos por un médico especializado. Galicia é unha rexión rica en augas medicinais, existindo xa na época romana establecementos de baños en Lugo, Baños...

    3. Lugar onde se toman augas medicinais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Situado na parroquia de Merza, concello de Vila de Cruces, as referencias máis antigas sobre a utilización destas augas aluden ao seu uso polos monxes beneditinos de Caboeiro no s XI. Existen testemuños escritos de fins do s XIX nos que Taboada Leal incitaba aos empresarios a levantar un gran balneario, que non se conseguiu ata a rehabilitación do s XX. O actual balneario inaugurouse en 1991.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Situado no concello de Carballo, semella que a utilización das augas sulfuradas termais se remonta á época romana; sen embargo, o seu uso moderno é de 1716, aínda que non se explotaron ata 1817. O antigo Balneario foi demolido e, na actualidade posúe un moderno complexo hostaleiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Situado na parroquia de Partovia, concello do Carballiño, é de orixe romana. Xa no Dicionario geográfico-estadístico-histórico de España (1845-1850) de Pascual Madoz hai referencias a estas augas. O actual edificio data de 1842.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Situado na illa da Toxa, parroquia e concello do Grove, as crónicas aluden ao seu uso en épocas anteriores. A súa utilización comezou a xeneralizarse tralo seu redescubrimento a principios do s XIX. En 1903 constituíuse a sociedade A Toxa S A que transformou o balneario nun destacado complexo turístico-termal que vén funcionando desde 1910.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Situado no concello de Cuntis, o uso destas augas é de época romana, como o proba unha estela dedicada ao deus Edovio. O edificio actual, situado no mesmo punto que o orixinario, está moi renovado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Situado en Caldas de Reis, localidade de gran tradición termal, as escavacións de lápidas votivas son indicativas do uso deste balneario en época romana. As instalacións actuais foron inauguradas polo ex-ministro Pedro Acuña en 1813.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Situado no concello de Arnoia. É un moderno complexo balneario-hosteleiro inaugurado en maio de 1995.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Situado na localidade homónima, descoñécese a data de construción da Casa de Baños primitiva. En 1815, o xeneral liberal Porlier organizou neste balneario o levantamento contra o Rei Fernando VII. Reconstruíuse a principios do s XX.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Situado no concello homónimo, as escavacións realizadas co obxectivo da mellora do manancial sacaron á luz a súa orixe romana. Na Idade Moderna escribíronse tratados onde o Balneario de Molgas está considerado como un dos mellores da Península Ibérica; importancia que foi en aumento ata chegar a ser declarado de utilidade pública en 1873, ano de fundación do actual balneario. En 1998 modernizou as súas instalacións.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Situado no concello de Verín. Na actualidade é unha planta de envasado de augas minerais, que se comercializan baixo o nome de Aguas de Cabreiroá.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Situado na parroquia homónima, concello de Tui, o primeiro testemuño escrito da existencia desde balneario data do s XVII; en 1880 inaugurouse oficialmente e no ano 1928 foi declarado de Utilidade Pública. En 1992 construíuse un hotel novo engadido ao vello, que data de mediados do s XVIII.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Situado no concello de Carballiño, comezou a ser explotado mineiro-medicinalmente en 1816. Na actualidade conta con instalacións exclusivamente balnearias e vén sendo un dos máis concorridos de España.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Situado no concello de Cortegada, aínda que os dous primeiros mananciais xa eran coñecidos dende 1775, non se empregaron ata 1818.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Situado no concello de Cuntis, o seu uso inicial data de época romana; sen embargo, a primeira instalación hosteleira non se realizou ata 1860.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Situado no concello de Guitiriz, as primeiras referencias datan de finais do s XVIII, cando o cirurxán do Hospital de Santiago de Compostela José Lázaro comezou recomendar as augas de Guitiriz con fins terapéuticos. No ano 1850 comezou ser gobernado por un director de baños. As augas foron declaradas de utilidade pública en 1902, ratificada posteriormente en 1928. En 1912 construíuse o actual hotel-balneario, que tras funcionar ininterrumpidamente ata 1960, pechou definitivamente en 1972. Co tempo iniciou un profundo proxecto de reforma.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Situado na cidade homónima, á beira do río Miño, utilizouse desde a época romana, tal e como o atestan as termas romanas que alberga na planta baixa, declaradas Ben de Interese Cultural desde 1921. A estrutura do actual edificio é do s XIX e as instalacións foron renovadas desde o ano 1984.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Situado na vila de Mondariz-Balneario, posúe dous mananciais, Troncoso ou Saidoiro e a Gándara. Durante a Idade Media, as súas augas foron utilizadas polos moradores do Castelo de Sobroso. En 1772 Pedro Gómez de Bedoya mencionaba a existencia de fontes en Mondariz; sen embargo, non foi ata 1862 cando Domingo Blanco Lage descubriu a fonte do Troncoso. En 1871, realizáronse obras de captación de augas no manancial da Gándara, descuberto por Enrique Peinador Vela, quen logrou que fosen declaradas de utilidade pública o 16 de xuño de 1873. A partir dese momento construíuse o Gran Hotel-Balneario, obra de Jenaro de la Fuente, destruído por un incendio o 9 de abril de 1973 e o templete clásico que serve de cuberta á fonte da Gándara, obra de Antonio Palacios. Enrique Peinador procurou, ademais, facer de Mondariz un ‘pazo mundial das augas’, onde converxesen a cultura, a arte e a medicina, para o que contou co apoio da clase política da Restauración borbónica (Montero Ríos, Bugallal, González...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Situado no concello de Guitiriz, o manancial era coñecido dende vello e estaba ao aire libre. En 1955 construíuse a edificación actual que pecha a fonte. Co tempo vén funcionando un moderno complexo de bungalows asociado á fonte de augas medicinais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Situado no concello de Verín, as primeiras instalacións consistían nun pavillón e nun salón para auguistas construído en 1859. Nos primeiros anos do s XX edificouse o hotel que funcionou ata 1960. Na actualidade mantense como planta de envasado de augas minerais naturais, que se comercializa baixo o nome de Agua de Sousas.

    VER O DETALLE DO TERMO