fotocolorímetro

fotocolorímetro

(< foto- + colorímetro)

s m [METROL]

Absorciómetro que mide fotoelectricamente a intensidade luminosa que transmite unha solución, xeralmente por comparación coa que transmite unha solución patrón ou o disolvente puro. Existen instrumentos dun só feixe luminoso, cos que se ten que facer dúas medicións sucesivas para poder efectuar a comparación, e de dous feixes, que efectúan simultaneamente as dúas medicións. Os fotocolorímetros son aptos para a análise cuantitativa das substancias que presentan bandas de absorción amplas na zona visible ou ultravioleta próxima, como complexos metálicos, anións coloreados ou algúns compostos orgánicos, e non son aptos para a análise cualitativa.