"Imo" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 631.
-
PERSOEIRO
Erudito, filólogo e home de ciencia bizantino. Embaixador en Venecia (1296), foi monxe, ensinou ciencias profanas e transmitiu en Constantinopla a tradición científica do Imperio de Nicea. Traduciu ao grego obras de Ovidio, Boecio, Macrobio, Catón e santo Agostiño, entre outros. Catalogou as obras de Plutarco, fixo unha colección de epigramas gregos, Anthologia Planudea, e editou as fábulas de Esopo. Autor dunha Arithmetica secundum Indos, introduciu diferentes métodos de cálculo na ciencia bizantina.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Procedemento que consiste en escribir unha composición musical mediante a superposición de melodías pertencentes a diferentes modos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que presenta polimorfismo.
-
-
Calidade do que ten ou pode ter diferentes formas, sen cambiar a súa natureza.
-
Fenómeno polo que determinados colectivos de individuos dunha mesma especie, ou de órganos dun mesmo individuo, teñen grupos morfoloxicamente diferenciables. O dimorfismo sexual, en que macho e femia da mesma especie teñen aspecto diferente, é o caso máis común de polimorfismo, aínda que tamén pode haber grupos morfolóxicos non ligados ao sexo. A diferenciación funcional entre os organismos coloniais é un exemplo de polimorfismo, como tamén o son o polimorfismo estacional e o relacionado coas diversas fases evolutivas do período vital (metamorfismo) de certos organismos como os insectos. Nos vexetais son frecuentes os polimorfismos foliares e carpelares.
-
Propiedade dunha substancia que, sen cambiar a súa fórmula química, admite a existencia de dúas fases ou modificacións.
-
-
-
Que presenta diferentes formas.
-
Que presenta formas distintas, como as follas da saxitaria, as flores da margarida ou os froitos da caléndula.
-
Que presenta polimorfismo.
-
-
PERSOEIRO
Arquitecto italiano. Coñecido como Il Cronaca, realizou en Florencia o Salone dei Cinquecento (1495-1497) do Palazzo Vecchio, a igrexa de San Salvatore (1500?) e o Palazzo Guadagni (1506). Colaborou con G. de Sangallo na sancristía da igrexa do Santo Spirito (1498?) e con B. da Maiano no Palazzo Strozzi (1489-1507).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Impresor. Entre 1854 e 1858 tivo en arrendamento os obradoiros tipográficos de Francisco Arza, fillo de Pascual Arza, na Coruña, mentres Arza establecía outros en Santiago de Compostela, Pontevedra e Lugo. Editou Proyecto de ley para arreglo del notariado (1855), de Fermoso. Castor Míguez mercou este obradoiro en 1859.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Asociacións cooperativas que non distinguían entre armadores e mariñeiros, que arelaban a mellora das condicións de vida do colectivo pesqueiro mediante o establecemento de socorros e seguros, a extensión cultural entre os asociados e o acceso ao crédito. Impulsados no devalo da Primeira Guerra Mundial polo capitán de corveta Alfredo Saralegui, estaban inspirados nas vellas confrarías de pescadores do Antigo Réxime. O funcionamento interno era de carácter corporativo, amosando un talante conciliador entre os intereses de armadores e mariñeiros e unha práctica oposta aos sindicatos de clase no mundo do mar. O primeiro que funcionou no litoral español foi o de Cambados, constituído en Nadal de 1917. Logo, aproveitando a persecución dos sindicatos durante a Ditadura de Primo de Rivera (1923-1930), estendéronse por toda a beiramar galega conformando, en 1925, a Federación Gallega de Pósitos Marítimos á que pertenceron en torno a medio centenar de colectivos. Tras a Guerra Civil Española (1936-1939),...
-
-
Que precede ao matrimonio.
-
Relacións sexuais mantidas antes do matrimonio.
-
-
-
Cousa que se presta coa condición de que sexa devolta.
-
Préstamo ou concesión de bens que un señor ofrecía, durante a Idade Media, con carácter temporal ou vitalicio, a cambio de determinados servizos.
-
Pensión ou bens destinados ao sustento dun clérigo e separados das rendas dun beneficio.
-
-
PERSOEIRO
Político ucraíno. Membro do PCUS desde 1959, durante o goberno de L. I. Brežnev (1964-1982), encargouse das cuestións relacionadas co Oriente Próximo, e tras a disolución da URSS pasou a ser director do Servizo de Espionaxe Exterior da Federación Rusa. Foi ministro de Asuntos Exteriores (1996) e primeiro ministro (1998-1999).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo masculino que deriva do latín primus ‘o primeiro’, alcume da Idade Imperial que se lle daba ao primeiro dos fillos dun matrimonio (da serie secundus, tertius, etc).
-
-
-
curmán.
-
primo segundo
Fillo dun curmán ou curmá do pai ou da nai, respecto a unha persoa.
-
-
Aplícase ás diversas letras iguais empregadas nunha figura xeométrica ou nunha expresión alxébrica que son diferenciadas das outras cun acento á dereita, como é a’, que tamén se le “a primo”.
-
-
FAMILIAS
Familia de militares e políticos españois. José Primo de Rivera y Ortiz de Pinedo (Algeciras 1777-Sevilla 1853), foi ministro de Mariña, Comercio e Ultramar (1839) e de Facenda (1839), senador e capitán xeneral de Cádiz (1848-1849). O seu fillo Rafael Primo de Rivera y Sobremonte (Montevideo 1813-Cádiz 1902) foi gobernador militar de Huelva, comandante militar en Trinidad (Puerto Rico) e no castelo de La Cabaña (Cuba). Posteriormente ascendeu a capitán xeneral de Andalucía (1868-1869), València (1869) e Puerto Rico, así como conselleiro de estado (1870) e director xeral de Artillaría. O seu irmán Fernando Primo de Rivera y Sobremonte (Sevilla 1831-Madrid 1921), primeiro marqués de Estella, foi capitán xeneral de Castela a Nova (1880 e 1890-1893) e de Filipinas (1880-1883 e 1897-1898), capitán xeneral do exército, ministro da guerra (1907-1909 e 1917) e presidente do Consello de Guerra e Mariña (1920-1921). O seu sobriño Miguel...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar e político, segundo marqués de Estella. Ingresou no exército en 1884, tomou parte nas guerras de Cuba e Filipinas e foi capitán xeneral de Madrid e de Catalunya (1922). A Desfeita de Annual (1921) e a situación política xeral determinaron o predominio da corrente intervencionista no exército e, o 13 de setembro de 1923, rebelouse para “salvar o país dos profesionais da política”. O goberno dimitiu o día 14, e o Rei Afonso XIII chamouno a Madrid. Ao día seguinte nomeou un Directorio Militar, co que comezou a Ditadura de Primo de Rivera (1923-1930). Ademais de presidir o Consello de Ministros, exerceu como ministro de Estado (1927-1928) e de Exteriores (1928-1930). O 26 de xaneiro de 1930, para reafirmarse no poder, pediu aos capitáns xenerais que lle ratificasen a súa confianza. A consulta foi negativa e o 28 de xaneiro dimitiu. Días despois trasladouse a París.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político, fillo de Miguel Primo de Rivera y Orbaneja. Despois da caída do seu pai (1930) ingresou na Unión Monárquica. Antiliberal e antimarxista, abrazou un nacionalismo tradicionalista e totalitario. En 1933 foi elixido deputado e fundou a agrupación política Falange Española, que se fusionou coas JONS en 1934. Xefe único do partido, foi derrotado nas eleccións de febreiro de 1936. Detido ao mes seguinte durante o contexto de feitos violentos do momento, trasladárono á prisión de Alacant, desde onde apoiou o alzamento militar do 18 de xullo. Foi condenado a morte e fusilado.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Mártir. Foi martirizado en Roma xunto co seu irmán Feliciano. Segundo a lenda os leóns e os osos que mandaron para a súa tortura, deitáronse aos seus pés. Morreron degolados e deixaron os seus corpos abandonados aos cans e ás aves, que tampouco os picaron. A súa festividade celébrase o 9 de xuño.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Infección que ten lugar por primeira vez.
-
Infección primeira ou orixinal.
-
-
-
Habilidade e esmero con que se fai unha cousa.
-
Cousa feita con habilidade e esmero.
-
-
-
Que é a orixe ou fundamento de algo.
-
Que é moi importante, fundamental ou necesario
-