"Lor" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 863.
-
VER O DETALLE DO TERMO
flori-.
-
-
-
Ornamento en forma de flor que se emprega en arquitectura e pintura.
-
Adorno colocado na clave dunha bóveda ou en calquera cruce de nervios que ten forma de flor. Adoita ser de madeira.
-
Adorno en forma de folla, en xeral de apio ou pirixel, posto sobre o círculo dunha coroa.
-
-
Instrumento de ferro que leva flores, escudos, cruces, etc, gravados en relevo, e que se emprega para adornar os lombos e as cubertas dos libros.
-
Feito, mérito ou título que dá esplendor ou honra a alguén ou algo.
-
-
-
Aplícase á peza ou figura que ten as extremidades acabadas nunha flor de lis.
-
Aplícase á peza lonxitudinal que ten os perfís exteriores torcidos en forma de cabezas de flor e lis, de xeito que as cabezas dun perfil corresponden aos espacios baleiros do outro.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Flora dunha rexión moi pequena.
-
PERSOEIRO
Químico e físico. Estudiou na Ohio State University, onde se doutorou en 1934. Traballou nas empresas Standard Oil e Goodyear Rubber e foi profesor da Cornell University e da Stanford University. Foi un pioneiro na investigación sobre a constitución e as propiedades de substancias formadas por macromoléculas como o caucho, os plásticos, as fibras, as proteínas, etc; estudiou tamén os mecanismos de polimerización e a teoría das solucións. Entre as súas obras destaca Statistical Mechanics of Chain Molecules (1969). Recibiu o Premio Nobel de Química en 1974 polos seus avances no campo das macromoléculas.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Conxunto de tradicións musicais, artísticas, culturais, etc e dos costumes dun pobo, das lendas e dos ditos populares.
-
Estudio das tradicións, costumes, lendas e ditos populares. En 1846 W. J. Thoms, en substitución de Popular Anquities, propuxo o termo folklore, neoloxismo saxón -composto de folk ‘pobo’ e lore ‘saber’- que significa literalmente ‘saber do pobo’. Na concepción de Thoms, o folclore definía o saber popular e a ciencia que estudia ese saber, concretado no pobo baixo analfabeto, que se contrapuña á elite por posuír unha cultura de tradición oral e que se definía polos modais, costumes, supersticións, baladas e proverbios dese pobo. Malia que este termo é recente, o estudo dos costumes e tradicións populares remóntase xa aos tempos clásicos (Descrición de Grecia, de Pausanias). Co florecemento do clasicismo humanista comezou a desvelarse o interese pola vida cotiá dos pobos. Foi o romanticismo, sobre todo o alemán, con Wilhelm e Jacob Grimm, entre outros, o que deu o pulo decisivo ao estudo do folclore. Trala fase romántica veu un período máis positivista...
-
Conxunto de manifestacións musicais populares, vocais ou instrumentais. A materia de estudio principal é a música vogal e a instrumental que serve de acompañamento á vogal ou á danza. Tamén comprende as melodías recitadas, con acompañamento dun instrumento de percusión ou doutro tipo, e que representan un estadio intermedio entre a fala e o canto, e tamén todo tipo de pregóns acompañados de instrumentos rudimentarios. Normalmente se inclúe na etnomusicoloxía, denominada tamén musicoloxía comparativa. O seu coñecemento e revaloración tiveron moita influencia na produción de música culta durante o s XIX e a primeira metade do XX, como no romanticismo, que inspirou, en moitos países europeos, unha consolidación da personalidade nacional con figuras como Claude Debussy, Maurice Ravel, Manuel de Falla ou Béla Bartók.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao folclore.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Gusto polo folclore.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Persoa que estudia e investiga os xogos, a música e os costumes de carácter popular en xeral, ou dun grupo humano en particular.
-
CAPITAIS
Capital do pobo prerromano dos bibalos situada, segundo algúns autores, na conca do río Búbal.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Absorciómetro que mide fotoelectricamente a intensidade luminosa que transmite unha solución, xeralmente por comparación coa que transmite unha solución patrón ou o disolvente puro. Existen instrumentos dun só feixe luminoso, cos que se ten que facer dúas medicións sucesivas para poder efectuar a comparación, e de dous feixes, que efectúan simultaneamente as dúas medicións. Os fotocolorímetros son aptos para a análise cuantitativa das substancias que presentan bandas de absorción amplas na zona visible ou ultravioleta próxima, como complexos metálicos, anións coloreados ou algúns compostos orgánicos, e non son aptos para a análise cualitativa.
-
PERSOEIRO
Escritora. Foi bibliotecaria no Instituto Internacional de Madrid e residiu nos EE UU ao obter unha bolsa Fullbright de Literatura Española, impartindo clases en diferentes universidades. De regreso a España, deu clases de español para americanos no Instituto Internacional e en 1972 obtivo a bolsa da Fundación March de Literatura Infantil, feito que lle permitiu dedicarse de cheo á literatura. Organizou a primeira biblioteca Infantil Ambulante para pequenas vilas e centrouse na literatura infantil. Participou na fundación do grupo Versos con Faldas (1947) e na revista Arquero, e colaborou nas revistas Maravillas, Chicas, Postismos, Cerbatana, Rumbos, Poesía Española e El pájaro de paja. Da súa produción destacan La princesa que quería ser pobre (1942), Isla ignorada (1950), Canciones para niños (1952), Prometeo (1952), Aconsejo beber hilo (1954), Todo asusta (1958), Que estás en la tierra...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político. Presidente da Cámara de Comercio, Industria e Navegación de Vilagarcía, ingresou no Partido Demócrata Popular en 1984. Foi elixido deputado por Pontevedra no Congreso nas lexislaturas Constituínte (1977-1979) e I (1979-1982), pola UCD; e deputado do Parlamento galego na II lexislatura (1985-1989) por Coalición Popular.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
galorcho.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Calzado vello e moi gastado.
-
-
Relativo ou pertencente aos galorromanos ou á lingua galorrománica.
-
Conxunto lingüístico románico que comprende as linguas que se falaban na Galia romana: o galorrománico setentrional, ou lingua de öil, o meridional, ou lingua de oc, e o francoprovenzal.
-
-
-
Relativo ou pertencente aos habitantes da Galia romana ata a invasión dos francos.
-
Natural ou habitante da Galia romana.
-
Arte desenvolvida na Galia durante o dominio romano. A chegada dos romanos provocou a ruptura coa arte de raigame celta aínda que cunha matización forte da linguaxe clásica. A influencia helénica, fortemente arraigada na Provenza, provocou unha evolución paralela á arte romana de Italia e, ás veces, avanzou solucións que esta presentou máis tarde. As construcións relixiosas, nas que se mostra a barreira entre a relixión romana e os ritos autóctonos, son complexas e non teñen un modelo romano directo. Nos ss I e II d C acadou moita importancia o espallamento dunha cerámica denominada surgálica, fabricada nos obradoiros, que imitaba á sigillata aretina italiana. A extensión do poboamento rural explica a presencia dun gran número de mosaicos nas villae rusticae, ás veces con motivos decorativos autóctonos.
-
-
PERSOEIRO
Actriz de teatro, cine e televisión. Coñecida como Lola Gaos, iniciou a súa carreira teatral no campo afeccionado e despois da Guerra Civil fixo estudios de Arte Dramática no exilio, de onde volveu en 1943 para debutar pouco despois no teatro María Guerrero. A súa carreira sempre estivo marcada por papeis secundarios en espectáculos como La casa de Bernarda Alba ou De San Pascual a San Gil. Da súa extensa filmografía cómpre sinalar títulos como: Molokai (1959) de L. Lucía; Viridiana (1961) e Tristana (1969) de L. Buñuel; El Verdugo (1963) de L. G. Berlanga; Mi querida señorita (1972) de J. de Armiñán; e Furtivos (1975) de J. A. Bardem.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar e político. Oficial da Armada partidario do liberalismo, participou no levantamento de Porlier (1815) e no de Ferrol (1820). Exiliado ao final do Trienio Liberal, retornou en 1832 e residiu en Vigo. Participou nos pronunciamentos liberais e progresistas, en 1840 e en 1843, nos que presidiu as Xuntas de Pontevedra. Representou a esta provincia na lexislatura 1836-1837.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. Licenciado en Dereito, viviu na madrileña Residencia de Estudiantes, onde contactou coa elite literaria e intelectual dos anos vinte e pertenceu ao grupo de poetas vinculados á Xeración de 1927. No bienio de 1929-1930 visitou EE UU e Cuba e no período 1933-1934 estivo en Arxentina e Uruguay. Republicano e intelectual de esquerdas, foi asasinado en 1936, ao pouco de comezar a Guerra Civil española. Como poeta iniciou a súa traxectoria en 1921 con Libro de poemas, ao que seguiron Canciones (1927), Poemas del cante jondo e Primer romancero gitano (1928). Posteriores son Llanto por Ignacio Sánchez Mejías (1935) e Seis poemas galegos (1935). Con carácter póstumo apareceron Diván del Tamarit e Poeta en Nueva York, ambos os dous publicados en 1940. Máis serodia aínda foi a publicación dos Sonetos del amor oscuro. No terreo teatral é autor de dous dramas modernistas, El maleficio de la mariposa (1920)...
VER O DETALLE DO TERMO