"Dal" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 544.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Póla pequena e delgada.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Procedemento que consiste en escribir unha composición musical mediante a superposición de melodías pertencentes a diferentes modos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase ao campo magnético, situado sobre a superficie dun toro, de forma que as liñas do campo están nos planos que pasan polo eixe de revolución do toro.
-
GALICIA
Poeta. Coñecido como o ‘bardo de Bergantiños’, ocasionalmente asinou os seus escritos cos pseudónimos de Arístides Valtierra, Ezequiel e El Proscrito de Almendares. Está considerado, xunto a Rosalía de Castro e Curros Enríquez, como un dos grandes poetas do Rexurdimento en Galicia. Fillo de Xoán González Pondal e de Anxos Fernanda Abente Chans, pertenceu a unha familia de orixe fidalga que se enriquecera na emigración americana e que ocupou destacados postos na vida política e económica da comarca bergantiñá. Eduardo, o menor de sete irmáns, dedicou practicamente toda a súa vida á escritura, sen apenas reparar no seu mantemento, xa que os gastos corrían a cargo das rendas familiares. Formado nun ambiente aristocrático, de alto poder adquisitivo, iniciou os seus estudos de gramática latina e grega na reitoral de Vilela de Nemiña co párroco de Touriñán, Cristóbal de Lago, como era costume nos rapaces que querían iniciar carreira eclesiástica ou universitaria. Esta...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao poeta Eduardo Pondal ou á súa poesía.
-
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Vedra. Construíuse ou reedificouse no s VIII por orde de Odoario, bispo de Lugo. De estilo románico, ten planta rectangular cunha ábsida semicircular cuberta con bóveda de canón rematada nun cuarto de esfera. O arco triunfal é lixeiramente apuntado. No muro sur engadiuse unha capela con bóveda oxival de cinco claves, posiblemente do s XVI. No interior destacan os frescos do s XVI do arco central que representan a Anunciación. No exterior destaca a espadana con remate triangular.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Sacerdote e escritor. Despois da súa formación no seminario compostelán, exerceu en diversas parroquias de Galicia. Escribiu Costumes da terriña (1911), de carácter costumista, onde a través de catorce capítulos independentes narra diversos aspectos do rural galego.
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade do estado de Veracruz, México, situada preto do golfo de México (151.739 h [1990]). Destacan na súa economía a refinaría de petróleo e as plantas petroquímicas.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Noveno mes do calendario republicano francés (1792-1806) que corresponde co intervalo que vai do 19 ou 20 de maio ao 19 ou 20 de xuño.
-
MUNICIPIOS
Municipio de Barcelona, Catalunya (9.114 h [2001]). A súa economía baséase no cultivo de flores, plantas ornamentais e verduras, en invernadoiros. Ademais das urbanizacións e construcións residenciais, hai tamén industria téxtil.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político e xornalista. Militou no Partido Socialista Obrero Español (PSOE) e foi un dos líderes da rama moderada. Coa Segunda República foi ministro de Facenda e de Obras Públicas con M. Azaña (1931-1933), estabilizou a peseta e impulsou as obras hidráulicas e a modernización dos transportes. Durante a Guerra Civil Española foi ministro de Mariña e Aire (1936-1937) no goberno de F. Largo Caballero, e de Defensa Nacional no de J. Negrín López (1937-1938). Exiliouse en México, onde dirixiu a Junta de Auxilio a los Republicanos españoles (JARE).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Aplícase aos cargos que son provistos antes ou despois dun sínodo por facultade especial.
-
Teólogo e canonista, denominado tamén examinador sinodal, que examina os clérigos que han de ser admitidos nas ordenacións e que han de exercer ministerios de confesor, reitor ou outro cargo.
-
-
-
Relativo ou pertencente ás pseudomonadais.
-
Bacteria da orde das pseudomonadais.
-
Orde de bacterias que agrupa formas unicelulares illadas, nunca tricomas, ríxidas, bacilares, case nunca cocoides, Gram-negativas e móbiles por flaxelos polares.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Novela de Miguel Cervantes Saavedra. A primeira parte apareceu en Madrid a comezos de 1605, e a segunda en 1615, ambas editadas polo libreiro Juan de la Cuesta. O éxito da novela foi inmediato, e xa en 1605 Juan de la Cuesta tivo que publicar unha nova edición da primeira parte, mentres en Lisboa aparecían dúas máis sen autorización. A primeira parte traduciuse ao inglés en 1612, mentres que a obra completa reeditouse en numerosas ocasións en castelán e nas restantes linguas cultas do mundo. O Quixote representa unha parodia dos libros de cabalarías, tan de moda na época, e marca o inicio do seu declive definitivo; ademais, a novela transloce o concepto renacentista e clásico dunha arte literaria nova e moderna. O que nun principio ía ser unha máis das súas coñecidas Novelas Ejemplares, converteuse co tempo nunha inmensa obra, dotada duns recursos temáticos, estilísticos e estruturais sen precedentes. O fidalgo Alonso Quijano vólvese tolo coa lectura dos libros de cabalarías, o...
-
MONTES
Monte situado na parroquia de Retorta (Laza). O seu cumio acada os 650 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Aplícase a unha variedade de pera de cor verde e tamaño medio.
-
-
Aplícase a unha variedade de mazá temperá, amarela con pintas negras, arredondada, grande e saborosa.
-
Aplícase a unha variedade de mazá serodia, agre, dura e verde.
-
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Santuario mariano situado en Rianxo. Fundado en 1671 por Alonso Fernández Gastón sobre o antigo santuario de Nosa Señora da Cruz (1561), ten unha soa nave con tribuna superior de madeira e capela maior cuberta con bóveda de nervios e arco triunfal de medio punto. A fachada é barroca e nela destacan os adornos do lintel e o friso da porta, rematada con frontón triangular que acolle unha fornela coa imaxe da Virxe de Guadalupe. No muro consérvanse dous escudos coas armas dos Bastón e Ponte. A súa orixe atópase nunha imaxe da Virxe traída de Extremadura, obra do escultor rianxeiro frei Xosé de Santiago (1773), que se levou á ermida de San Xosé da Floresta. Tras a Guerra da Independencia, a ermida quedou en ruínas pero a imaxe da Virxe conservouse e trasladouse á capela na que se venera. No lugar celébrase a romaría da Virxe de Guadalupe en setembro.
-
MONTES
Monte situado no límite das parroquias de Ousá e Cotá (Friol). O seu cumio acada os 558 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao rizoide.