"Fernán" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 808.
-
GALICIA
Deportista. Proclamouse campioa de España de taekwondo en 1994, 1999 e 2000. Nos Campionatos Mundiais Universitarios obtivo a medalla de prata en México 1998 e o título de campioa en Taiwán 2000. En categoría absoluta proclamouse en 2001 campioa da Copa do Mundo, celebrada en Vietnam, e subcampiona do Mundial disputado na República de Corea.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintor. Coñecido como Leopoldo Varela, formouse co pintor Marcet (1948-1952). A súa obra adscríbese a un impresionismo apoiado no debuxo. Traballou o óleo, a acuarela, a augada e o pastel. As súas paisaxes reflicten os ambientes rurais e mariños de Galicia, e tamén as terras de Castela, La Rioja e Aragón. Dende a súa primeira mostra celebrada en 1956, expuxo en diversas cidades galegas e españolas. Participou en diversas convocatorias da Bienal de Pontevedra, onde obtivo a medalla de prata en 1972, e entre outras mostras na Trienal de Compostela (1974), Artistas Galegos (Madrid, 1976) e Pontevedra con Centroamérica (1999).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Mariño. Organizou o PCE na súa vila natal a comezos da Segunda República. Rematada a guerra, foi internado en Auschwitz pola Gestapo. En 1948 instalouse en Venezuela e, descontento coa política do PCE contraria á loita armada, foi un dos creadores do Directorio Revolucionario Ibérico de Liberación (DRIL), composto por exiliados españois e portugueses. En 1961 liderou, xunto co capitán Galvão o secuestro durante dez días do transatlántico portugués Santa María, en augas do Caribe, baixo o alcume de Comandante Sotomayor.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Mestre, político e xornalista. Foi director xeral do corpo de Carabineiros co goberno de Negrín, durante a Guerra Civil. Exiliado en México, dirixiu a revista Saudade e foi membro fundador da Alianza Nazonal Galega, en 1943.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Profesor. Licenciouse en Filoloxía Románica (1978) na Universidade de Santiago de Compostela. Despois de exercer a docencia de lingua e literatura castelá en Almería, Pontevedra e Ourense, en 1997 incorporouse como profesor asociado á Universidade de Vigo e, desde xaneiro de 2001, como profesor titular de lingua castelá na facultade de Ciencias da Educación do Campus de Ourense. Algúns dos seus traballos de sociolingüística, lingua e identidade nacional, e lingüística textual, publicáronse en Repertorio bibliográfico da lingüística galega (1995), e neles defende a necesidade de desenvolver unha proposta reintegracionista para o galego. Tamén investiga os procesos produtivos de derivación en castelán e portugués (publicou, parcialmente, o resultado desta investigación en “Formación de palabras y adjetivos postnominales desde los textos de Nebrija”, en Actas III Congreso Internacional de la SEHL, 2002). Outros ensaios seus abordan a problemática da construción da eurorrexión Galicia-Norte...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Avogado e político. Tras ingresar na carreira xudicial, foi trasladado a Madrid en 1870 para instruír a causa polo asasinato do xeneral Prim. Na lexislatura 1873-1874 foi deputado polo distrito de Lalín. Na Restauración foi depurado, acusado de exercer como deputado no período republicano, pero máis tarde, ofrecéuselle a presidencia da Audiencia de Filipinas. De volta en España, foi nomeado presidente da Real Audiencia de Oviedo.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Organista e compositor. Foi profesor de música da Escuela Normal de Magisterio, dirixiu o Orfeón Unión Orensana e foi organista da catedral de Ourense. Así mesmo, foi director artístico do Centro Gallego de La Habana e varias agrupacións folclóricas. Das súas composicións destacan Morriña, Saudade, Cantan os galos, A montañesa, Desengaño, Salve, Rosalía, Da terra meiga e Primeiro desengaño do noso amor primeiro.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintora. Comezou a súa formación artística en Vigo da man de Alberto Castro Couso e Ana Pasarín. Cultivou o óleo e o gravado. As súas obras caracterízanse polo sentido cromático que recorda os muralistas mexicanos e pola factura naif. Realizou exposicións individuais en diversas cidades galegas e en Madrid e Bos Aires. Participou, entre outras mostras colectivas, en Pontevedra con Centroamérica (1999). A súa obra está presente no Museo de Bellas Artes, Municipalidad de Posada e Museo Nacional de Grabado de Bos Aires.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Futbolista internacional. Formado nos clubs ferroláns do Esteiro e o Arsenal, fichou polo Rácing de Ferrol. Pasou despois ao Real Club Celta de Vigo, no que xogou durante once tempadas. Formou parte da selección española nos Xogos Olímpicos de México 1968, nos que acadou o quinto posto.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Guerrilleiro antifranquista. Coñecido como Gafas, ingresou nas Juventudes Socialistas en 1931 e, trala revolución de outubro de 1934, foi designado membro do comité executivo do PSOE de Asturias. Ao remate da Guerra Civil estableceuse en Casaio para unirse aos fuxidos. En 1943 foi un dos principais líderes da guerrilla do leste de Ourense. Tras padecer unha enfermidade ocular, saiu para Francia en outubro de 1948.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Avogado e político. Iniciador da saga familiar dos Fernández Villaverde, que representou o distrito de Pontecaldelas durante toda a segunda metade do s XIX. Foi gobernador da provincia de Pontevedra (1835-1836) e organizou a persecución dos carlistas. Foi deputado pola provincia de Pontevedra nas lexislaturas 1837-1839, 1840-1841 e 1844-1846, e por Pontecaldelas en catro lexislaturas entre 1846 e 1854.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político. Marqués de Pozo Rubio. Afiliado ao Partido Conservador, foi deputado polo distrito de Caldas entre 1872 e 1873, e polo de Pontecaldelas practicamente sen interrupción entre 1876 e 1905. Desde 1885 ocupou numerosos cargos como ministro da Gobernación (1885 e 1891), ministro de Gracia e Xustiza (1890-1891), ministro de Facenda (1899 e 1902) e presidente do consello de ministros (1902 e 1905). Empregou unha política de saneamento financeiro despois do desastre colonial de 1898, mediante a lei de presupostos de 1899-1900, que motivou críticas e disturbios en diversas cidades españolas. Foi membro da Real Academia de Ciencias Morales y Políticas, da Real Academia de Jurisprudencia, que tamén presidiu, e da Real Academia Española de la Lengua.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Guionista e realizador cinematográfico. Comezou a súa relación co cine no Cineclub Aldebarán. En 1977 realizou a súa primera película, A Semente (Super 8) e, posteriormente, formou parte do Grupo Imaxe, co que realizou varios filmes, como Malapata (1980), de C. López Piñeiro. En1983, xunto con outros socios, fundou Video Trama, unha empresa dedicada á produción publicitaria e de vídeos, entre os que destacan Rock, Rock (1983), Pánico en las Falkland (1983), Veneno Puro (1984), Viuda Gómez (1985) e Sexo Macumba (1985). En 1987, xunto co produtor Pancho Casal, fundou Villaverde Asociados que, máis adiante, se converteu en Continental Produciones S A. Con esta empresa puxo en marcha o proxecto do que foi a súa primeira longametraxe, Continental (1989), unha das primeiras producións do cine galego comercial. En 1998 realizou a súa seguinte película, Fisterra. Onde remata o mundo, na que pretendía facer unha reflexión sobre o baleiro ideolóxico das novas xeracións e sobre a ausencia da figura...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar. Loitou en Cuba (1895-1898) e en Marrocos, onde en 1920, ascendido a xeneral e a axudante de campo do Rei Afonso XIII, intentou unha penetración cara ao interior, coñecida como a Desfeita de Annual.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor. De posible orixe alemana, en 1496 estaba en Córdoba e en 1508 trasladouse a Sevilla, onde pintou o retablo de Maese Rodrigo de Santaella na universidade, o de Nicolás Durango na catedral (1509-1513), La Virgen de la Rosa en Santa Ana e La Virgen de los Navegantes no Archivo de Indias. O seu estilo, de composición e formas góticas, introduciu en Andalucía o renacemento, de fortes influencias centroeuropeas. O seu irmán Jorge Fernández Alemán , activo entre 1505 e 1526, traballou no retablo da catedral de Toledo e na decoración escultórica do retablo maior da catedral de Sevilla.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Poeta e dramaturgo. Coñecido como Nan de Allariz, emigrou a La Habana onde viviu moitos anos e foi articulista en Galicia, Follas Novas e Suevia, con artigos como “Arte dramático gallego” (1897), “Cartas d’a terra”(1902) ou “Fiesta simpática” (1902). Foi un dos máis notables representantes da creación dramática e teatral de corte rexionalista que triunfou nos escenarios de Galicia, Cuba e Arxentina entre finais do s XIX e o primeiro cuarto do s XX. Como narrador escribiu Del salón al sotabanco (1920) e como poeta Fume de palla (1909) e A golpes de hacha (1913). Da súa produción dramática destaca Recordos d’un vello gaiteiro. Monólogo en verso gallego (1904), O zoqueiro de Vilaboa. Boceto de zarzuela gallega n’un acto e tres cuadros (1907), Loitas da ialma. Cadro dramático, Airiños levaime á ela!, Foiche boa a festa e O vello e o sapo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xurista. Doutorado en Dereito Civil e Eclesiástico, ocupou en 1792 a praza de substituto da cátedra de Institucións Canónicas e en 1807 foi elixido catedrático substituto de Historia Eclesiástica. Foi autor de Ideas que para la perpetua solidez del magnífico Edificio de la Livertad [sic] de España inventa y coloca por su orden el Dr Andrés Fernández (1810), Manifiesto por la buena fé del pueblo de Iria Flavia, en la causa que expresa el Dr Andrés Fernández (1811) e Idea que al juicio de la Nación presenta sobre contribuciones el Dr Andrés Fernández (1812).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor. Realizou, entre outras obras, o pintado e dourado do retablo da capela de Santa Catarina da catedral de Lugo (1608), o altar maior de San Pedro Fiz de Robra (Outeiro de Rei, 1608) e as imaxes de san Lourenzo e san Nicolao para o seminario de Lugo (1611).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escultor. Coñecido como o Vello, tivo o seu obradoiro na cidade compostelá. Realizou o grupo de Nosa Señora das Angustias no retablo maior da igrexa de San Froitoso. Partiu do esquema barroco para realizar unha obra novidosa no seu tempo ao presentar a escena cun idealismo naturalista manifestado na serenidade do rostro de Cristo e no tratamento da súa anatomía. No eido compositivo, a figura da Virxe e de Cristo téndense a inscribir nun triángulo. Atribúenselle as imaxes de san Sidro Labrador, santa Susana, san Xoán Bautista e Santiago peregrino de Conxo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor. Coñecido como Arman, formouse na École National d’Art Décoratif de Nice e en 1949 trasladouse a París, onde estudiou na École du Louvre ata 1951. Foi un dos primeiros artistas en empregar materiais de refugallo para crear ensamblaxes formadas pola acumulación de obxectos. Destacan as súas series Accumulations (1959-1960) e Nouvelles Poubelles (1970-1971).
VER O DETALLE DO TERMO