"Hel" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 558.
-
PERSOEIRO
Organista e compositor alemán. Foi discípulo de H. Schwemmer e G. Wecker, e en 1690 entrou na Corte de Stuttgart. Actuou en Austria e en Alemaña, ata que rematou como organista da súa cidade natal. As súas obras exerceron unha notable influencia sobre a obra de J. S. Bach. Da súa produción musical para órgano, composta en case todos os xéneros da música profana e relixiosa, e caracterizada por un estilo de escritura contrapuntística de gran pureza e severidade, destacan varias cantatas, fugas e suites, un libro de corais e un Canon en Re M (1680).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou petencente ao panhelenismo.
-
Relativo ou pertencente a Grecia e aos seus habitantes.
-
Catro festas nacionais dos gregos (os xogos olímpicos, píticos, ístmicos e nemeos).
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Movemento político grego que, despois da Guerra de Independencia (1829), pretendía estender o dominio territorial grego ás antigas colonias de Asia Menor e da rexión balcánica. Este propósito converteuse nunha realidade ao rematar a Primeira Guerra Mundial durante o goberno de E. Venizelos, pero a resposta de Turquía provocou a derrota grega en 1922. Ao ano seguinte o Tratado de Lausanne puxo fin aos anhelos panhelenistas.
-
-
Relativo ou pertencente ao panhelenismo.
-
Seguidor do panhelenismo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
ariedade alotrópica do helio en que os spins dos dous átomos son antiparalelos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cada un dos discos brillantes que, ás veces, se poden ver de lado a lado do Sol ou ben da Lúa. Prodúcense pola refracción da luz deses astros nos cristais de xeo que hai na alta atmosfera, e a súa posición depende da altura do astro sobre o horizonte.
-
PERSOEIRO
Arcebispo de Santiago (1142-1149). Arcediago e deán da catedral en tempos do arcebispo Xelmírez. Antes de 1120 foi enviado por Xelmírez, con outros clérigos composteláns, a estudar en Chartres, onde destacou nos estudos gramaticais e de retórica ata converterse nun dos mestres gramáticos do núcleo cultural conformado entre Chartres e París; chegou mesmo a instruír na retórica ao intelectual Xoán de Salisbury. En 1120 pasou a exercer a docencia en París, posiblemente na abadía de Sant Victor, desde onde puido coñecer unha parte dos intelectuais europeos deste tempo. Parece que en 1123 viaxou a Roma xunto con Pedro Fulcón para solicitar unha bula confirmatoria da autoridade de Xelmírez como legado pontificio e da perpetuidade de Santiago como sede metropolitana. Tras a morte de Xelmírez (1140) unha sentenza favorable do Papa Inocencio II confirmouno como arcebispo fronte a Berengario, bispo de Salamanca. Durante o seu bispado continuou a política do seu predecesor. Obtivo de Afonso VII numerosas...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Punto da órbita dun planeta, dun cometa ou dun asteroide máis próximo ao Sol. O perihelio dun astro estaría fixo no espazo se o astro estivese sometido, unicamente, á acción gravitatoria do Sol. A acción dos outros astros fai que o perihelio non sexa fixo.
-
PERSOEIRO
Emperador romano (193). Sucedeu a Cómodo e foi aclamado polos pretorianos. Intentou restaurar os principios de goberno de Marco Aurelio e financiar obras agrarias. Morreu asasinado e Setimio Severo marchou sobre Roma para vingar a súa morte.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xeógrafo alemán. Dedicouse á xeografía física e humana e das súas obras destacan Neue Probleme der vergleichenden Erdkunde (Novos problemas da xeografía comparada, 1870) e Physische Erdkunde (Xeografía física, 1879).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Naturalista alemán. Especializouse en embrioloxía e fisioloxía vexetal. Estudou e mediu as presións osmóticas das solucións acuosas, mediante unhas membranas semipermeables, as células de Pfeffer.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Actriz e produtora cinematográfica estadounidense. Interpretou o seu primeiro papel destacado en Grease 2 (1982) e, posteriormente, protagonizou filmes como Scarface (1983), Lady Hawk (1984), The Russia House (1990), Dangerous Minds (1995) e I Am Sam (2001). Con Dangerous Liasons (1988) e The Fabulous Baker Boys (1989) foi nominada aos Oscar.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de fungos, da orde dos himenoquetais, que teñen o sombreiro semicircular ou triangular, coa superfice irregular, de cor parda, moi pilosos e viven fixados lateralmente ao substrato. Son parasitos de piñeiros. En Galicia danse as especies P. pini, P. nigricans e P. pomaceus, que viven sobre árbores froiteiras.
-
PERSOEIRO
Nadador. Membro do equipo olímpico de EE UU desde o ano 2000, ao ano seguinte conseguiu a medalla de ouro nos Campionatos do Mundo de Fukuoka e bateu dúas marcas mundiais nos Campionatos do Mundo de Barcelona (2003). Nos Xogos Olímpicos de Atenas (2004) obtivo seis medallas de ouro e dúas de bronce.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Recipiente máis ancho pola base ca pola boca, que se usa para quitar viño dos toneis e servilo.
-
Cano por onde sae a auga dunha fonte.
-
-
PERSOEIRO
Escritor e profesor. Tradutor de Astérix, de Goscinny, e de clásicos como Madame Bovary (1994), de G. Flaubert, e Vermello e negro (1996), de Stendhal, publicou Servicio feudal e trobadorismo (1982), Am’eu e trobo e servh’, a mays poder: en torno ao vocabulario feudal trobadorismo galego-portugués (1986) e Fición poética e vocabulario feudal na lírica trobadoresca galego-portuguesa (1987) e, en colaboración, dos manuais O realismo (2003), O movemento romántico (2003) e Simbolismo e modernismo (2003).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Persoa que fabrica ou vende picheis.
-
Natural ou habitante de Santiago de Compostela.
-
-
PERSOEIRO
Actor cinematográfico. Coñecido como Michel Picoli, debutou en 1955 con French Cancan de Jean Renoir; pero foi a partir de Dillinger é morto (1968) cando destacou no cine europeo. Traballou con importantes directores como L. Buñuel (La voie lacteé, 1969), C. Sautet (Mado, 1976) ou J. L. Godard (Passion, 1982). En 1980 foi premiado en Cannes por Salto nel vuoto de M. Bellochino.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político alemán. En 1895 afiliouse ao Sozialdemokratische Partei Deutschlands (SPD) e colaborou na fundación do Kommunistische Partei Deutschlands (1918). Foi deputado no Reichtag (1928-1933), e ao triunfar os nazis exiliouse en París (1933) e Moscova (1939). Presidiu a República Democrática Alemá (1948-1960).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Instrumento que se emprega na medida da radiación solar directa, composto por un elemento fotosensible situado no fondo dun tubo ennegrecido ou ben envolto por unha serie de diafragmas, de xeito que pode unicamente recibir radiación solar directa.