Rianxo, Nosa Señora de Guadalupe de

Rianxo, Nosa Señora de Guadalupe de

Santuario mariano situado en Rianxo. Fundado en 1671 por Alonso Fernández Gastón sobre o antigo santuario de Nosa Señora da Cruz (1561), ten unha soa nave con tribuna superior de madeira e capela maior cuberta con bóveda de nervios e arco triunfal de medio punto. A fachada é barroca e nela destacan os adornos do lintel e o friso da porta, rematada con frontón triangular que acolle unha fornela coa imaxe da Virxe de Guadalupe. No muro consérvanse dous escudos coas armas dos Bastón e Ponte. A súa orixe atópase nunha imaxe da Virxe traída de Extremadura, obra do escultor rianxeiro frei Xosé de Santiago (1773), que se levou á ermida de San Xosé da Floresta. Tras a Guerra da Independencia, a ermida quedou en ruínas pero a imaxe da Virxe conservouse e trasladouse á capela na que se venera. No lugar celébrase a romaría da Virxe de Guadalupe en setembro.

Palabras veciñas

Rianxo | Rianxo | Rianxo | Rianxo, Nosa Señora de Guadalupe de | Rianxo, porto de | Rianxo, Santa Comba de | riarengo -ga