"Cis" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1012.

  • GALICIA

    Arqueólogo. Director do Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense. Dirixiu escavacións arqueolóxicas en diversos puntos de Galicia. Colaborou, entre outras publicacións, en Boletín Auriense, Cuadernos de Estudios Gallegos, Grial e El Museo de Pontevedra. Foi autor de obras como Estudios de numismática romana (1973), Pazos, torres e curral do Bispo de Ourense (1994) e Xesús Ferro Couselo: ensinante, galeguista, arqueólogo, erudito, investigador, o protector do noso patrimonio cultural (1996); e coautor, entre outros, de Museo Arqueolóxico, Ourense (1995) e O convento de San Francisco de Ourense (2000). Membro do Instituto de Estudios Gallegos Padre Sarmiento.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Sistema político instaurado en Italia pouco despois da Primeira Guerra Mundial por Benito Mussolini, creador en 1919 dos Fasci Italiani di Combattimento, estrutura corporativa de carácter totalitario e nacionalista. Os seus trazos definidores foron o antiliberalismo, o antimarxismo e o anticapitalismo; e o seu obxectivo a creación dun estado forte, totalitario e nacionalista, baseado no principio de liderado e de xerarquización. No campo económico, buscou unha vía intermedia entre o liberalismo e o socialismo a través do corporativismo, que incorporaba os distintos grupos de produtores en categorías funcionais integradas nun ámbito nacional e fortemente xerarquizadas. O Rei Víc22tor Manuel III encargoulle a formación de goberno a B. Mussolini, quen foi ampliando as súas cotas de poder ata implantar un réxime autoritario baixo o seu dominio como Duce, líder do partido. Italia ofreceu o modelo de fascismo característico das décadas de 1920 e 1930. O partido único foi coñecido en...

      2. Ideoloxía que inspira o sistema político instaurado en Italia por Mussolini.

      1. Ideoloxía política que ten por obxectivo a instauración dun réxime autoritario, de base corporativista, imperialista e racista.

      2. Réxime político inspirado nesta ideoloxía.

    1. Actitude autoritaria, arbitraria e violenta, coa que unha persoa se impón a un grupo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao fascismo.

    2. Que ou quen é partidario do fascismo ou dun réxime ditatorial.

    3. Que ou quen actúa de forma autoritaria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción de fascistizar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que é de tendencia fascista.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dar ou conferir carácter fascista a alguén ou a algo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen ten tendencias fascistas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e enxeñeiro. Trasladouse a Pontevedra en 1886 para facer o estudo dun porto entre Pontevedra e Marín. Apadriñado polo marqués de Riestra e o marqués de la Vega, representou o distrito de Redondela entre 1893 e 1910. No goberno presidido polo marqués de la Vega, nomeouno ministro de Fomento (4.12.1906-25.01.1907).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Político e avogado. Licenciouse en Dereito Civil e Canónico. Militou no Partido Liberal e foi elixido deputado por Redondela (1910-1916). Xestionou a construción e mellora das infraestruturas viarias para Redondela.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mariño. Cabaleiro da orde de Santiago. Participou na expedición de L. Fajardo a Tunisia en 1609, na expulsión dos mouriscos do Reino de València (1610), na toma e fortificación de Zamora (1615) e na recuperación da vila brasileira de Todos os Santos (1623). En 1633 pasou á Escuadra Galega como capitán gobernador e en 1637 enviárono a Flandres, onde caeu prisioneiro trala Batalla de Dunas. Segundo M. Murguía foi o autor de El sargento embarcado (1619), Carta dando noticia de la pérdida de los navíos de Dunquerque (1639) e Carta aprobando la armadilla de barlovento (1604).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Poeta. Exerceu a medicina e foi un dos precursores da poesía en galego. Colaborador en distintas publicacións da época, publicou no xornal El País o poema “Para min non hai consolo” (1858) e foi premiado nos Xogos Florais de Pontevedra en 1861 por “A noite de San Xoán”.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Profesor e investigador. Licenciado en Filoloxía Románica, desde 1986 é profesor de lingüistica románica e occitana na Universidade de Santiago de Compostela. Escribiu artigos relacionados coas interferencias lingüísticas e o plurilingüismo medieval, estudios de literatura románica medieval, artigos de crítica textual e filoloxía humanística. Colaborou en diversos proxectos de investigación, como “Los animales en la lírica amorosa románica en la Edad Media” (1990-1992) ou “El vocabulario bélico en la lírica amorosa románica de la Edad Media” (1992-1994). Participou no Dicionário de Literatura Medieval Galega e Portuguesa (1993). É membro da Société de Linguistique Romane, da Association Internationale d’Études Occitanes e da Asociación Hispánica de Literatura Medieval.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Conquistador. Participou na conquista da costa centroamericana do Pacífico xunto con Pedrarias Dávila e liderou desde 1523 unha expedición que conquistou ata as terras do lago Nicaragua, onde fundou as cidades de Granada (1523) e León (1524).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Historiador e avogado. Delegado do Patrimonio Madrid-Castela A Mancha de Renfe, escribiu, entre outras obras, El liberalismo y la iglesia española: historia de una persecución (1989) e Antonio Capmany (1742-1813). Pensamiento, obra histórica, política y jurídica (1993). Foi distinguido co Premio Francisco Elías Tejada da Real Academia de Ciencias Morales y Políticas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar e político, duque de Alburquerque. Participou nas guerras contra Francia e nas guerras de Flandres. Capitán xeneral de Catalunya, Flandres e das galeras reais, participou no sitio de Barcelona e venceu os franceses en Cambrils (1650). Vicerrei de Nueva España (1653-1660), durante o seu goberno fundou a vila de Alburquerque e os ingleses apoderáronse de Xamaica. Membro do Consello de Estado, exerceu como vicerrei en Sicilia entre (1667-1670).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor. Obtivo o título de bacharel elemental no instituto de ensino medio de Lugo e logo continuou os seus estudios no colexio dos Escolapios de Monforte na sección de letras do bacharelato universitario, que revalidou na Universidade de Santiago de Compostela. En 1930 comezou a carreira de dereito en Madrid, que continuou en Santiago, cidade á que se trasladou en 1931 e na que tamén estudiou filosofía e letras. Protagonizou un intenso activismo cultural na época republicana e relacionouse, entre outros, con Luís Tobío Fernández, Riccardo Carballo Calero, Antonio Fraguas, Paulino Pedret e Ánxel Casal. Colaborador no Seminario de Estudos Galegos, no Comité de Cooperación Intelectual e nos labores da FUE, foi delegado escolar nas facultades de Dereito e de Filosofía e Letras e representante da Federación de estudiantes na xunta de goberno da Universidade. Dirixiu a revista Universitarios e desempeñou a secretaría de Alento. Acadou a licenciatura en Dereito e exerceu como profesor...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Artista plástico. Coñecido como Ferreira, formouse na Escola de Artes e Oficios da Coruña e despois de xeito autodidacta. Os seus estudios de psicoloxía levárono a indagar sobre o impacto da cor no home e no medio ambiente. Realizou exposicións individuais nas principais cidades galegas e participou en diversas colectivas. Recibiu, entre outros galardóns, o terceiro premio nacional do XVII Certamen de Artes Plásticas do ministerio de Traballo e Asuntos Sociais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mestre e político. Coñecido co alcume de Pedrosa, residiu en Ferrol onde, en 1890, fundou e dirixiu El Obrero, primeiro semanario socialista de Galicia, ao que substituíron La Voz del Obrero (1894), El Bien del Obrero (publicación que contou na súa xénese coa participación persoal de Pablo Iglesias durante a súa estadía en Ferrol en decembro de 1899) e La Antorcha Social (1902). En febreiro de 1891 fundou e presidiu en Ferrol a primeira agrupación socialista galega, integrada inicialmente por 40 persoas, das que 38 eran traballadores manuais e dúas mestres. Convertido en líder do socialismo ferrolán (na prensa da época fálase del como sucesor de Pablo Iglesias, con quen participou en numerosos mitins, tanto en Ferrol como na Coruña e Santiago de Compostela), acudiu como delegado, en representación das agrupacións de Ferrol e da Coruña, ao Congreso do Partido Socialista celebrado en València en 1892. Representou a candidatura socialista nas eleccións...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor. De formación autodidacta, a súa obra caracterízase polos trazos enérxicos, as figuras esquemáticas e o traballo de tintas de cores sobre papel. Traballa con grandes formatos. Das súas exposicións destaca a realizada na Casa da Parra en 1992. Participou, entre outras mostras, na XXI Bienal de Pontevedra, na II Mostra Unión Fenosa (1991) e na Trienal Latina (1992).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor. Coñecido como Francisco Miguel e de formación autodidacta, participou nos parladoiros da librería da súa propiedade e do café La Peña. Viviu en París, onde ampliou a súa formación artística, e trasladouse a México, onde traballou con David Alfaro Siqueiros e colaborou, entre outras revistas literarias, en Contemporáneos. A súa pintura é de carácter surrealista, e cultivou as naturezas mariñas. Morreu asasinado.

    VER O DETALLE DO TERMO